Un novo 'Prestige': os incendios van unidos a intereses e desgoberno

Eucaliptos en Galicia.
Eucaliptos en Galicia.

Asistimos  a unha catástrofe anunciada  pero de magnitudes descoñecidas até agora:  incendios á beira das aldeas, vilas e ciudades que provocaron perdas de vidas humanas, feridos, queima de vivendas  e outras propiedades, con miles de hectáreas arrasadas.

Un novo 'Prestige': os incendios van unidos a intereses e desgoberno

Un novo Prestige esta vez en terra recorre Galicia, pero claro non está provocado agora a partir dun punto concreto nin o responsabel é un barco  monocasco extranxeiro  nin tampouco parece estar detrás un armador sen escrúpulos con fortes intereses. Agora o Prestige está provocado  en múltiples puntos colocados presumiblemente por diversos incendiarios nun medio propicio que facilita, propaga e magnifica o incendio con intencións e máis intereses ainda non desvelados, pero, economicamente adiviñables. 

Asistimos  a unha catástrofe anunciada  pero de magnitudes descoñecidas até agora:  incendios á beira das aldeas, vilas e ciudades que provocaron perdas de vidas humanas, feridos, queima de vivendas  e outras propiedades , con miles de hectáreas arrasadas tanto de arborado como de monte baixo, incendios que alcanzaron zonas de gran riqueza ecolóxica (da Rede Natura, Parques Naturais, Lugares de Interés Comunitario… ) ademais de ocasionar grave contaminación e  perdas de flora e fauna, en fin, un gran desastre ecolóxico.  No mellor dos casos o territorio necesitará decenas de anos en recuperarse só en parte, e nalgúns soutos, con castiñeiros centenarios queimados nos Ancares non se volverán ver.

Dende o Goberno non se fixo  caso aos múltiples  avisos   que anunciaban a posibilidade dun suceso como o que tratamos. Ignorar o que pasou este vrao en Portugal  no Pedrogao  e non sacar as leccións adecuadas é unha irresponsabilidade como tamén o é despreciar a nosa propia realidade e experiencia  nos últimos 60 anos , onde sempre estivemos a cabeza do Estado por ter  o maior número de incendios  e a maior superficie arrasada. A Administración entendía  que todo era “normal”, que se podía “convivir con eles”.

Galicia si ben  é certo que é unha potencia forestal ao producir mais da metade de toda a madeira que se tala no Estado, tamén é certo que soporta un custo tremendamente elevado por esta situación

Galicia si ben  é certo que é unha potencia forestal ao producir mais da metade de toda a madeira que se tala no Estado, tamén é certo que soporta un custo tremendamente elevado por esta situación. A nosa política forestal é nefasta ecolóxica e socialmente, está  basada en repoboacións de  piñeiros e eucaliptos , especies de crecemento rápido e baixa calidade e ao tempo  altamente combustibles (especies pirofíticas que se benefician do lume). Se a esto engadimos  un abandono xeneralizado  do rural, o despoboamente e a permisividade da Xunta que consinte en múltiples casos –en máis de 30.000 Has– a non aplicación da lexislación e normativa forestal vixente.  Ademais,  a falta de ordenación do territorio, o mal enfoque do problema dos incendios  ignorando  medidas preventivas convenientes… está deseñado o marco idóneo para que nunha situación como a de este outubro os incendiarios  fagan o seu agosto, preparando o territorio para as celulosas. Recientemente  Portugal   prohíbiu  aumentar a superficie de eucaliptos, é posible sospeitar que Ourense e Pontevedra sexan ambicionados como substitutos do territorio portugués prohibido.

Feijóo, en función de Presidente do Goberno galego, chamou pola “sensibilidade e responsabilidade dos incendiarios” para parar os incendios,como era plausible, sen resultado. Logo pasou a manifestar que os que plantan lume son “terroristas incendiarios” e temos que estar xuntos frente a esta  ameaza.  Ningunha palabra do Presidente para  chamar a atención pola falta de limpeza dos montes, nin para  para elaborar un Plan Forestal adaptado a realidade galega e que contemple as nosas especies propias. Non fixo  a mínima autocrítica, e tampouco parece que pretenda  cambiar no futuro a lexislación  e por suposto non vai parar a eucaliptización como fixo Portugal. Ninguna palabra para modificar a  política de prevención  e moito menos para cambiar a loita contra incendios…

Si non o remediamos,  tristemente remataremos como rematou o Prestige esperando outro. @mundiario

Comentarios