Madrid nunca respectou o autogoberno galego dende a aprobación do Estatuto

Mariano Rajoy, presidente del Gobierno español.
Mariano Rajoy.

Mais o proceso de recentralización máis intenso foi o executado polo goberno de Mariano Rajoy, do PP, ao longo destes tres anos de abuso da súa maiorñia absoluta.

Madrid nunca respectou o autogoberno galego dende a aprobación do Estatuto

Mais o proceso de recentralización máis intenso foi o executado polo goberno de Mariano Rajoy, do PP, ao longo destes tres anos de abuso da súa maioría absoluta.

Dende a aprobación do Estatuto de Galicia, os gobernos do Estado tentaron, case sempre con éxito (agás no caso da LOHAPA)  recurtar as potencialidades do noso autogoberno e fanar o nível competencial asumido en virtude do Estatuto. Dwende Felipoe González, pasando por Aznar e mesmo Zapatero. Mais o proceso de recentralización máis intenso foi o executado polo goberno de Rajoy ao longo destes tres anos de abuso da súa maioría absoluta.

A Constitución garantiunos, canda cataláns e vascos, o acceso ao nível máis elevado de autogoberno, a medio dun Estatuto  negociado entre os parlamentarios galegos e o Congreso. Porén, dende a aprobación dos tres estatutos das nacionalidades galega, catalá e vasca a tensión recentralizadora foi continua. O Madrid político e económico ten pulado sempre por unha- inexistente- España monolítica e monolingúe e pola concentración financiera e empresarial en Madrid, en claro prexuizo das periferias españolas.

Malia que fracasou no Tribunal Constitucional o primeiro ataque recentralizador (a LOHAPA aprobada por UCD e PSOE), os recurtes ao autogoberno continuaron. Os gobernos de Felipe González  usaron das leis básicas e do proceso de unificación europeo para recentralizar, ao tempo que retiñan os traspasos de medios materiais obrigados polas competencias asunmidas  en virtude do Estatuto de Galicia. A segunda lexislatura de Aznar foi unha continua sucesión de iniciativas recentralizadoras. E Zapatero usou de vías indirectas, como o uso centralizado de fondos estatais (vivenda, medio rural) que haberían estar territorializados, por non lle pertencer xa ao Estado estas competencias.

Así e todo, o goberno Rajoy foi o máis intensivo nos recurtes do autogoberno. No ámbito financeiro  limitou extremadamente o déficit autonómico, flexibilizando o estatal, prexudicando gravemente a sanidade, a educación e os servizos sociais. A reforma educativa da LOMCE impuxo contidos absurdamente uniformes para todo o Estado, mentres relegou ao galego a lingua subordinada no ensino. A reforma local tirou dos nosos concellos as competencias sociais para llelas atribuir a unhas Deputacións fracasadas e inoperantes. Galicia foi privada das súas competencias en materia de horarios e superficies comerciais, cen claro prexuizo do seu comercio de proximidade e do consumidor galego en xeral.

A nosa especificade económica e territorial determina que todo recurte ao autogoberno se traduza, sempre, en recurtes ao benestar da  cidadanía galega. Velaí que sexa tan preciso. no próximo futuro, un marco xurídico que garanta un autogoberno blindado e financiado a xeito.

Comentarios