Galicia gaña coa marcha de Rajoy

Mariano Rajoy y Alberto Núñez Feijóo.
Mariano Rajoy y Alberto Núñez Feijóo.

No caso do noso país abonda para exemplo a aldraxe do bloqueo da transferencia da AP-9, coa inestimábel colaboración dun Feijóo convertido dende a súa maioría absoluta de setembro do 2016 moito máis nun gobernador provincial ca no presidente dun país que o Estatuto lle encarga ser.

Galicia gaña coa marcha de Rajoy

Mariano Rajoy usou e abusou da maioría absoluta limitando as  liberdades, reducindo os servizos públicos, e recentralizando política e económicamente España. Galicia non irá a peor, senón que pode mellorar, malia que a fiestra de oportunidade que se abre é limitada polas especiais circunstancias da xénese e apoios do Goberno Sànchez.

A maioría absoluta do PP no Estado (decembro 2011-decembro 2015) supuxo unha concentración de poder inédita na historia da imperfecta e limitada democracia española. Porque ao control do Executivo estatal e á maioría absoluta no Congreso ne Senado sumábanse a meirande parte dos gobernos autonómicos e Poder local. Alén diso, Rajoy subrogábase nunha composición do Tribunal Constitucional e do Consello Xeral do Poder Xudicial aínda subsidiaría do aznarato, maioría xudicial que afortalou no uso da súa maoría absoluta. Na democracia española non houbo unha persoa que desfrutase de semellante concentración de poder.

Rajoy aproveitou esta case omnímoda capacidade para desenvolver políticas de deconstrución dos dereitos sociais e das liberdades públicas, de recentralización territorial e de afondamento nas desigualdades, demostrando unha vez máis que a recentralización camiña sempre na compaña da limitación das liberdades e do autoritarismo. Deste xeito, os galegos sofrimos a limitación da liberdade da chamada “lei mordaza”, o recurte á autonomía local e á extensión e calidade dos servizos públicos dos concellos da lei de modernización dos gobernos locais, a limitación das bolsas e da liberdade da Xunta para fixar os contidos no ensino da lei Wert ou a imposición dunha política de horarios comerciais moi prexudicial para o noso comercio de proximidade.

Nesta lexislatura Rajoy, sen maioría absoluta, continuou usando do filibusterismo parlamentario (dende a súa maioría canda Cs na Mesa do Congreso e dende a capacidade parcial de veto do Executivo) para manter esas políticas. No caso do noso país abonda para exemplo a aldraxe do bloqueo da transferencia da AP-9, coa inestimábel colaboración dun Feijóo convertido dende a súa maioría absoluta de setembro do 2016 moito máis nun gobernador provincial ca no presidente dun país que o Estatuto lle encarga ser.

Velaí que a mera remuda a un Goberno suxeito a controis e contrapoderes (só 84 deputados  dos 180 sobre 350 da maioría que o investiu) e obrigado a pactar  para lle dar pulo a unha axenda política de amplo espectro sexa unha oportunidade –malia que probàbelmente limitada– para Galicia e para a súa maioría social. Para recuperar liberdades, pór o acento nos intereses das maiorías, frear e mesmo reverter a recentralización e mellorar o autogoberno  e, deste xeito, o benestar. @mundiario

Galicia gaña coa marcha de Rajoy