En Galicia sobra eucalipto e falta millo, segundo Ramón Varela

Ramón Varela Díaz. / Mundiario
Ramón Varela Díaz. / Mundiario

É o autor da obra titulada Eucaliptos e o forestal arborado, coa que a Fundación Galiza Sempre abre os seus cadernos de análise Ideas Impresas.

En Galicia sobra eucalipto e falta millo, segundo Ramón Varela

"A política forestal aplicada na Galiza, primeiro polo Estado e despois polo goberno autonómico, continúa hoxe a intensificar a produción de madeira de baixa calidade partindo dun modelo de monte baseado en eucaliptos e piñeiros", segundo advirte o catedrático Ramón Varela Díaz, autor da obra titulada Eucaliptos e o forestal arborado, coa que a Fundación Galiza Sempre abre os seus cadernos de análise Ideas Impresas.

Na publicación, o catedrático e doutor en Bioloxía Ramón Varela Díaz, colaborador da edición GALICIA de MUNDIARIO, que foi presidente de Adega, fai un repaso do ordenamento forestal galego nos últimos anos, así como unha análise dos usos do monte e da madeira máis alá de Ence, a industria máis contaminante da ría de Pontevedra, cuxo traslado, como lembra o autor na publicación, está en mans do Goberno de Pedro Sánchez.

Sendo presidente de Adega, Moncho Varela presentou a primeira Iniciativa Legal Parlamentaria (ILP) na defensa dun cambio no modelo forestal galego, para afastalo do munocultivo de eucalipto e piñeiro, que foi finalmente desbotada. Orientar a produción  a madeira  destinada a celulosa, papel e taboleiros  so favorece a determinadas empresas como Ence ou Finsa.

Portada de Eucaliptos e o forestal arborado. / Mundiario

Portada de Eucaliptos e o forestal arborado. / Mundiario

Moito eucalipto, pouco millo

Dende  1984 en Galicia multiplicouse por tres a extensión de eucalipto e a produción de madeira (piñeiros e eucaliptos)  e diminuíu por tres a produción de millo e outros cereais, según os datos que manexa Ramón Varela Díaz.

No acto da presentación de Eucaliptos e o forestal arborad participaron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernandez Lores, e a integrante da Fundación Galiza Sempre Lucía Veciño

O caderno Eucaliptos e o forestal arborado forma parte da colección de análise Ideas Impresas, que a Fundación Galiza Sempre está a relanzar cunha nova edición e deseño. O de Ramón Varela Díaz é o primeiro, seguido de A situación da ría de Ferrol, de Joam Luís Ferreiro. Antes de que remate o ano sairán do prelo dous máis, un sobre A Lei de Memoria Histórica, coordinado polo deputado Luís Bará, e outro sobre Violencia de Xénero da man da profesora de filosofía Carme Adan. @mundiario

En Galicia sobra eucalipto e falta millo, segundo Ramón Varela
Comentarios