Galiza pregoa un nazonalismo que acolla desde conservadores até comunistas

Un partido nazonalista aberto a conservadores, liberais, socialistas e comunistas con tal de que por enriba de todo sexan galeguistas. Daquela como hoxe.

Vicente Risco.
Vicente Risco.

Galiza pregoa un nazonalismo que acolla desde conservadores até comunistas: un partido nazonalista aberto a conservadores, liberais, socialistas e comunistas con tal de que por enriba de todo sexan galeguistas. Daquela como hoxe.

Concebíase un federalismo democrático mais con mandato imperativo, a separar do cargo ao electo que traicione aos seus electores. Unha Galiza sen deputacións, con parroquias, concellos e bisbarras.

Galiza independente de facto (un Reino sen rei) até a intervención dos Reis Católcas, logo os Austrias e, sobretodo, os Borbóns.

Unha nazón natural, pois pódese ter un Estado e non ser unha nazón e ser unha nazón sen ter un Estado.

Todo isto proclámase no texto capital do galeguismo: “Teoría do nazonalismo galego”, de Vicente Risco, hai un século.

Comentarios