Valentina López López, gañadora do 19º concurso de fotografía Xurxo Lobato

Valentina López López, alumna do EASD Mestre Mateo de Santiago, gañadora do 19º concurso de fotografía Xurxo Lobato. / Mundiario
Obra de Valentina López López, alumna do EASD Mestre Mateo de Santiago, gañadora do 19º concurso de fotografía Xurxo Lobato. / Mundiario
Esta alumna do EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela presentou unha serie de orixinais retratos co título de Volátil, Tolemia, Oniria.
Valentina López López, gañadora do 19º concurso de fotografía Xurxo Lobato

A alumna do EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela Valentina López López é a gañadora do 19º concurso de fotografía Xurxo Lobato cunha serie de orixinais retratos co título de Volátil, Tolemia, Oniria.

Este concurso de fotografía vai destinado a alumnos/as de bacharelato, FP e artes de Galicia menores de 21 anos. Téntase potenciar así a fotografía como un medio de expresión, creación e comunicación entre os escolares galegos.

O certame, organizado pola Asociación de Amigos do IES Monelos, está apoiado por Gadis –representado por José Luis Fernández, director de Comunicación– e máis o Concello da Coruña.

O acto de entrega convocouse no salón de actos do IES Monelos da Coruña este xoves 23 de maio coa asistencia de membros da xunta directiva da Asociación de Amigos do instituto deste barrio coruñés.

Xurado do 19º premio Xurxo Lobato de fotografía

Días atrás, na sede da Real Academia Galega de Belas Artes na Casa do Consulado da rúa Panadeiras da Coruña, reuniuse o xurado para decidir o 19º premio Xurxo Lobato de fotografía, correspondente ao corrente ano 2024. 

O xurado, nomeado para o efecto pola xunta directiva da Asociación de Amigos do Instituto Monelos, estaba integrado por Xosé Antón Fraga (presidente), Xurxo Lobato, Marcos Sánchez, Lucía Patiño, Xosé Díaz e Xoán Antón Pérez-Lema (secretario).

Os premiados son de varias cidades de Galicia

Logo dunha demorada análise das obras recibidas o xurado, por unanimidade, acordou o outorgamento dos  premios as seguintes persoas:

1º premio: Valentina López López, EASD Mestre Mateo de Compostela. Título: Volátil, Tolemia, Oniria. 

2º premio: María Martínez Prado, IES de Sar de Compostela. Titulo: Pinzas de Buxantes.

3º premio: Emma Arango Branco, IES Plurilingue Adormideras da Coruña. Título: Retrato.

Mención  de honra: Katarina Mèlikhova do IES de Sar de Compostela.

Mención de honra: Guilherme da Silva Teodoro de Olivera Lima, de EASD Ramón Falcón de Lugo, con Saltador.

Finalistas: Alba Rivas Perez do EASD Mestre Mateo, con El bosque de los intrusos; Ana Salgueiro Torres do IES Sar de Compostela, con  Autometaforse; Aroa Losada Castro do IES Plurilingue Adormideras da Coruña; Bruno Alvarez Giménez  do IES Santo Tome de Freixeiro de Vigo, con Tarde; Claudia Perez Villalta do IES Francisco Aguiar de Betanzos, con Umani; Diego Sebastian Alfonzo Cañizales do IES Monelos da Coruña, con Móbil; Gloria Iglesias Grobas do IES Curtis, con Galiza; Iria  Garcia Puga do IES Monelos da Coruña con Rocío; Jerome Galán Núñez do IES Politécnico de Vigo, con Diálogo; Leon de Otaduy Palomino do IES Plurilingüe Adormideras da Coruña, con Tiredness of youth; Lucía Domínguez Pena, do IES Plurilingüe Adormideras da Coruña; Lydia López Neira do EASD Ramón Falcón de Lugo, con Catarsis; María Teresa Rey García do IES Plurilingüe Adormideras da Coruña, con Autorretrato no mar; Mía Alonso Damil do IES Plurilingüe Adormideras da Coruña con No vértice; Nerea Rodríguez Pérez, do EASD Ramón Falcón de Lugo, con Danza do fume; Sofía Marugg Díaz, do IES Plurilingüe Adormideras da Coruña, con Estereo; Stella Fernández Abella, do EASD Pablo Picasso da Coruña; Uxía Pereiro Freiria, ddo IES Sar de Compostela, con Miedo; Xián Duarte Pérez, do IES Plurilingüe Adormideras da Coruña; Yeisbeth Pabón de los Santo do IES Plurilingüe Adormideras da Coruña, con Torre de Hércules”. @mundiario

Comentarios