Un peche patronal non é unha folga

Coches de la policía, un camión y un grupo de camioneros. / RR SS
Coches da policía, un camión e un grupo de camioneiros. / RR SS
Os transportistas que están de lockout (pechar e impedir entrar), é dicer, de peche patronal, non teñen traballadores en folga: teñen clientes con graves quebrantos económicos en caso de perderen o servizo de mercadorías.
Un peche patronal non é unha folga

Hoxe escrébese e fálase grazas ao “relato”. Cambiar a crónica dos feitos acaecidos por un relato xa implica unha boa cantidade de cociña/interpretación ou directamente manipulación dos feitos. Pero un conto ben construído e difundido convértese en representación da realidade.

No caso presente –a suspensión pola forza do servizo de transporte– atopámonos cun peche patronal de certos empresarios do transporte de mercadorías que, en uso a forza física e da capacidade económica de tomar decisións de non prestaren o seu servizo, acordan suspender de facto a súa actividade empresarial.

Todo o que hai arredor deste feito é ben problemático así como ilegal.

Vexamos: na lei non se contempla máis que de forma residual e como contestación á folga dos traballadores o peche patronal.

O peche patronal, para ser legal, deberá obedecer a unha serie de requisitos que só se reúnen en caso de folga dos traballadores empregados (a norma sobreentende a actividade fabril, non unha do sector servizos).

O peche patronal no transporte e por definición alegal non está suxeito a servizos mínimos, pero non lle cabe a ninguén na cabeza actuar de forma absolutamente selvaxe impedindo o transporte de perecedoiros e outros alimentos. En realidade, os requisitos de legalidade (por certo con aviso), tal e como se deron noutras ocasións, implican a defensa das instalacións da empresa ou a consideración da cautela e tutoría necesarias para impedir desastres patrimoniais.

Os transportistas que están de lockout (pechar e impedir entrar), é dicer, de peche patronal, non teñen traballadores en folga: teñen clientes con graves quebrantos económicos en caso de perderen o servizo de mercadorías. Uns porque lles faltan subministros indispensábeis para poder seguir producindo, e outros porque carecen de capacidade para levaren os seus produtos ao mercado final.

Mais, e aquí está o máis grave, próximo a un acto criminal, o feito de non chegar con pensos ou grao ás granxas aboca á morte de animais destinados ao consumo humano. Na falta de transporte de gando vivo, carne e os seus derivados, supón desabastecemento de alimentos en certos mercados.

E, finalmente, a falta de transporte para levar o pescado dos portos-lonxas aos mercados centrais e aos mercados finais, conleva morte por putrefacción do pescado destinado ao consumo humano.

Non é só a valoración económica dos danos ocasionados senón a práctica á mantenta de destrución dun produto valiosísimo destinado a ser alimento. É a antítese da sostenibilidade, da boa práctica empresarial e da responsabilidade social que vai unida a esa actividade.

Lembro só dúas ocasións de uso de prácticas parecidas. Unha fíxose co fin de derrocar –e derrocou– o goberno legal e lexítimo de Salvador Allende en Chile (1973); sóubose que o financiamento da CIA foi decisivo. Outro intento, o de dar a volta a un país, foi a folga de controladores aéreos, felizmente abortada pola acción decidida do Goberno.

Os gandeiros galegos e o sector pesqueiro están esperando por unha actuación da Xunta e do Goberno central acaídas. Os primeiros, en paradoiro coñecido pero alleado, e os segundos ensimesmados na UE, facendo gala de irresponsabilidade. @mundiario

Comentarios