Unai Sordo pechou a XII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia

O líder de CC OO falou de inflación e de emprego e fixo unha especial mención á ausencia dun pacto de rendas en España.
XII Reunión Anual del Foro Económico de Galicia. / Mundiario
XII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia. / Mundiario

O impacto económico da implantación da intelixencia artificial nas empresas e institucións galegas, a complexidade da transición enerxética nun entorno de incerteza ou o galego como factor diferencial foron abordados en profundidade nas duas xornadas da XII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia que rematou cun coloquio co secretario xeral de CC OO, Unai Sordo.

O líder sindicalista falou de inflación e de emprego e fixo unha especial mención á ausencia dun pacto de rendas en España.

Tanto o presidente do Foro Económico, Emilio Perez Nieto, como o seu director, Santiago Lago, agradeceron a activa participación dos asistentes e lles convidaron a darse cita nun ano no mesmo lugar: na Costa da Morte, en Muxía.

As xornadas asistiron más de 70 participantes, entre especialistas, profesores universitarios, empresarios, xornalistas e líderes de opinión.

O galego e a empresa

Por primeira vez nas xa doce edicións celebradas das reunións anuais do Foro Económico de Galicia, abordouse a situación da língua galega en xeral e o seu uso nas empresas de maneira particular. A sesión da mañá deste venres arrincou cunha ampla mesa de expertos da língua como Ramón Villares, Xosé Luís Barreiro, Darío Villanueva e José María Fonseca. Todos eles achegaron os seus puntos de vista sobre o estado de saúde da lingua galega.

Moderados pola xornalista Fernanda Tabarés, realizaron unha minuciosa análise sobre o uso social e profesional do galego e tamén das perspectivas e estratexias que deberían poñerse en marcha para impulsar o idioma.

Xosé Luís Barreiro, (USC), afirmou: “Hoxe temos un galego cuestionable, os que falan ben consideran que o falan mal, e os que o falan mal pensan que o falan ben”. Para Darío Villanueva é preferible falar de iberofonía que de lusofonía e apostar pola suma dos luso falantes xunto aos hispano falantes, que na súa totalidade acadan máis de 750 millóns de persoas. Villanueva afirmou, por outra banda, que Galicia está hoxe máis preto do bilingüismo e que falar galego xa non ten unha connotación negativa. O debate sobre o idioma suxeriu tamén a intervención doutros participantes, como a de Senen Barro, quen lembrou que existe un espazo importante para o desenvolvemento do galego nas tecnoloxías.

Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa. / Mundiario
Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa. / Mundiario

A transición enerxética

Os aspectos máis técnicos da transición enerxética foron abordados por Emilio Bruquetas, de Reganosa e Arturo Gonzalo de Enagas. Ámbolos coincidiron en salientar as potencialidades e os retos que supón a transición enerxética para Galicia.

Emilio Bruquetas indicou que a comunidade parte nunha boa posición, pero aínda ten un camiño importante para reducir a cero a dependencia exterior. Tamén recalcou que isto requirirá dunha implantación de enerxías renovables e almacenamento para garantir a dispoñibilidade deste tipo de  enerxía.

Pola súa banda Arturo Gonzalo realizou un diagnóstico do contexto global, coa guerra de Ucraina de trasfondo á vez que recalcou o determinante que resultará alcanzar un prezo de fabricación adecuado para conseguir un hidróxeno competitivo.

A implantación da Intelixencia Artificial

Desde o Foro Económico de Galicia considérase determinante a implantación da Intelixencia Artificial (IA) nas empresas como ferramenta básica de mellora dos seus resultados e, polo tanto, da situación económica xeral. Así, a capacidade de integración da IA xerará claras vantaxes competitivas entre as comunidades autónomas.

María Bastida, profesora da USC, presentou un informe sobre o “Impacto Económico da Intelixencia artificial en Galicia”, un diagnóstico do estado actual da IA no tecido empresarial galego que deu lugar a un debate posterior entre Amparo Alonso (UDC), Senén Barro (USC) e Antonio Rodríguez del Corral (Cinfo).

A principal conclusión deste mapeo indica que as empresas galegas non poden considerarse líderes en IA, na gran maioría dos casos recorren a provedores externos para o desenvolvemento destas ferramentas, (nove veces máis que a media do Estado) pero, ao mesmo tempo, as compañías que teñen a intención de adquirir algún tipo de tecnoloxía intelixente son máis que a media nacional. Os expertos conclúen que en Galicia a IA está nunha fase moi incipiente e só unha porcentaxe escasa de empresas ten a capacidade para actuar como líder. En canto ás recomendación, os expertos destacan tres bloques de traballo: a mellora na infraestrutura, a aposta pola formación e o fomento do talento así como o reforzo das líneas de financiamento público. @mundiario

Comentarios