A posición da Valedora do Pobo é insostíbel e ha marchar xa

Feijoo aplaude a la Valedora do Pobo, Milagros Otero, en su toma de posesión. / Mundiario
Feijoo aplaude a la Valedora do Pobo, Milagros Otero, en su toma de posesión. / Mundiario

A demisión "en diferido" da Valedora do Pobo galega, Milagros Otero, é unha vergoña para a democracia, as nosas institucións e o noso autogoberno.

A posición da Valedora do Pobo é insostíbel e ha marchar xa

A Valedora do Pobo é a Institución nomeada polo Parlamento de Galicia para mirar polos nosos dereitos constitucionais e estatutarios a respecto das vulneracións que poidamos sofrir dende as Administracións autonómica e locais galegas. Velaí a necesidade de que exerza o cargo unha persona independente, prestixiosa e de traxectoria limpa.

O Tribunal Supremo ven de inadmitir o recurso de casación interposto pola Valedora contra da sentenza do noso Tribunal Superior de Xustiza que declarou que a Valedora actuara arbitrariamente e con desviación de poder (usar das súas competencias para fins distintas das legalmente previstas) no proceso de concorrencia competitiva aberto para prover a praza de Xefa de Administración e Personal da Institución. Xa que logo, está declarado nunha sentenza xa definitiva que Milagros Otero actuou de xeito gravemente ilegal.

Velaí que o vieiro escollido por Milagros Otero para expresar a súa demisión perante o Parlamento sexa inadmisíbel en termos institucionais porque lle permite continuar en funcións até que o Parlamento a substitúa. Unha decisión que podería adiarse até a vindeira lexislatura, pois que precisa dunha maioria do 60% que o PP non ten. 

Cómpre pois, que o PP se una aos tres grupos da oposición na súa esixencia de que a Valedora marche xa e que a substitúa un dos Vicevaledores. Porque o prestixio das nosas Institucións de autogoberno non atura a continuidade nun cargo tan fulcral dunha persoa xudicialmente reprobada. @mundiario

Comentarios