O sector téxtil pasa a ser o de maior peso no conxunto das exportacións de Galicia

Sede de Inditex, la matriz de Zara, en Arteixo (A Coruña). / Mundiario
Sede de Inditex, la matriz de Zara, en Arteixo (A Coruña). / Mundiario
A Coruña é a provincia na que máis medraron as exportacións neste segundo trimestre, mentres que Lugo foi a única provincia que amosou unha redución das exportacións en termos interanuais.
O sector téxtil pasa a ser o de maior peso no conxunto das exportacións de Galicia

A pesar do pesimismo dos datos económicos que se anuncian para o conxunto do Estado e dos avisos dunha posible recesión, Galicia continúa demostrando vitalidade e dinamismo exportador no segundo trimestre deste ano. Alomemos así o amosa o Barómetro Exportador de Galicia, un informe trimestral elaborado polos profesores da Universidade de A Coruña e membros do Foro, Isabel Novo e José Manuel Santos.

As exportacións galegas de mercadorías medraron un 30,7% no segundo trimestre de 2022, taxa de crecemento moi superior á de España (25,61%). O que supón que o peso económico de Galicia no conxunto do Estado representa o 5,2%.

Este crecemento concentrouse nos mesmos sectores que no primeiro trimestre: produtos minerais (que inclúe os combustibles), os produtos das industrias químicas e o téxtil. O sector téxtil pasa a ser o de maior peso no conxunto das exportacións cun 22%, ao que segue a automoción (anteriormente o primeiro) cun 19%. Gañan peso no conxunto da exportación galega outros sectores como o do metal, produtos minerais e o agroalimentario.

En canto ao reparto territorial, A Coruña é a provincia na que máis medraron as exportacións neste segundo trimestre, mentres que Lugo foi a única provincia que amosou unha redución das exportacións en termos interanuais. Pontevedra, aínda que con taxas inferiores á media, recupera a tendencia ao crecemento.

Os produtos galegos expórtanse de xeito preferente a tres países nestes tres últimos meses: Portugal, Países Baixos e Italia. Pero son menos as empresas galegas exportadoras, cunha redución dun 1,6% con respecto ao segundo trimestre de 2021, moi lonxe da caída do conxunto de España, onde o número de compañías exportadoras cae nun 11%.

Tamén os datos das empresas exportadoras galegas con alto contido tecnolóxico aumentou en Galicia un 4,7% con respecto ao segundo trimestre do 2021, mentres que en España a cifra é negativa, cunha redución dun 2,4%. @mundiario

Comentarios