Ana Isabel Rodríguez Vázquez é a nova decana de Comunicación da USC

Ana Isabel Rodríguez Vázquez. / Mundiario
Ana Isabel Rodríguez Vázquez. / Mundiario
Entre os desafíos para os próximos anos, Ana Isabel Rodríguez Vázquez destaca o “reforzo da internacionalización”.
Ana Isabel Rodríguez Vázquez é a nova decana de Comunicación da USC

A profesora  Ana Isabel Rodríguez Vázquez foi elixida por unanimidade como nova decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Rodríguez Vázquez, que xa fora secretaria da dirección do Departamento de Ciencias da Comunicación entre 2008 e 2020 e secretaria académica da facultade dende o 5 de outubro de 2020, substitúe a Xosé Ramón Pousa Estévez.

Nada en Lugo en 1971, Ana Isabel Rodríguez estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid e a Escola Universitaria San Pablo-CEU, e doutorouse en Xornalismo pola USC.

En 1995 foi correspondente do Diario 16 de Galicia en Lugo e entre 1994 e 1998 dirixiu e presentou os informativos da Televisión Lugo. Ademais, foi coordinadora de contidos da Produtora Ophiusa, e directora xeral adxunta de Interdix Galicia, promotora do portal www.galiciadixital.com.

Desde o ano 2003, Rodríguez Vázquez é docente do Departamento de Ciencias da Comunicación da USC, e centra a súa traxectoria científica no tratamento informativo dos produtos comunicativos, nas novas rutinas produtivas e os perfís profesionais nos medios de información, así como no estudo das audiencias, a programación televisiva e a alfabetización dos públicos.

A nova decana afrontará no seu mandato a renovación das titulacións e a implementación dos novos plans de estudo, cunha aposta por “entender a calidade como a peza nuclear” dun centro que “quere ser recoñecido no contexto universitario e social”. Entre os desafíos para os próximos anos, Ana Isabel Rodríguez Vázquez destacou tamén o “reforzo da internacionalización”, a “modernización de infraestruturas" e a “consolidación e mellora das condicións laborais de PAS e PDI”.

A xunta de goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia dou os parabéns á nova decana, Ana Isabel Rodríguez, polo seu nomeamento. @mundiario

Ana Isabel Rodríguez Vázquez é a nova decana de Comunicación da USC
Comentarios