Alonso Montero perfílase como favorito para ser presidente da Real Academia

Xosé Luís Méndez Ferrín, o ex presidente da RAG, entrou en campaña acusando Alonso Montero de querer retirar o recurso contra o decreto do galego. O candidato negouno xa públicamente.

Alonso Montero perfílase como favorito para ser presidente da Real Academia

Na Real Academia Galega hai dous candidatos que queren presidila: Xesús Alonso Montero e Manuel González. Segundo o xornal nacionalista Sermos Galizahoubo encontros entre os seus representantes. Aconteceu na tarde da segunda feira, após González ter exposto o seu programa na sede coruñesa da RAG e ter lamentado que non houbese espazos para o consenso. Foi entón cando desde a candidatura de Alonso Montero o convocaron a unha xuntanza que tivo lugar en Compostelas e reuniu o propio Manolo González con Ferro Ruibal, Rosario Álvarez e Torres Queiruga. Teríanlle ofrecido a González dous dos postos da próxima executiva cunha salvedade: non poderían ser ocupados por ninguén da executiva anterior. Esta condición deixaría fóra ao propio Manuel González e a Fernández Rei. O tesoureiro da RAG durante a presidencia de Ferrín tomou nota e deixou a resposta en suspense e foi na TVG cando rexeitou a proposición que se lle fixera en Compostela.

Durante os contatos, a candidatura de Alonso Montero mostrouse como gañadora virtual deste proceso interno, após González ter admitido que non conta con votos abondo no plenario. Este día 20 as dúas candidaturas se enfrontarán en votación para ocupar a nova direción da Academia, despois da demisión de Xosé Luís Méndez Ferrín, quen entrou en campaña acusando Alonso Montero de querer retirar o recurso contra o decreto do galego. No entanto, Alonso Montero afirmou na TVG que non está na súa vontade a retirada do recurso. González contraatacou dicendo que “non na súa [vontade] mais si na de membros do equipo que se teñen manifestado contra a presentación do recurso”.

Alonso Montero perfílase como favorito para ser presidente da Real Academia
Comentarios