Repsol de A Coruña, o terceiro complexo industrial maior emisor en Galicia

Refinería de Repsol en A Coruña.
Refinería de Repsol en A Coruña.

Na Coruña e na súa comarca hai alta contaminación por óxidos de nitróxeno e hidrocarburos. As refinerías de petróleo no seu funcionamento “normal” emiten máis de  20 contaminantes a atmósfera e 19 contaminantes a auga. ¿Hai control da situación?

Repsol de A Coruña, o terceiro complexo industrial maior emisor en Galicia

Ademais dos Gases de Efecto Invernadoiro, as refinerías de petróleo no seu funcionamento “normal” emiten máis de  20 contaminantes a atmósfera e 19 contaminantes a auga. Fixémonos so en algúns deles: Óxidos de nitróxeno, Compostos Orgánicos Volátiles non metano (COVNM)  e metais pesados. Repsol YPF de A Coruña  emitiu no 2016, segundo datos do Rexistro de Emisións Contaminantes do Estado (PRTR), un total de  2.480 toneladas de Óxidos de nitróxeno (NOx),  sendo o  terceiro complexo industrial maior emisor en Galicia  de vinte que declaran estas emisións. Tan só superan a Repsol  dous complexos: a Central Térmica de As Pontes e a C.T. de Meirama. Galicia figura no conxunto do Estado como o terceiro maior emisor por  NOx co 11,4% do total.

A preocupación do complexo por estes contaminantes  parece que non foi moita, por non dicir ningunha, xa que as emisións  de óxidos de nitróxeno do ano 2016 son maiores que as do ano 2000 ou 2007 e a tendencia foi a  subir dende o ano 2000.

Emisión NOx no 2016: 2.480 t
Emisións no 2007: 2.370 t
Emisións no  2000: 1. 949,4 t

Cando  estamos expostos a este gas e os respiramos, aínda  con concentracións que estean dentro da lexislación vixente , poden irritar os ollos, o sistema respiratorio e pulmóns...  Os óxidos de nitróxeno ademais  reaccionan cos Compostos Orgánicos Volátiles (COVNM) formando compostos máis tóxicos . O NOx igual que o dióxido de xofre tamén por reaccións na atmosfera  da orixe a deposición e “choiva ácida” que prexudica seriamente aos ecosistemas terrestres e acuáticos.  

Con relación aos hidrocarburos  temos aos  Compostos Orgánicos Volátiles non metano (COVNM)  que emite a refinería nunha cantidade de  948 toneladas , sendo o terceiro emisor de Galicia  dos nove con datos no PRTR . Tan so superan a Repsol o complexo  PSA-Citroen de Vigo (1.810 t) e Finsa-C. Noroeste de Santiago ( 1.200 t).  As emisións galegas de COVNM son importantes e representan o 14,04% do Estado , sendo a segunda comunidade por emisións . 

Emisión COVNM no 2016:  948 t
Emisións no 2007: 1.010 t
Emisións no  2000: 333,6 t

Os  Compostos Orgánicos Volátiles non metano, reaccionan con óxidos de nitróxeno en presencia da luz para dar  o prexudicial ozono troposférico gas tóxico e tamén orixinan a “néboa fotoquímica”. O COV e os compostos produto de reaccionar  con outros gases poden afectar o sistema respiratorio e provocar edema pulmonar e enfermidades respiratorias crónicas. Causan irritación ocular, de  nariz e gorxa .  Os hidrocarburos  danan a vexetación, sendo algunhas plantas moi sensibles ao ozono e aos nitratos de peroxiacilo que se forman na atmosfera – contaminantes secundarios-. 

Outros contaminantes que se emiten nas refinerías son  metais pesados.   Repsol emite 56 kg de metais pesados a atmosfera  sen que declare emisións de mercurio, zinc, cadmio, arsénico, cloro, benceno, partículas e  amoníaco, contaminantes  presentes nas emisións das refinerías (cuantificados en varios anos da serie 2007-2016), pode suceder que as súas emisións non alcancen un umbral mínimo para declaralo, por exemplo si o volume de emisión das partículas non chega a  50 toneladas, si o benceno non pasa de 1 tonelada, si  o mercurio ou o cadmio non alcanza 10 kg...  tamén  existe a  posibilidade de  que  non  interese citalos . 

Os metais pesados tamén  están presentes no vertido  de augas industriais  da refinería : 3.254.602 m3/ano.  O consumo de auga que realiza Repsol  da rede municipal é moi alto : 1,7 millóns de metros cúbicos/ano ,  chegaría para abastecer mais de dous meses a cidade de A Coruña. 

Por último citar que o Complexo  consume  moita  electricidade: 347.845 MW. Chegaría para iluminar a poboación de varias vilas, Repsol non se preocupa moito en aforro de electricidade xa que a refinería produce enerxía eléctrica  en dúas plantas de coxeración, e ten unha potencia instalada de 93,7MW coa que pode autoabastecerse e ademais, exportar a rede. Repsol afirma que “comparativamente falando, nunha hora o complexo produce unha cantidade de enerxía equivalente a dúas veces o consumo dun municipio como A Coruña.

Contaminación e consumos de auga e electricidade son altos en Repsol, a empresa  recoñece que o análise do comportamento das instalacións durante 2016 y 2017 detectou  que varios dos procesos que nela se desenvolven "superan" ou "están próximos ao límite" de emanación de partículas contaminantes fixados en 2015 para as actividades de refino en base a una directiva europea. 

Para adaptarse a Normativa Europea na Revisión da Autorización Ambiental Integrada, AAI,  que  presentou este ano  informa a Xunta que vai  realizar actuacións para reducir emisións de diferentes contaminantes : óxidos de nitróxeno, dióxido de xofre e partículas.  

Ante esta situación podemos preguntarnos: Xa que as empresas  son reticentes a diminuír a contaminación e voluntariamente non o fan, ¿elaborará a Xunta  algún día un Plan Global, obrigando a cada complexo  a diminuír a contaminación, sin esperar a que dende Bruxelas  os obriguen dándolle prazos concretos? A nosa saúde e os ecosistemas agradeceríano, en especial a cidade de A Coruña e a súa comarca. @mundiario

Repsol de A Coruña, o terceiro complexo industrial maior emisor en Galicia
Comentarios