O prezo da peaxe da AP-9 conxélase en 2021 no 54% dos tramos, segundo Audasa

Puente de Rande. / M. Riopa
Puente de Rande. / M. Riopa
A intensidade media diaria (IMD), con 15.312 vehículos, reduciuse entre xaneiro e novembre de 2020 un 29,43% con respecto ao mesmo período de 2019.
O prezo da peaxe da AP-9 conxélase en 2021 no 54% dos tramos, segundo Audasa

Autopistas del Atlántico (Audasa) conxela en 2021 a peaxe para vehículos lixeiros en 26 tramos dos 48 que forman a AP-9, segundo informa a concesionaria. A vía galega, cun custo de 0,11 euros por quilómetro, sostén que se mantén en 2021 un 6,6% por debaixo da media española de prezos de autoestradas do Estado e un 39,2% no caso das viaxes en coche de ida e volta no mesmo día que empreguen telepeaxe (0,09 euros/km). O 67% dos tránsitos que anualmente se realizan pola autoestrada non verán incrementadas as tarifas en 2021, engade nun comunicado.

A intensidade media diaria (IMD), con 15.312 vehículos, reduciuse entre xaneiro e novembre de 2020 un 29,43% con respecto ao mesmo período de 2019.

Tarifas de Audasa para 2021. / Audasa

Explicacións de Audasa

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aprobou a actualización das tarifas das autoestradas dependentes da Administración Xeral do Estado, que inclúen no caso da AP-9 un incremento do 0,92% a aplicar dende as 00.00 horas do 1 de xaneiro do vindeiro ano. A concesionaria galega precisa que non imputa esta suba cando representa menos de 5 céntimos por tramo.

O 55,4% das viaxes na AP-9 en 2020 realizáronse por tramos gratuítos ou contaron con descontos ou bonificacións si se dispón de telepeaxe e se realizan en traxecto de ida e volta no mesmo día laborábel (sábados incluídos), segundo Audasa.

As peaxes aprobadas polo Goberno para 2021 inclúen a suba extra (1%) derivada das obras de ampliación da circunvalación de Santiago de Compostela e da Ponte de Rande, que foron financiadas de maneira íntegra por Audasa, segundo deduce esta empresa. O orzamento de ambos proxectos supera os 356 millóns de euros (incluídos IVE e custos financieros). @mundiario

Comentarios