A Academia Xacobea e a Xunta presentan o programa das XVII Xornadas Mar por Medio de Ribadeo

O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. / Mundiario
O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. / Mundiario
Valentín García salienta o labor da Academia Xacobea, “que desde un primeiro momento toma a dirección da organización destas xornadas”.
A Academia Xacobea e a Xunta presentan o programa das XVII Xornadas Mar por Medio de Ribadeo

O secretario xeral de Política Lingüítica, Valentín García, e o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, presentaron hoxe a programación das XVII Xornadas Mar por Medio, que se desenvolverán en Ribadeo entre o 16 e o 18 de setembro. Trátase dunhas xornadas que durante moitos anos valeron para a proxección, análise, debate e estudo do que é a Galicia contemporánea; fundadas polo que foi director do Centro de Estudos Galegos na Universidade de Oxford, John Rutherford, e que vinculou a este concello singular da mariña lucense aos máis altos especialistas na visión e no estudo pormenorizado de moitísimas temáticas diferentes.

O secretario xeral destacou que “tras un parón bastante máis grande do desexable, desde a Xunta de Galicia decidimos apoiar a reedición desta cita que durante o verán vai ser a que analice o feito xacobeo, os camiños de Santiago, e para iso puxémonos en contacto e colaboración coa Academia Xacobea”. Así salientou o labor da Academia “quen desde un primeiro momento toma a dirección destas xornadas, e coa colaboración de operadores locais de Ribadeo e a Universidade de Santiago, e a adhesión da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo fai posible que esteamos presentando unhas xornadas que cremos van ter unha gran aceptación, que contemplan moitos puntos de vista do Xacobeo”.

García afirmou que ademais desta temática que ten que ver cos camiños, cos peregrinos, haberá momentos para o lecer como é a actividade musical e tamén para facer unha referencia a unha poetisa ribadense da que este ano celebramos o seu centenario Luz Pozo Garza, a importancia da súa figura e da súa persoa estará presenta tamén nestas xornadas

Pola súa banda, Xesús Palmou amosouse “honrado de que a Academia que preside lidere a organización” destas Xornadas Mar por Medio, dacordo coa Xunta de Galicia, e a Universidade, coa colaboración ademais da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo, “posto que entra dentro dos obxectivos e fins fundacionais da nosa Academia que son a investigación, estudo, promoción e divulgación do Camiño de Santiago”.

Unha xornadas, engadiu, “nas que se analizan diversos aspectos do Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo en xeral”, coa participación de catedráticos de diferentes universidades, Académicos entre os que se atopa o Deán da Catedral de Santiago, José Fernández Lago, e persoas expertas en cada un dos temas que se van tratar, como poder ser a xornalista Esther Eiros no eido da comunicación. Ademais dentro das diversas actuacións musicais cabe destacar a intervención de María do Ceo.

Viñeta de FrAn LaREo en la que el Peregrino de MUNDIARIO tiene en su mano el libro Crónica de un peregrino singular, de Mundiediciones. / Mundiario
Viñeta de FrAn LaREo na que o Peregrino de MUNDIARIO ten na man o libro Crónica dun peregrino singular, de Mundiediciones. / Mundiario

O programa das xornadas, que terán lugar entre o 16 e o 18 de setembro en Ribadeo, está xa completamento pechado e, a día de hoxe, 10 días despois da apertura de incricións, hai xa 40 persoas apuntadas e poden seguir facéndoo a través da web da Academia Xacobea.

Pola súa banda, o ribadense Manuel Balín, membro do comité científico das xornadas Mar por Medio, agradeceu á Academia Xacobea e á Xunta de Galicia que tivesen “a delicadeza de recuperar unhas xornadas que realmente formaban do buque insignia da programación cultural que tiña o concello daquela e que se deixou de organizar coa conseguinte perda para a programación cultural ribadense”. Calificou ademais de “excepcional” o programa confeccionado para a recuperación das xornadas que volven ao grande. @mundiario

Comentarios