Unha carta mariña perdida no mar de Arousa, amarela e con manchas de café

Bateas en la ría de Arousa. / Turgalicia
Bateas na ría de Arousa. / Turgalicia
A cor da carta mariña mudara na maior parte da súa extensión a marelo, conservando un pouco da orixinal, branca, en espazos moi máis reducidos. 
Unha carta mariña perdida no mar de Arousa, amarela e con manchas de café

​Nada hai máis grato ca un agasallo de amigo con recendos de mar e que "fala" de mar. Como fala unha carta mariña que, é ben seguro, pasou polo cuarto de derrota marcando rumbos a seguir, establecendo rutas para chegar a porto seguro, calculando tempo de singradura.

​Luís era un antigo estudante na Escola de Náutica da Coruña, que preparaba o "salto" ao posto de máxima responsabilidade a bordo dun buque: capitán. Cumprira os días esixidos de navegación para os titulados de ponte e agora aspiraba a ser o que ningún membro da súa familia fora ata aquel momento: mandar un barco mercante. Posiblemente un que lle ofrecera a compañía navieira na que fixera as prácticas e onde pasara pola experiencia de ser un segundo e un primeiro oficial, baixo as ordes do capitán efectivo. A empresa armadora dixéralle que superara o exame pertinente e que, unha vez co título no peto, se presentara de novo en Bilbao onde, habilitado oficialmente para elo, podería mandar o novo buque da compañía, rompendo o vello dito segundo o que "a barco novo, capitán vello". El, Luis, sería un capitán novo -iso sí, con experiencia- na ponte de mando dun buque tamén novo.

Era uns anos maior ca min, o que non foi obstáculo para que compartiramos unha boa amizade. Os dous eramos bastante calados, reservados. Falabamos o imndispensable, pero entendiámonos con poucas verbas. Un día díxome que tiña que me pedir un favor, que precisaba de axuda. Solprendido, respostei que se estaba na miña man, podía contar comigo.

E o asunto era o seguinte: tiña que facer prácticas de morse e non dispuña na súa casa –a casa patricia, sen pai nin irmáns, só coa nai– de ninguén que lle botara unha man no estudo desta especialidade. 

Cando souben que era que precisaba de min, dixen a verdade: "Non teño nen a máis mínima idea de morse". Botóuse a rir antes de me dicir: "Trátase de que tí, co pulsador, marques -escribas- unha letra, unha palabra, unha frase das que figuran neste libro. Cando o fagas, acenderáse esta lámpada ao contato do pulsador e eu iréi traducindo o que escribas polo tempo de duración da luz acesa".

Así o fixen. Collínlle gusto e un certo xeito ao conto. Luis coñecía perfetamente o abecedario morse e eu ía aprendendo a desentrañalo. 

UNHAS VACACIÓNS INESQUECIBLES

Foi un verán, polas mañás, os martes, xoves e venres, de dez a doce e media ou trece horas, coa praia a escasos cen metros da casa paterna deste amigo do que gardo boa memoria. 

Cando entraba no seu domicilio para compatir as clases de morse, había que percorrer un largo corredor que adornaba as súas paredes con moitos motivos mariñeiros. Un deles chamou sempre a miña atención. Era unha carta mariña que, enmarcada e acristalada, presidía unha parede entre dúas ventás que abrían á rúa. O marco, azul escuro, dáballe unha certa prestancia. Pero máis e mellor era a lenda da propia carta: "Spain West Coast. Cabo Toriñana To Punta Carreiro. From Spanish Governement Surveys 0f 1907-1908". Nesa carta mariña aparecían marcas a moreas, trazas a lápis máis ou menos borradas e buratiños a penas perceptibles supoño que producidos polas puntas dun compás. A carta mariña tiña manchas de humidade e moitas outras que, sen dúbida, eran de café. Ou de té. A cor da carta mariña mudara na maior parte da súa extensión a marelo, conservando un pouco da orixinal, branca, en espazos moi máis reducidos. 

UNHA CARTA DE REFERENCIA

Esta carta sempre me obrigou a ollala cando iamos Luis e máis eu cara á sala que el utilizaba para estudar e na que faciamos as prácticas de morse.

 Un día, o propio Luis preguntóume se me chamaba a atención aquela carta que ollaba con largueza tanto na ida coma na volta. E dixen que si, efectivamente, porque nunca antes vira outra.

Luis informou: "Pertenceu a meu avó materno. Pero non porque el fora mariño, senon porque a atopou na praia do Touro, entre as pedras, no interior dunha saquetiña supostamente impermeabilizada con pez na que, sen embargo, penetrara a auga do mar. Velaí a humidade que lle afectou e que nunca fun quen de limpar. Esta carta mariña foi a que, en grande medida,  me levou a estudar a carreira de Náutica. Unha carta que, é ben seguro, pertenceu ao capitán de algún buque afundido Deus sabe cándo e onde. A carta, no intherior dese saquiño que dixen, seguramente entrou na ría de Arousa e veu parar ao Touro, onde meu avó Manuel a atopou que sabe canto tempos dempois do afundimento do buque.

CAVILÉI SE NON SERÍA DO SANTA ISABEL

O primeiro que penséi foi en que poidera ser unhas das cartas utilizadas a bordo do buque-correo Santa Isabel, afundido na costa da illa de Sálvora e que deixou un ronsel de mortos que, cando falabamos do que relato -anos 60 do século pasado- aínda era historia viva en todo o mar arousán.

 Para Luis era moi importante aquela carta, pertencera ou non a esa historia tráxica do Santa Isabel. Tanto que, para me agradecer a axuda que lle prestara -mínima, pola miña parte- uns días antes de realizar as probas na Coruña para a súa confirmación coma capitán, díxome na porta da súa casa ao nos despedir: "Cando remate os exames ei chamarte para celebrarmos o meu título de capitán". Maticei: "Será se aprobas". E moi seguro, respostou: "Aprobaréi".

Aprobou. E o día anterior ó de se incorporar ao destino, díxome se podía achegarme á súa casa ese día pola tarde.

 Aló fun. Recibiume na porta, coma decote. E no mesmo corredor que tantas veces percorrera,  entregóume un sobre de grandes dimensións no que figuraba escrito con pluma o meu nome e a seguinte lenda: "Para o meu amigo Antón, co agradecemento deste novo capitán da Mariña Mercante pola súa inestimable axuda. Luis F. S.".

Non fun quen de pronunciar unha soa palabra: no interior dese sobre, pregada coidadosamente, estaba a carta mariña que o avó de Luis atopara un día na praia do Touro. 

Démonos unha forte aperta, desexóume moita sorte e eu díxenlle: "Que teñas sempre boa proa, Luis". 

Témonos atopado polo Malecón de Riveira. Moi poucas veces, certamente. Pero vai xa unha chea de anos que non nos vemos. Nin sei nada del. Pero a carta mariña con manchas de café (ou de té, non séi), con marco de madeira azul que eu encarguéi, permanece pendurada no corredor da miña casa, perto dos libros que máis estimo. 

Cada vez que vou ao meu cuarto bótolle unha ollada á carta marela, con manchas de humidade, café (ou té) e, supoño, gardadora de soños sen conto dun capitán que un dìa perdeu o seu barco a saber onde. Quen sabe se o barco tamén o perdeu a el, a un capitán que tomaba café (ou té) mentres trazaba rumbos no mar da Costa da Morte, no noroeste de Spain e outros mares. Poida que A Costa da Morte fose a derradeira derrota. @mundiario

Unha carta mariña perdida no mar de Arousa, amarela e con manchas de café
Comentarios