Sempre mais en Galiza, epitafio no cabodano da catástrofe de Angrois

Primeros momentos tras el descarrilamiento del tren en Santiago.
2013: Traxedia ferroviaria en Santiago.

Pasou xa un ano e seguen sen reconhecer a indísimulável responsabilidades do sistema na catástrofe -non traxedia, traxedía só é o inevitável– de Angrois. Falhou, de certo, o maquinista, mas calquer maquinista pode sofrir un mal súbito.

Sempre mais en Galiza, epitafio no cabodano da catástrofe de Angrois

Pasou xa un ano e seguen sen reconhecer a indísimulável responsabilidades do sistema na catástrofe -non traxedia, traxedía só é o inevitável– de Angrois. Falhou, de certo, o maquinista, mas calquer maquinista pode sofrir un mal súbito.

Logo de décadas de desvío das vías ás autoestradas, descobriron que a solución para a conxestión circulatoria crónica eran os velhos caminhos de ferro, agora a toda máquina.

Tan a voar, que gustaron lhe pór AVE, cando o próprio había ser TGV (gran velocidade), o que non lhes gorentava.

De tal xeito impuxeron o tentador nome de Alta Velocidade Española, AVE, de roteiro centrípeto, tocada das asas.

No caso de Galiza, no fin do mundo, nen iso. Temos que nos conformar cun Alvia tan pouco seguro como o futuro de Avantia, a penas a aboiar nos estaleiros onte prodixiosos de Ferrol,, e no ar, con tres aeroportos en 29.000 quilómetros quadrados que non renatan de descolar.

Xa que logo o slogan verdadeiro  havía ser: En Galiza, sempre mais.

Sempre mais en Galiza, epitafio no cabodano da catástrofe de Angrois
Comentarios