Visión multidisciplinar e actual sobre o mundo do viño galego nun curso da USC

Viñedos de Adegas Terra de Asorei, nas Rías Baixas. / Mundiario
Viñedos de Adegas Terra de Asorei, nas Rías Baixas. / Mundiario
Entre os ponentes deste curso que dirixe Elisa Mª Rubí Cano estarán os colaboradores de MUNDIARIO Marcelino Fernández Mallo e María Cadaval, economistas.
Visión multidisciplinar e actual sobre o mundo do viño galego nun curso da USC

O Instituto de Análises Químicos e Biolóxicos da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizará nas Adegas Terra de Asorei un curso sobre o mundo dos viños galegos no X Foro do Albariño, baixo a dirección de Elisa Mª Rubí Cano. Entre os ponentes estarán os colaboradores de MUNDIARIO Marcelino Fernández Mallo e María Cadaval, economistas.

Trátase dunha visión multidisciplinar e actual sobre o mundo do viño galego e en particular dos Rias Baixas no Salnés. "A sostenibilidade no sector vitivinícola é unha obriga ética, que temos cos nosos ecosistemas, para minimizar os impactos do cambio climático e é unha responsabilidade social", salientan os organizadores.

"As adegas –engaden– deben responder a esta nova sensibilidade e realidade que fomenta a innovación, mellora a reputación ante os consumidores e optimiza os procesos produtivos e comerciais."

O 29 de xuño, na xornada de tarde, nas Adegas Terra de Asorei terá lugar a inauguración do curso. Estarán a presidenta da Mancomunidade do Salnés e alcaldesa de Meis e o alcalde de Cambados. Falarán Juan Carlos Sancha, vicepresidente de Bodegas familiares de La Rioja; Ana Belén Jiménez Sánchez, representante de adegas familiares rioxanas, e José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de la Vega. Na sesión de cata de albariños estará como sumiller Esther Daporta.

O 30 de xuño, na xornada de maña, tamén nas Adegas Terra de Asorei, intervirán Hernando Martínez, profesor, escritor, promotor da D.O. Rias Baixas, fundador e expresidente da Cooperativa Vitivinícola Martin Codax, e Xoan Taboada, de Meteogalicia. Presentarase tamén o proxecto Algaterra: Novos insumos agrícolas para a mellora de cultivos en ecolóxico elaborados con algas mariñas de Galicia, con Mª Carmen Martínez, investigadora científica do  CSIC, na Misión Biolóxica de Galicia e Manuela Buján, responsable de responsable de I+D Portomuiños. Na xornada de tarde, no Centro Comarcal ExpoSalnés estarán Carmen Martínez, pola Misión Biolóxica de Pontevedra e Xavier Castro, escritor e catedrático de Historia Contemporánea na USC. Haberá cata comentada sobre o espadeiro con Xan Cannas, director do Instituto Galego do Viño.

O 1 de xullo, na xornada de mañá, nas Adegas Terra de Asorei estarán Ramón Huidobro, secretario xeral do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas; Marcelino Fernández Mallo, economista e colaborador de MUNDIARIOXavier Vence, catedrático de Economía Aplicada da USC. Na xornada de tarde, tamén nas Adegas Terra de Asorei, falarán Lluis Tolosa Planet, sociólogo e escritor especializado en enoturismo e divulgación da cultura do viño; Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade e María Cadaval Sampedro, profesora do Departamento de Economía Aplicada da USC e colaboradora de MUNDIARIO. Na sesión de clausura haberá unha actuación musical coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e unha degustación de viños da D.O. Rías Baixas do Val do Salnés. @mundiario

Comentarios