Xesús Palmou: "Crónica dun peregrino singular, xa en galego, é un libro imprescindible para os amantes do Camiño"

Xesús Palmou. / Mundiario
Xesús Palmou. / Mundiario

"O lector vaise a atopar aquilo que os peregrinos atoparon no Camiño ao longo da historia, e ademais un resumo da esencia da peregrinación cara a Santiago", di o presidente da Academia Xacobea.

Xesús Palmou: "Crónica dun peregrino singular, xa en galego, é un libro imprescindible para os amantes do Camiño"

O libro Crónica dun peregrino singular, agora en galego, é unha obra pensada para o gran público na que prima o carácter divulgativo con multitude de datos curiosos sobre o Camiño de Santiago. Xa á venda en Amazon, en versións dixital e impresa en dúas linguas, trátase dun libro de Mundiediciones, editado en colaboración coa Academia Xacobea no marco do Xacobeo 21/22. Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea, é un dos autores desta obra, ademais do coordinador da mesma xunto aos académicos Marcelino Agís e Ulises Bértolo.

O diario El Correo Gallego analizara en primicia o libro Crónica de un peregrino singular en castelán e daquela o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, entrevistado pola xornalista María Almodóvar. dixera que "este libro é imprescindible para todos os amantes do Camiño de Santiago".

A través dos distintos capítulos da obra ponse de manifesto que o Camiño de Santiago, xunto coa cultura grecoromana, o dereito romano e o cristianismo, constitúen o crisol da cultura que hoxe impulsa a consolidación política, económica e social da Unión Europea. "Non se trata dun libro só para expertos, trátase realmente dun libro completo e imprescindible para todos os amantes do Camiño", sostén Xesús Palmou.

Felipe VI posa con el libro Crónica de un peregrino singular, junto a Xesús Palmou y Alberto Núñez Feijóo. / Mundiario

Felipe VI, co libro Crónica de un peregrino singular (en castelán), xunto a Xesús Palmou e Alberto Núñez Feijóo. / Mundiario

– Que se vai a atopar o lector neste libro de Mundiediciones?

– Vaise a atopar aquilo que os peregrinos atoparon no Camiño ao longo da historia, e ademais un resumo da esencia da peregrinación cara a Santiago. Agora, ademáis, o lector pode disfrutar desta obra en castelán e galego, algo para o que foi fundamental a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

– Esta obra da Academia Xacobea ten un carácter máis divulgador que científico, para quen está especialmente recomendada?

– É unha obra escrita e estructurada pensando especialmente no gran público e amantes do Camiño de Santiago, pero tamén con interese para estudiosos da materia.

– Cales son os valores do Camiño de Santiago que desde a Academia queren difundir con este libro?

– Todos aqueles valores e principios que se forxan no camiñar a Santiago: a solidariedade, a fraternidade, o espírito de comunidade, e tantos outros hoxe presentes na cultura occidental e na alma da unidade de Europa.

– Queda de manifesto en Crónica dun peregrino singular que o Camiño é moito máis que un traxecto lúdico. Sen desvelar máis do necesario... que é o Camiño de Santiago?

– O Camiño de Santiago é hoxe, como foi ao longo da historia, un lugar de encontro de persoas e ideais, cun marcado carácter espiritual en sentido amplo, forxador de conciencia e valores froito da reflexión e o encontro.

– É seguro facer o Camiño nestes tempos de covid-19?

– Actualmente, a ruta é segura, ao cumprirse toda a normativa anticovid.

– A Academia Xacobea difunde os valores do Camiño de Santiago e reivindica a súa importancia en ámbitos tales como a arte e a literatura. Ata que punto as súas actividades poden considerarse laicas?

– A Academia Xacobea é unha institución orgánicamente independente das administracións civil e relixiosa. Difundimos o Camiño de Santiago, o fenómeno Xacobeo e os seus principios e valores desde a óptica dunha institución de estudo e investigación, como o son todas as academias, cada unha no seu ámbito.

– Cando culminen os seus obxectivos, cantas universidades aportarán académicos de número, honorarios ou correspondentes á Academia Xacobea?

– Actualmente temos académicos das tres universidades galegas, Asturias, Castilla e León, País Vasco, Navarra, Cataluña, Andalucía, Portugal, Francia, Italia e Alemania. Próximamente incorporaremos novos académicos de número para completar este plantel.

– Máis aló de Europa, que expectativas ten a Academia Xacobea en América Latina e en EE UU?

– Na medida en que Santiago, o Camiño e a peregrinación, están presentes en América Latina e en EE UU, a Academia Xacobea contará coas súas achegas, ademais de facer promoción das nosas actividades neses países. Como exemplo, temos este libro recentemente publicado, ao que damos ampla difusión en América. Ponentes americanos tamén estiveron no Congreso Mundial Xacobeo, crisol dun importante aluvión de temas relacionados co Camiño, chegados e analizados desde os catro continentes, e con perspectiva intercultural e multidisciplinar.

– EE UU xa aporta á Catedral de Santiago o maior número de visitantes, tras España. Con todo, os seus cidadáns fan o Camiño en menor medida. A que se debe?

– Os estadounidenses están máis presentes en Santiago como turistas que como peregrinos. A razón: o interese dos cidadáns dese país en coñecer a Europa na que, en boa medida, forxouse a súa cultura e a súa nación; coñecemento ao que acceden máis a través do turismo tradicional que da peregrinación polo Camiño. @mundiario

Viñeta de FrAn LaREo en la que el Peregrino de MUNDIARIO ya tiene en su mano el libro Crónica de un peregrino singular. / Mundiario
Viñeta de FrAn LaREo na que o Peregrino de MUNDIARIO ten na súa man o libro Crónica de un peregrino singular. / Mundiario

O libro Crónica dun peregrino singular deuse a coñecer no I Congreso Mundial Xacobeo

O libro Crónica de un peregrino singular en castelán deuse a coñecer no I Congreso Mundial Xacobeo da Academia Xacobea, en Santiago de Compostela, presidido por S.M. o Rei Felipe VI, que recibiu o primeiro exemplar.
Crónica dun peregrino singular, agora tamén en galego, está aderezado por uns interludios ficcionais que corren a cargo do académico e escritor Ulises Bértolo nos que un peregrino vai facendo o Camiño Francés. Un peregrino anónimo que podemos ver evocado na portada deste libro, cuxo deseño correu a cargo de Antonio Sangiao e no que o debuxo do peregrino é obra do artista galego FrAn LaREo, colaborador de MUNDIARIO. @mundiario

 

Xesús Palmou: "Crónica dun peregrino singular, xa en galego, é un libro imprescindible para os amantes do Camiño"
Comentarios