Feijóo non é quén de usar o autogoberno para manter as axudas á dependencia

Anxo Quintana, ex alcalde de Allariz, fue vicepresidente de la Xunta. / Xurxo Lobato
Anxo Quintana, ex vicepresidente da Xunta. / Mundiario

Liquídase o transporte adaptado -065- creado por Anxo Quintana e redúcense as prestacións ao se computar o patrimonio do dependente, dándolle valores moi superiores aos de mercado.

Feijóo non é quén de usar o autogoberno para manter as axudas á dependencia

Liquídase o transporte adaptado -065- creado por Anxo Quintana e redúcense as prestacións ao se computar o patrimonio do dependente, dándolle valores moi superiores aos de mercado.

 

O Parlamento do Estado aprobou en decembro do 2006 a chamada lei de Dependencia,  orientada ao apoio das persoas con dependencia severa ou grande dependencia (graos II e III). Axiña comprobouse que nacía cun financiamento insuficiente que  cargaba o custo da meirande parte dos novos servizos na Xunta, entón dirixida polo bipartito. O sistema funcionaría máis a xeito cunha dotación de recursos programada e outorgándolle plena autonomía ao sistema galego de benestar para orientar os recursos ás necesidades da poboación dependente galega, moito máis precisada de axudas a coidadores familiares e centros de día. Indubidábelmente fican para a historia os erros de indeterminación e dirixismo de Zapatero e os esforzos do vicepresidente Anxo Quintana por dotar os novos servizos.

Malia isto, a fins do 2011 atendíanse no Estado 700.000 grandes e severos dependentes.  Dende entón, Rajoy ten desenvolvido unha política de deconstrución que desfixo un sistema de atención individualizada para convertelo nun conxunto non integrado de respostas asistencialistas. E Galicia non ten usado do seu autogoberno para blindar o tratamento dos seus dependentes, facendo seguidismo desta desmontaxe. Inflúe decisivamente  o oneroso do pagamento do servizo da debeda pública polos altos tipos de xuro que se lle aboan a unha parte significativa e non amortizábel da mesma, herdanza da xestión da conselleira Fernández Currás.

UGT ven de denunciar que menos do 48% dos dependentes galegos están a recebir algunha prestación. O servizo universal de transporte adaptado (ese popular 065 creado por Anxo Quintana que tanto facía pola autonomía persoal-viaxes aos centros de día, consultas médicas, piscinas…-) dos dependentes galegos ven de ser reducido na fin deste inverno nun 70%.

Mentres, amplíase o copagamento de servizos a milleiros de dependentes galegos con rendas absolutamente insuficientes, ao lles ponderar un patrimonio irreal, baseado nun valor absurdamente elevado de bens urbanos e rústicos que ninguén paga no mercado. O mesmo valor que está a penalizar á cidadanía galega cando liquida os Impostos de Sucesións e Transmisións Patrimoniais.

Feijóo non é quén de usar o autogoberno para manter as axudas á dependencia