Ferreiro e Martiño son dous alcaldes que poden recuncar

Xulio Ferreiro e Martiño Noriega.
Xulio Ferreiro e Martiño Noriega.

Jorge Suárez, o alcalde de Ferrol, non ten o carisma de Xulio Ferreiro nin a experiencia de Martiño Noriega pero vai mellorando. Xa ten máis xeito.

Ferreiro e Martiño son dous alcaldes que poden recuncar

Os chamados alcaldes das denominadas cidades do cambio en Galicia –Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), Martiño Noriega (Compostela Aberta) e Jorge Suárez (Ferrol en Común– están convencidos de que as mareas municipais chegaron para quedarse.

Ningún deles, se cadra por restriccións orzamentarias, fixo nada moi espectacular no que levan de mandato, pero tampouco ningún deles rompeu nada.

Por moito que o PP e algún medio local o demonice, o certo é que hai unha percepción bastante positiva de Ferreiro na Coruña. Ten eivas –evidentes– na súa equipa, pero como alcalde deféndese

Non se sabe moi ben a razón pero o certo é que dentro –e fóra– das mareas dase por feito de Xulio Ferreiro pode repetir na Coruña. Por moito que o PP e algún medio informativo local o demonice, o certo é que hai unha percepción bastante positiva na súa cidade. Ferreiro ten eivas –evidentes– na súa equipa, pero como alcalde deféndese. O PSdeG - PSOE sábeo e vai ter que decidir si opta por un canbdidato alcaldable ou simplemente por un candidato-axudante de Ferreiro. Toda una asignatura pendente para Gonzalo Caballero.  

Martiño Noriega, un político máis experimentado, tampouco ten unha xestión para comparar coa do eterno alcalde-sol de Compostela, o socialista Xerardo Estévez, pero sí para superar a proba do algodón cos sucesores de Estévez. Tamén pode que repita. É un político con tablas, sabe moverse –mesmo coa Igrexa– e a veciñanza non perdeu as esperanzas nel. O seu futuro dependerá tamén de quen sexa candidato polo PSdeG - PSOE.

As crónicas opositoras –dentro e fóra do PP– ven a Jorge Suárez un adversario asequible, pero calquera sabe. Non ten o carisma de Ferreiro nin a experiencia de Martiño pero vai mellorando. En Ferrol sempre é moi complicado facer pronósticos pero, en calquera caso, o alcalde algo máis de xeito xa ten... Veremos diante das urnas. @mundiario

Ferreiro e Martiño son dous alcaldes que poden recuncar
Comentarios