A quen estorba Gonzalo Caballero?

Gonzalo Caballero con Pedro Sánchez. / Twitter GC
Gonzalo Caballero con Pedro Sánchez. / Twitter GC
Estorba ós poderes fácticos que prefiren un PSdeG máis “receptivo” ante os seus plantexamentos para, chegado o caso, convertir un eventual cambio político nun no que todo siga atado.
A quen estorba Gonzalo Caballero?

Aínda que na sociedade do espectáculo todo se infantilice, a política non é un xogo de nenos. Dela dependen decisións importantes que afectan a intereses económicos moi poderosos dispostos a interferir e mediatizar para que o que lles convén triunfe, dun modo ou doutro, e á inversa, para que o que non lles convén non teña marxe de maniobra. Non fai falta dicir que eses intereses non teñen por qué coincidir cos da maioría social, pero sí cos dunha minoría moi poderosa, e con capacidade de influencia por distintas vías, fundamentalmente mediáticas. Ven isto ó fío dos ataques sistemáticos que está recibindo Gonzalo Caballero nos últimos tiempos en certos medios galegos, máis intensos aínda que os recibidos durante os 4 anos nos que foi secretario xeral dunha forza política, o PSdeG, que é a chave principal dun eventual cambio político en Galicia, porque calquer analista serio sabe que o nacionalismo desmoviliza á maioría social progresista non nacionalista que hai en Galicia. 

A pregunta pertinente é: a quen estorba Gonzalo Caballero? E a resposta evidente é que estorba ós poderes fácticos que prefiren un PSdeG máis “receptivo” ante os seus plantexamentos para, chegado o caso, convertir un eventual cambio político nun de tipo lampedusiano, para que todo siga atado e ben atado.

Aparte deses poderes fácticos, unha persoa como Gonzalo Caballero que non aspira a xubilarse na política porque non o necesita –a diferencia de tantos outros– non debería estorbar a ninguén considerando que o seu único “delito” é o de manterse firme nas súas ideas, entre elas a de non contemporizar coa dereita.

Non estamos ante o caso de alguén que cometese erros graves ou incurrise en problemas éticos que xustifiquen ataques como os que está recibindo

Non estamos ante o caso de alguén que cometese erros graves ou incurrise en problemas éticos que xustifiquen ataques como os que está recibindo, entre outras cousas porque a diferencia de gran parte da “clase” política española, que entra profesionalmente nesa actividade na súa xuventude, Gonzalo so leva nela 4 anos. 

Determinados medios deberan entender que o PSdeG é un partido democrático no que gañar unhas primarias da a lexitimidade para marcar o rumbo, e o novo secretario xeral tena desde logo e hai que desexarlle moitos acertos nesa tarefa, que serán os de toda a militancia, pero hai mecanismos de contrapeso que permiten manter a democracia interna que impón o artigo 6 da Constitución española. Entre eses mecanismos, o comité nacional do PSdeG é o órgano encargado de representar o pluralismo e propiciar o debate dentro do partido.

Presentar no Congreso do PSdeG unha lista alternativa para a conformación do comité nacional galego forma parte da normalidade democrática

Presentar no Congreso do partido unha lista alternativa para a conformación dese órgano forma parte da normalidade democrática, e está obviamente contemplado nos estatutos e regulamentos do PSdeG. E se non hai un acordo para formar o comité nacional, a democracia lógrase votando. Non pode considerarse que facer uso de mecanismos democráticos perfectamente regulados sexa algo negativo, porque eses mecanismos están ahí para garantir a democracia, que ou se logra por vía de acordo ou por vía de votación.

Hai que lembrar que a democracia interna dos partidos políticos non so é un dereito, senón tamén un principio constitucional que forma parte da raíz e da estructura mesma do noso estado. Parece que hai moito conservadurismo galego que non quere entendelo, e por iso redobla ataques a Gonzalo Caballero, que sempre lles estorbou.

O certo é que en ausencia de democracia interna os partidos convírtense en sindicatos de poderosos que son fácilmente cooptados polos intereses citados máis arriba. Ese retroceso únicamente convén a uns poucos, non a maioría da sociedade e moito menos á democracia mesma. Todos estes serios problemas de fondo enmascáranse cada día con relatos de bos e malos perdedores e gañadores: puro marketing político á medida dos intereses que quererían facer do PSdeG unha organización dócil e “receptiva” da que non formen parte Gonzalo Caballero e tantos outros que levan as ideas e valores socialistas no ADN. @mundiario

Comentarios