A Academia Xacobea presenta a edición en galego do libro Crónica dun peregrino singular

Marcelino Agís, Xesús Palmou, Valentín García, Ulises Bértolo e José Luis Gómez. / Mundiario
Marcelino Agís, Xesús Palmou, Valentín García, Ulises Bértolo e José Luis Gómez. / Mundiario
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, loou o labor que desenvolve a Academia “para promocionar a lingua e a cultura galegas polo mundo enteiro”, neste caso xunto a Mundiediciones.
A Academia Xacobea presenta a edición en galego do libro Crónica dun peregrino singular

A Academia Xacobea deu hoxe un novo paso adiante no seu obxectivo de promocionar e difundir o pensamento en torno ao fenómeno das peregrinacións e o Camiño de Santiago. Tras a boa acollida da edición en castelán do libro Crónica dun peregrino singular, cuxo primeiro exemplar foi entregado hai un ano ao Rei Felipe VI durante a sesión inaugural do primeiro Congreso Mundial Xacobeo, esta tarde procedeuse á posta de longo da edición en galego deste volume colectivo coordinado por Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea; Marcelino Agís, vicepresidente da institución, e Ulises Bértolo, secretario, e publicado por Mundiediciones, editorial de MUNDIARIO que lidera o xornalista José Luis Gómez. Todos eles estiveron xunto o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presentación celebrada hoxe no compostelán Pazo de San Roque.

Na súa intervención, Valentín García destacou o “gran traballo que a Academia Xacobea está realizando na promoción da lingua e a cultura galegas polo mundo enteiro, posibilitando que autores de renome galegos e outros que non o son, teñan acceso a textos en galego, castelán e outras linguas colocándoas todas nun mesmo nivel de igualdade, propio das sociedades plurilingües e culturalmente avanzadas”.

Sobre o contido de  Crónica dun peregrino singular, o secretario xeral de Política Lingüística sinalou que “é un libro que incorpora moi distintas ópticas sobre o que supón o feito Xacobeo e a peregrinaxe dende o punto de vista de especialistas que achegan e enriquecen a xa inmensa riqueza cultural que supón peregrinar a Compostela. A lingua galega é neste caso o fío condutor e nexo de comunicación de moi distintas persoas que reflexionan e achegan ideas sobre un dos fenómenos máis marabillosos da Galicia de todos os tempos”.

O editor José Luis Gómez salientou o carácter coral do libro e o feito de estar pensado para o gran público. “Nel prima o carácter divulgativo con multitude de datos curiosos sobre o mítico Camiño de Santiago", sintetizou o representante de Mundiediciones tras sinalar que os "principais méritos” da obra corresponden aos membros da Academia Xacobea: "Eles son os verdadeiros artífices dunha obra cuxo primeiro exemplar rematou en mans do Rei de España, Felipe VI, no marco do Congreso Mundial Xacobeo".

Crónica dun peregrino singular nos medios. / Mundiario
Crónica dun peregrino singular nos medios. / Mundiario

O carácter plural do libro e o seu contido “amplo, prolixo e variado, que o fan especialmente interesante”, foi tamén un dos aspectos destacados na súa intervención por Xesús Palmou. O presidente da Academia Xacobea explicou que  Crónica dun peregrino singular é froito do traballo de 13 académicos que analizan o Camiño noutros tantos apartados, “o mesmo número de etapas que recolle o Códice Calixtino, primeira guía do Camiño”.

Ademais, sinalou que a súa publicación agora en galego responde ao obxectivo da Academia Xacobea de promocionar esta lingua “por sentimento e convencemento, pero tamén en cumprimento do disposto pola Carta Europea das Linguas Rexionais do Consello de Europa”. E agradeceu a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística para facelo posible. “Gracias, Valentín, pola túa sempre proximidade e apoio nesta tarefa”.

Presentación del libro Crónica dun peregrino singular. / M. C.
Presentación do libro Crónica dun peregrino singular. / M. C.

Os coordinadores da obra Xesús Palmou, Marcelino Agís e Ulises Bértolo, e o editor José Luis Gómez salientaron o carácter divulgativo deste libro

“Esta obra é o diálogo que o Camiño suscita, os recordos que rexorden cando uno mira atrás, os temores que aparecen cando uno mira cara a adiante. O que foi e o que é, todo aquilo que experimenta e aprende o peregrino mentres camiña a través da lectura. Eu fun o encargado de crear ao peregrino anónimo, que emprende o Camiño en Francia e vai descubrindo en cada etapa os traballos dos académicos que participan na obra. Con este libro pretendemos achegar aos lectores as ferramentas para que descubran aspectos imprescindibles do Camiño sen renunciar ao entretemento”, apuntou pola súa banda Ulises Bértolo, mentres que Marcelino Agís, catedrático de Filosofía da USC e coordinador científico da obra, realizou unha breve síntese do perfil dos académicos que participan no libro e da orientación do contido dos seus traballos. Agís destacou a súa novidosa orientación no marco das investigacións sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo, en xeral. @mundiario

Comentarios