O ingreso mínimo vital é un grande paso adiante para erradicarmos a exclusión

Euros.
Euros.
Malia esta vantaxe, a súa recentralización na Seguridade Social estatal vulnera directamente as regras de distribución de competencias da Constitución e do Estatuto de Galicia, polo que cómpre activar no 2021 a súa transferencia á Xunta de Galicia.
O ingreso mínimo vital é un grande paso adiante para erradicarmos a exclusión

O chamado ingreso mínimo vital (INMIVi) que ven de aprobar con efectos deste 1 de xuño o Goberno do Estado non é, certamente, a renda básica universal que moitas persoas defendemos dende hai seis anos. Onde os que defendimos tradicionalmente esta renda vemos un dereito permanente da persoa o Goberno do Estado ve unha axuda, quizais temporal, para unha familia.

O INMIVi vai xer xestionado pola Administración estatal da Seguridade Social no canto da Xunta de Galicia e demáis Administracións autonómicas, agás no suposto dos territorios forais de Euskadi e Nafarroa. Esta decisión constitúe unha vulneración nidia e directa do noso Estatuto de Autonomía (EAG). Porque o artigo 27.23 EAG outórganos competencia exclusiva no eido da asistencia social e o 27.24 EAG a mesma competencia exclusiva no eido do desenvolvemento comunitario. Pola súa banda, o artigo 33.2 EAG confírelle ao Poder Galego competencias no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación básica estatal de Seguridade Social e competencias exclusivas no réxime económico da Seguridade Social. Xa que logo, quer por fas (asistencia social) quer por nefas (réxime económico da Seguridade Social) a competencia exclusiva na xestión deste ingreso, por norma constitucional, cúmprelle ao Poder Galego.

Porén, o INMIVI apróbase por Decreto-Lei estatal por mor da súa urxencia, prevendo que dende 2021 se lle poida ceder a súa xestión ás Comunidades Autónomas. Como pasado servidor civil do Goberno galego (2007-2009) nas relacións institucionais co Goberno do Estado desculparán que non acredite nesta previsión porque coñezo o Madrid político e administrativo. E, confíen miña, é moito mellor xestionar o diñeiro dende Galicia que dende Madrid.

 Mais convén precisar que a decisión do Goberno do Estado recoñece unha necesidade fulcral de boa parte da cidadanía e persoas residentes do Estado español: enfrontar uns níveis inaturábeis de gravísima pobreza (12,6% fronte a menos do 7% de media na Unión Europea). Dende esta perspectiva e alén das anteriores- e importantes-consideracións conceptuais e político-territoriais o INMIVI do Goberno do Estado é un grande paso adiante cara á remoción da pobreza. Da pobreza da exclusión, mais tamén desa pobreza compatíbel co traballo que se implementou en moitas actividades económicas dende a Grande Depresión. É un grande paso adiante para garantir unha vida digna para as persoas excluídas ou en risco de exclusión.

 O que non ha prexudicar que Galicia esixa xestionar este INMIVI. Este Ingreso Mínimo da Dignidade.  @mundiario

ç

Comentarios