Diego Calvo destaca a importancia da análise económica como vía para construír un mellor futuro

Presentación del Anuario 2022 en el rectorado de la Universidade da Coruña. / M. C.
Fernando González Laxe, Emilio Pérez Nieto, Diego Calvo, Julio Abalde, Santiago Lago, Imelda Capote e José Luis Gómez na presentación do Anuario 2022 do Foro Económico de Galicia. / M. C.
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na presentación do Anuario 2022 do Foro Económico de Galicia na Coruña.
Diego Calvo destaca a importancia da análise económica como vía para construír un mellor futuro

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves na presentación do Anuario 2022 do Foro Económico de Galicia, onde se referiu á relevancia da análise económica como vía para afrontar escenarios de incerteza e construír un mellor futuro. 

Diego Calvo incidiu na necesidade de afondar no pasado para enfocar a toma de decisións coas máximas garantías, sobre todo en contextos económicos convulsos como o que estamos a vivir. Sinalou tamén a importancia de adoptar medidas de xeito áxil. “Xa sabemos por experiencias pasadas que canto máis se tarde, máis duros serán os axustes”, engadiu.

Nesta liña Diego Calvo destacou a xestión sustentable das contas públicas galegas, que permitiu consolidar e aprobar novas rebaixas fiscais que supoñen 1.000 millóns de euros en aforro para a poboación, entre outras accións.

Ademais, para o vicepresidente segundo, entidades de referencia como o Foro Económico de Galicia deberían estar máis presentes nas tomas de decisións.

 

Diego Calvo lembrou que a Xunta xa contou con esta plataforma para participar no comité de expertos creado en 2020 co obxectivo de deseñar medidas de reactivación fronte á pandemia. “Debemos felicitarnos por contar en Galicia con este foro de transferencia do coñecemento, que facilita que flúa a información cara á sociedade e os espazos de decisión pública”, afirmou.

Asistentes a presentación do Anuario 2022 do Foro Económico de Galicia. / Mundiario
Asistentes a presentación do Anuario 2022 do Foro Económico de Galicia. / Mundiario

Xunto a Diego Calvo interviron Julio Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña (UDC); Imelda Capote, delegada especial en Galicia da Axencia Tributaria; Emilio Pérez Nieto, presidente do Foro Económico de Galicia; Santiago Lago Peñas, director do Foro Económico de Galicia; Fernando González Laxe, membro do Comité Executivo do Foro Económico de Galicia e catedrático da UDC, e José Luis Gómez, editor do Anuario 2022, que comentou as mensaxes da vicepresidenta primeira do Goberno de España e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, que fallou mediante un vídeo. @mundiario

Comentarios