O Goberno de Rajoy é a proba definitiva de que os marcianos existen e habitan entre nós

El presidente Mariano Rajoy.
O presidente Mariano Rajoy.
Velaí a fondura da actual crise institucional, que abrangue tamén ao propio Xefe de Estado. Quén sempre ollou cara outro lado diante da praxe cotián deste bipartidismo dinástico.
O Goberno de Rajoy é a proba definitiva de que os marcianos existen e habitan entre nós

Os últimos inquéritos reflicten o estado de ánimo electoral que tamén se  percebe na rúa. Nunca na historia demoscópica coñecida existiu un Goberno do Estado que xerara máis desconfianza cara o seu Presidente e máis rexeitamento cara a xestión de todos e cada un dos seus Departamentos. O que non é chocante, non só polo absoluto fracaso gubernamental na xeración de emprego e crecemento e polo seu grave incumprimento do seu contrato electoral, senón pola actitude asocial, anticidadá e mesmo “freaky” de [email protected] como Gallardón, Wert, Ana Mato, Margallo, Montoro ou Fernández Díez. Este Gabinete é a proba definitiva de que os marcianos existen e habitan entre nós.

Rechamante tamen é o destrago das expectativas electorais do PSOE, moi comprensíbel se atendemos ao xiro a prol das politicas de recurte social e económico de ZP en maio do 2010 e ao pacto de Rajoy e Rubalcaba en setembro do 2011 para unha reforma constitucional “express”, case clandestina, que priorizou en diante o pagamento dos xuros e amortizacions da débeda sobre calquera outro gasto publico. Tamén sobre o sanitario,social ou educativo.

PP e PSOE procederon hai mais de trinta anos á ocupación e partidización de Institucións como o CXPX, o Tribunal Constitucional ou o Tribunal de Contas, ao tempo que tentaban converter a democracia española nunha alternancia bipartidista afastada dos parámetros de transparencia, participación e renovación que esixe o propio sistema democrático.

Velaí a fondura da actual crise institucional, que abrangue tamén ao propio Xefe de Estado. Quén sempre ollou cara outro lado diante da praxe cotián deste bipartidismo dinástico. Porque só dende eses valores de participación e transparencia, xunto cos de inclusión e cohesión  tamén esquecidos, é posíbel rexenerar a convivencia democrática dende dentro e evitar a sua traumática liquidación.

A ARRINCADEIRA

É de xustiza

A Irmandade Xurídica Galega, integrada por centos de avogados, maxistrados,xuices, fiscais e funcionarios,  celebrou a sua Asemblea anual. Dixo no acto o profesor Gómez Segade: “Tanta xente comprometida co galego ten que se notar xa na galeguización da xustiza”.

Usar a nosa lingua na Xustiza non pode xerar nin atrasos, nin ningunha caste de prexuizo,mesmo indirecto, para o cliente ou para o profesional.

O Goberno de Rajoy é a proba definitiva de que os marcianos existen e habitan entre nós
Comentarios