Xoán Antón Pérez-Lema da por liquidado de facto o chamado lobby coruñés

IBM
Xoán Antón Pérez-Lema.
A formación nacionalista CXG, que estrea sede local na Coruña, contará cos axentes locais e as entidades cívicas para definir as súas políticas, segundo un dos seus líderes, Xoan Antón Pérez-Lema.
Xoán Antón Pérez-Lema da por liquidado de facto o chamado lobby coruñés

Compromiso por Galicia (CXG) presentou na Coruña a súa nova sede local e comarcal na rúa Juan Flórez, 36 (Torre dos Mestres) ao tempo que daba a coñecer o seu documento político e estratéxico para a cidade. Este documento servirá para definir o programa de goberno para A Coruña até o 2015 e a liña de acción dos galeguistas.

O coordinador comarcal, Julio Peinó, salientou as necesidades urbanísticas, ambientais e de mobilidade da área urbana coruñesa considerando que a cidade forma un todo con ela e que cómpre tratar de xeito conxunto. Pola súa banda, a secretaria de Acción Política, Sonia Sáinz, insistíu nos valores de transparencia e participación como o ADN de CxG.

Finalizou o acto o secretario local, Xoán Antón Pérez-Lema, columnista de MUNDIARIO, que salientou o gravísimo momento económico, político e social que vive A Coruña debido á absoluta falta de proxecto e liderado do Goberno actual e a liquidación de facto do chamado lobby coruñés.

CxG elaborará o seu programa de goberno para as vindeiras eleccións municipais entre o 2013 e o 2014, apelando a todos os axente locais e entidades cívicas, e elixirá aos seus candidatos ou candidatas en primarias abertas á cidadanía ás que se presentarán as persoas que libremente opten sen necesidade da súa afiliación a Compromiso por Galicia.

Xoán Antón Pérez-Lema da por liquidado de facto o chamado lobby coruñés
Comentarios