Caixabank terá que devolver 89.000 € a duas persoas que anticiparon pagamentos a unha promotora

CaixaBank. / Twitter
CaixaBank. / Twitter
A promotora non lles entregou as vivendas e a sentenza, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 4 de Betanzos, está en proceso de recurso.
Caixabank terá que devolver 89.000 € a duas persoas que anticiparon pagamentos a unha promotora

Caixabank terá que devolver 89.000 € a dous veciños da contorna de Betanzos. Así o considera o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 4 de Betanzos. No primeiro caso, a cantidade é de 69.000€ máis xuros legais e no segundo, de 20.000€ máis xuros. Ambos casos estiveron ao cargo do despacho de avogados Xoán Antón Pérez-Lema. Se ben a sentenza non é firme, desde o buffet son optimistas xa que unha sentenza firme obrigou a Abanca a devolver importantes cantidades a unha persoa de Lalín.

Estas dúas persoas mercaron vivendas a unha promotora, un deles, o que percibirá os 69.000€, por cuestións de reagrupamento familiar. En ambos casos a entidade bancaria non presentou o aval que a lei esixía. A promoción das vivendas, entre as que se atopaba a destes dous cliente do despacho, finalizou correctamente. 

O que ocorreu posteriormente foi que a promotora entrou en concurso de acredores antes de facer a carga hipotecaria. Había un préstamo sobre toda a promoción e o que tiña que ter feito dita promotora era distribuír a carga hipotecaria entre as distintas vivendas. Como non había división horizontal nin licenza de primeira ocupación, a carga non se puido distribuír, polo que non puideron entregarse. Houbo un desfase no préstamo que o promotor tiña co banco e non lle chegaron os recursos para facer os trámites de escrituración. Entón a promotora entrou en concurso e as vivendas saíron a poxa. Building Center, a entidade que leva os temas inmobiliarios de Caixabank puxou máis de ninguén e o banco quedou coas vivendas. Deste xeito, aínda que os clientes xa pagaran as súas vivendas, a entidade ofrecíalles a posibilidade de ocupalas pero subindo o prezo. A entrega das vivendas é imposible no futuro. 

A sentenza

A sentenza estima que a lei 57/68 xera obrigas non só aos promotores inmobiliarios, senón tamén ás entidades de crédito. O motivo é que, sendo coñecedoras da existencia de abonos a conta para pagamento de  vivenda, non esixían ao promotor a constitución de aval. 

Por outra banda, esta responsabilidade das entidades bancarias vén dada porque non son alleas á relación entre a persoa compradora e a promotora: deben colaborar activamente coa parte promotora para asegurarse de que cumpre coas súas obrigas legais (neste caso de recibir os anticipos nunha conta debidamente garantida).

É suficiente con que a entidade bancaria coñeza ou opte por ignorar que as persoas compradoras están a ingresar cantidades a conta do prezo das vivendas adquiridas para que responda por non ter esixido ao promotor a apertura dunha conta especial, separada e debidamente garantida. 

No caso destes lalinenses, os conceptos aportados non deixan lugar a dúbidas, polo que a entidade bancaria permaneceu na ignorancia voluntariamente, o cal non a exime de responsabilidade.  Así, a responsabilidade de Caixabank neste caso, é de 69.000€ e de 20.000€, cantidades ingresadas na conta da promotora, cos seus xuros legais desde a data de ingreso de cada unha das cantidades anticipadas. 

O período para presentar demandas sobre a lei 57/68 finaliza o 23 decembro (inclusive).

Comercialización da permuta financeira

Desde o despacho Xoán Antón Pérez-Lema tamén avisan de que o mesmo 23 de decembro finaliza o prazo para demandar a entidades financeiras por incumprimento dos seus deberes legais e contractuais de asesoramento na comercialización da permuta financeira (SWAP) a pemes. Neste sentido recordan que a mediados de 2020 unha sentenza xa firme e executada hai poucos meses, levada polo despacho, condenou a Bankia acreditando que foi o banco o que ofreceu o produto e que ademais, na súa labor de asesoramento precontractual á hora de ofrecer o swap, incumpriu coa súa obriga de informar adecuadamente acerca das características e riscos do produto financeiro. Así, a Audiencia da Coruña condenou ao pagamento de case 109.740,04 € á entidade Bankia a unha promotora coruñesa. @mundiario

Caixabank terá que devolver 89.000 € a duas persoas que anticiparon pagamentos a unha promotora
Comentarios