Eleccións en xullo

Pedro Sánchez, presidente del Gobierno de España en funciones, y Alberto Núñez Feijóo, líder del PP. / RR SS
Pedro Sánchez, presidente de España, e Alberto Núñez Feijóo, líder do PP. / RR SS.
A decisión non está mal tomada, pero só si que o que se pretende non é ganar, senón salvar ao PSOE e o liderado do propio Sánchez.

O adianto das eleccións non é unha xogada maquiavélica como se quere vender, senón de desesperación, máis  na busca de tentar controlar os daños que de tentar dar a volta ao resultado.

O presidente Sánchez está agora atado políticamente a un partido en descomposición, que só lle pode traer máis problemas de seguir uns meses máis lexislando. 

A idea de que Yolanda Díaz podería revertir a situación quedou desmontada este domingo, pois todos os partidos que a apoiaron acabaron fora do poder baixando sustancialmente os seus resultados. Sen contar cos resultados de Podemos, quen con unha campaña hiperagresiva e con propostas non moi razonadas terminou por cavar a súa propia tumba.

Tenta ao separarse que non lles de tempo a conformar unha forza a súa esquerda que se fará as presas, pero que dará tamen unha imaxe semellante aos dos que pelexeban por subir aos avións de evacuación de Kabul fai dous anos, pero esta vez sen estar claro cal vai ser a prioridade no abordaxe da nave.

Desta forma conta que, como mal menor, boa parte  electorado de esquerda acabe apoiando ao PSOE como mal menor, tentando salvar os máis dos seus e configurar un grupo parlamentario de resistencia para tempos mellores. Que dá por perdidas as eleccións o amosa que nen sequera queira aproveitar o seu mandato europeo para tentar a recuperación. Sabe que os seus socios llo ian por difícil e boicotar con todo tipo de xestos unha hipotética deriva cara a moderación, pois ao saberse perdidos moi probabelmente acenteuaran e non diminuisen o seu radicalismo.

A data das eleccións tamen parece moi maquiavélica ao pensar que as clases máis favorecidas han estar de ponte ou de operación saida, máis non conta con que estas son precisamente as que máis se poden xogar coa continuación deste Governo e que poden ser precisamente o seu eleitorado potencial e no que gastou máis esforzos, como poden ser os xóvenes, os que se atopen de viaxe ou cando menos desmovilizados ao non atoparse nos seus centros de estudo ou lugar de traballo.

Tampouco me vale no maquiavelismo a idea de asustar ao eleitorado de esquerda cos pactos PP-Vox, dado que estarán recen constituidos, en periodo de gracia ainda, e sen tempo material  de tomar medidas impopulares.

A decisión non está mal tomada, pero só si que o que se pretende non é ganar, senón salvar ao PSOE e o liderado do propio Sánchez. @mundiario

Comentarios