Faleceu o fotoxornalista Manuel Blanco Rey

Manuel Blanco Rey. / Mundiario
Manuel Blanco Rey. / Mundiario
Recibiu numerosos recoñecementos, como o Premio Galicia de Xornalismo en 1987 ou Premio Galicia de Comunicación en 2003. 
Faleceu o fotoxornalista Manuel Blanco Rey

O fotoxornalista Manuel Blanco Rey faleceu este domingo. Nado en 1947 en Santiago de Compostela, Manuel Blanco Rey entrou no mundo da fotografía desde moi novo, e en 1964 xa exercía o fotoxornalismo no periódico El Correo Gallego.

No diario santiagués, Manuel Blanco Rey desenvolveu a meirande parte da súa carreira e nel chegou a ser xefe da sección gráfica durante varias décadas.

Manuel Blanco Rey foi tamén correspondente do xornal El País durante 12 anos, e colaborou con outros medios, ademais de coas axencias Efe e Europa Press.

Ademais de colexiado do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), foi fundador da Asociación Nacional de Informadores Gráficos e membro da Asociación de Fotógrafos Profesionais de Galicia.

Diego Calvo con Manuel Blanco. / Mundiario
Diego Calvo con Manuel Blanco. / Mundiario

Manuel Blanco Rey recibiu numerosos recoñecementos, como o Premio Galicia de Xornalismo en 1987, Premio Galicia de Comunicación en 2003, o Premio Fundación Caixa Galicia-Unha Vida en Imaxes en 2007 ou o nomeamento como Fotógrafo Histórico pola Deputación da Coruña en 2014.

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere expresar o seu fondo pesar polo falecemento deste compañeiro e trasladar o cariño de toda a profesión á súa familia e persoas achegadas. @mundiario

Comentarios