A España custoulle longas décadas de práctica democrática atoparse coa diversidade

José Luis Rodríguez Zapatero, ex presidente del Gobierno de España.
Os esforzos do presidente Zapatero por afondar en favor dunha sociedade e unhas institucións laicas foron salientables.
A laicidade é pedra angular do longo proceso emancipador nado da Ilustración e panca útil ao servizo da sociedade para redimila de servidumes, supersticións ou a cegueira intencionada ao servizo do dogmatismo.
A España custoulle longas décadas de práctica democrática atoparse coa diversidade

A España custoulle longas décadas de práctica democrática atoparse coa diversidade e pluralidade que preside unha sociedade civilizada. Un proceso de maduración que foi mester para conciliar sen confrontacións diversas perspectivas éticas. Sacudindo as tenazas seculares que a aferraban. Que imbuía dun sentido fatalista a existencia, turbándoa coa condenación eterna e demonizando calquera acto xurdido da propia natureza do individuo. Non sen esforzo foron caéndose as trabas confesionais que freaban o desexo instintivo e intuitivo do ser humano para construír a súa propia senda cara á liberdade e a felicidade. Con moitas deficiencias ergueuse un cativo espazo de laicidade. Moi condicionado polas presións dos celosos gardiáns da ortodoxia que foron historicamente freo á evolución da heterodoxia e o librepensamento.

A laicidade é unha das pedras angulares do longo proceso emancipador nado da Ilustración e panca útil ao servizo da sociedade para redimila de servidumes, supersticións ou a cegueira intencionada ao servizo do dogmatismo. Un capitulo imprescindible na loita pola dignidade humana. Loita na que colectáronse non sen sangue e dor, os dereitos humanos. E con eles, a xustiza social, a emancipación da muller, o respecto ao distinto, os servizos públicos, a liberdade sexual disociada da reprodución, a liberdade de investigación científica, etc.

Na medida que a realidade social foi evolucionado, móstranse maiores espazos de secularización. Ata hai sensación dunha maior liberdade de conciencia. Salientables os esforzos do presidente Sr. Rodríguez Zapatero por afondar en favor dunha sociedade e unhas institucións laicas. Nalgúns momentos o estado español puxo en valor a liberdade de conciencia e a dignidade humana. Mesmo crendo tales fitos irreversibles. Pero coa chegada á Moncloa de D. Mariano Rajoy, e as actitudes corais do Sr. Ruiz Gallardon, o Sr. Presidente da Conferencia Episcopal así como os diversos membros do gabinete que máis aparentan servir á Obra de Deus que á Obra dos Homes, asistimos a un incremento de conflitos, que invaden o ámbito do persoal e privativo, cun trasfondo místico, e nun rearme das teses máis belixerantes e fundamentalistas.

Hai un intento deliberado de violentar as conciencias, furtando a toma de decisións no ámbito privado. Asistimos a unha acción sistemática para dinamitar a pedagoxía da convivencia en liberdade, mostrando unha temeraria morriña de tempos pretéritos. A xerarquía eclesiástica e os púlpitos mediáticos do que dáse en chamar o “TDT party” actúan de catalizadores de conflitos e intolerancia. Contando co amparo dun goberno próximo e entregado, que coa maior desenvoltura asfixia o espazo público e o exercicio da liberdade de conciencia. A curia robustecida no “goberno amigo” encoraxase facendo valer os seus criterios aínda que isto poña en cuestión a potestade das institucións democráticas ou a autonomía das persoas. Coa complicidade duns e a manipulación doutros ábrese paso un rebrote integrista que arrisca unha óptica humanista e de conciliación social.

É de uso común gabar a transición como froito do consenso. Non tanto así recoñecer que isto facilitouno a ambigüidade, ao non chamar ás cousas polo seu nome. Algo que agora empeza chiar de xeito alarmante. O apartado 3 do artigo 16 da Constitución é parco, pero sinala que “ningunha confesión terá carácter estatal”. A practica mostra outra cousa, tanto pola inacción da esquerda, como polo explícito interese da dereita política e doutrinal.

A separación entre Igrexas e Estado conleva evitar aglutinar actividades, obxectivos ou fins. Descarta a intromisión das Igrexas, no exercicio dos poderes públicos, ou que o Estado interveñan nos asuntos propios das confesións. E sobre todo, que as decisións, normas e actos xurídicos propiamente confesionais teñan efectos civís pola vía da mediatización dos poderes públicos. Unha sociedade democrática, non sometida directa ou tacitamente por dogmas, esixe un Estado pulcramente aconfesional e unha cultura pública baseada en valores laicos. Nesta consideración baséanse os Estados democráticos modernos, que substituíron aos despotismos de raíz teocrática.

Cada vez de forma máis atrevida practícase unha política sectaria encamiñada non a formar cidadáns, senón androides de mono ou de luva branca, útiles para sacrificar nos altares dun mercado sen regras. As presuntas virtudes que dise inculcárselles, preténdese chéguelles da man da relixión e dunha Igrexa en extremo ciumenta do que considera as súas prerrogativas sacrosantas, imperecedeiras. Para quen é anatema calquera alternativa que ensine valores cidadáns laicos.

Fronte a iso só cabe reivindicar a práctica dos valores e virtudes civilistas na escola e na vida diaria. Fundamentales si queremos construír unha sociedade solidaria e xusta. Unha sociedade de cidadáns.

A España custoulle longas décadas de práctica democrática atoparse coa diversidade
Comentarios