O libro Crónica dun peregrino singular preséntase este lunes 23 en Compostela

Valentín García. / Mundiario
Valentín García. / Mundiario

Intervirán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; José Luís Gómez, editor de MUNDIARIO; Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea e coordinador do libro, e Marcelino Agís e Ulises Bértolo, tamén coordinadores da obra.

O libro Crónica dun peregrino singular preséntase este lunes 23 en Compostela

Este luns 23 de maio, ás 19 horas, preséntase en Compostela o libro Crónica dun peregrino singular no Pazo de San Roque. Participarán na presentación Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; José Luís Gómez, editor de MUNDIARIO; Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea e coordinador do libro, e Marcelino Agís e Ulises Bértolo, tamén coordinadores da obra. Haberá exemplares impresos á venda.

Crónica dun peregrino singular é o primeiro libro que publica en galego a editorial Mundiediciones. A obra está á venda en Amazon. O seu coordinador foi Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea, entidade de compartiu este importante proxecto con Mundiediciones, a editorial de MUNDIARIO. Este libro é un intento de pensar o Camiño de Santiago desde unha perspectiva interdisciplinar e actual, "sempre rigorosa, escrito con vocación de chegar ao gran público", segundo a directora de Mundiediciones, Judith Muñoz.

Marcelino Agís, Jesús de Juana, José Manuel García Iglesias, José Eduardo López Pereira, María Josefa Sanz, Gregoria Cavero, Agustín Dosil Maceira, Xosé Fernández Lago, María Teresa Carballeira, Marcelino Oreja Aguirre –foi ministro de Exteriores durante os gobernos de Adolfo Suárez–, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, Eriko Terâo, Justino Rodríguez, Ulises Bértolo Xesús Palmou son os seus autores. Todos eles son académicos da Academia Xacobea e profesores de Universidade ou doutores. Moitos tamén son columnistas do xornal MUNDIARIO, en cuxo seo naceu Mundiediciones.

Segundo o xornalista e editor José Luis Gómez, o libro Crónica dun peregrino singular está aderezado por uns interludios ficcionais que corren a cargo do académico e escritor Ulises Bértolo, nos que un peregrino vai facendo o Camiño Francés. "Estamos, pois, ante un peregrino anónimo que podemos ver evocado na portada deste libro, cuxo deseño correu a cargo de Antonio Sangiao e no que o debuxo do peregrino é obra do artista FrAn LaREo", destaca o editor de Mundiediciones.

Felipe VI con el libro Crónica de un peregrino singular, junto a las autoridades asistentes a la inauguración del Congreso Jacobeo. / Mundiario
Felipe VI co libro Crónica de un peregrino singular –en castelán–, xunto as autoridades presentes na inauguración do Congreso Xacobeo. / Mundiario

"¡Ah!, pero si tamén escribe Marcelino Oreja...", dixo Felipe VI 

O primeiro exemplar de Crónica dun peregrino singular, na súa versión inicial en castelán, foi para o Rei de España, Felipe VI, que presidiu o I Congreso Mundial Xacobeo.

"¡Ah!, pero si tamén escribe Marcelino Oreja...", dixo Felipe VI en Santiago de Compostela ao ter nas súas mans o libro Crónica dun peregrino singular, segundo relatou en Logroño o xornalista e editor de MUNDIARIO José Luis Gómez durante a presentación desta obra de Mundiediciones nas I Xornadas sobre Literatura Peregrina celebradas do 26 ao 28 de xullo de 2021, organizadas polo Instituto de Estudios Riojanos e coordinadas polo profesor e escritor David Felipe Arranz. @mundiario

O libro Crónica dun peregrino singular preséntase este lunes 23 en Compostela
Comentarios