Pacto unilateral ou inicio dunha fronte eólica?

Valentín González Formoso. / PSdeG
Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG - PSOE. / PSdeG

En Galicia, a patronal eólica preme para implantar máis parques, a cambio de nada. No surrealismo deste sector eólico pretenden ter máis parques, pero menos industria eólica. Cal debe ser a resposta?

Pacto unilateral ou inicio dunha fronte eólica?

Da man do Partido Socialista de Galicia - PSOE presentouse o que consideran  o “primeiro pacto pola enerxía eólica  de todo o Estado español”. Si profundamos na lectura do documento, únicamente vemos unha serie de declaracións de principios ou de intencións con propostas e peticións  que  se orientan a Administración  e aos promotores eólicos. 

Declaracións de intencións de diversas organizacións  que  non  parecen interesadas en concretar  aspectos básicos relacionados cos parques eólicos. No documento abundan termos abstractos como:  buscarase a integración,  primaranse os proxectos,  valoraranse os acordos e proxectos que xeren emprego adicional (esixir, sería demasiado?) ... Tampouco se cuantifican outros aspectos fundamentais:  revisarase o canon eólico (canto?),  fixaranse as distancias  dos aeroxeradores a vivendas e núcleos en función da características e potencia (en que medida?), esixiranse avaliacións ambientais rigorosas (si antes non eran rigorosas como non as denunciaron?)...   

O denominado pacto pola enerxía eólica non di nada da instalación de parques en zonas previstas de ampliación da Rede Natura, ampliación conxelada interesadamente dende anos pola administración e o Goberno galego. Tampouco sabemos o que opinan da repotenciación eólica en zona de Rede Natura e descoñecemos o que pensan da  eólica mariña fixa e da eólica flotante.

Por non saber non sabemos si lles parece ben que sigan activos parques eólicos  repotenciados (Corme G-3) cando o Tribunal Superior de Xustiza  de Galicia en sentencia 17/2022  declarou a sua repotenciacion non acorde a dereito e motivo de nulidade; entre outros motivos, dictase que, os trámites de información pública de impacto ambiental  tiñan que ter 30 días e o Consello da Xunta  acordara (15.02.18) declarar de interese especial a modificación reducindo o prazo, a 15 días...

Dende a fronte podíase chegar a un pacto

En definitiva,  non se pode ofrecer unha declaración de intencións  sin concreción  nin afirmar que se fai o primeiro pacto da enerxía eólica  do estado, porque un pacto estabelecese entre partes, e aquí nin a administración nin as empresas están representadas no Pacto e a maiores existe un loby de empresas eólicas (autodenominado “movemento”) que consideran  a Galiza como terreo conquistado  pretendendo intensificar a eólica, e contamos cunha administración débil  que se prega aos mandatos das multinacionais eléctricas.

Outra cousa sería si se criase unha fronte eólica ampla que abarque a toda a oposición parlamentaria, a todos os sindicatos, organizacións ecoloxistas, asociacións e movementos de afectados directa e indirectamente... que plasme nidia,  con concreción  e transparentemente medidas imprescindibles e  as cuantifique. Seguro que dende a fronte podíase chegar a un pacto. @mundiario

Comentarios