Carecer dunha política de solo industrial: o grave erro estratéxico de Feijóo

Parque Empresarial de Laracha (A Coruña). / seasuelo.com
Parque Empresarial de Laracha (A Coruña). / seasuelo.com

O promover dun xeito axeitado solo empresarial, como fixo o presidente González Laxe con Tecnópole en San Cibrao das Viñas a finais dos 80, é sen dúbida, un dos retos de modernización e progreso que Galicia ten por diante.

Carecer dunha política de solo industrial: o grave erro estratéxico de Feijóo

A chegada de Fernando González Laxe á presidencia da Xunta de Galicia supuxo un forte impulso ás políticas de xestión do solo industrial no noso país. Os primeiros grandes polígonos empresariais galegos promovidos pola Xunta de Galicia foron por iniciativa dos socialistas coa súa presidencia e o nacemento de XESTUR. Asimesmo, o primeiro parque empresarial especializado, Tecnópole, no municipio de San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense, segue a ser todavía hoxe un exemplo de boa planificación do solo industrial.

Tras anos nos que os Xestures provinciais, coa chegada de Manuel Fraga, se converteron en elementos de planeamento descoordinado nos que os polígonos industriais se construiron sen un enfoque serio e eficiente a nivel galego, e moitas veces con fins especulativos, temos chegado a unha situación no que as empresas galegas marchan a Portugal ou outros países e non temos chan empresarial onde se precisa, mentres moitos polígonos se atopan abandonados e baleiros por unha nefasto planeamento da política de solo industrial. Exemplos como os do porto seco de Salvaterra ou o polígono de Catoira, ou os moitos existentes no interior de Lugo e Ourense.

A situación actual da industria en Galicia, na metade da segunda década do século XXI, non invita a un excesivo optimismo. O ciclo da producción industrial galega ven sendo claramente descendente dende o ano 2010. O pouco pulso da demanda, tanto española como europea, está detrás deste comportamento. Observando a evolución da economía galega apreciase como o sector industrial non termina de alcanzar siquera o 20% de peso no conxunto da economía galega. Estamos por debaixo da media española e especialmente lonxe de economías situadas tamén no norte peninsular como Cataluña e País Vasco. Realidades como esta explican que Galicia sexa a unha das comunidades autónoma do norte de España coa tasa de paro máis alto.

Unha medida ben planificada, como por exemplo foi a creación do Parque Tecnolóxico de Galicia na provincia de Ourense por parte do goberno da Xunta do período 1987-1990, axuda a Galicia interior a non quedar atrás no desenvolvemento industrial

Outra cuestión determinante no análise da industria en Galicia é a súa localización territorial. Máis do 80% da produción e o emprego industrial se xera nas provincias de A Coruña e Pontevedra, non resultando esaxerado indicar que a súa presenza se circunscribe a os sete principais núcleos urbanos e a o seu contorno. Nestes lugares o seu desenvolvemento viuse interrumpido polo déficit de terreo industrial, problema que adquiriu matices case dramáticos en Vigo e a súa área metropolitana. Por outra banda, son aínda escasas as relación de complementariedade existentes entre os diferentes núcleos industriais galegos. Non se constata a existencia dun sistema de redes que vertebre o conxunto do territorio galego dende o punto de vista industrial.

É chamativo que isto aconteza cando se ten comprobado que unha medida ben planificada de especialización, como por exemplo foi a citada creación do Parque Tecnolóxico de Galicia na provincia de Ourense por parte do goberno da Xunta do período 1987-1990, axuda a Galicia interior a non quedar atrás no desenvolvemento industrial. 

Xoaquín Fernández Leiceaga. / PSOE
Xoaquín Fernández Leiceaga. / PSOE

 

O feito de que a Administración proporcionase solo industrial urbanizado en lugares afastados dos principais núcleos industriais, coa finalidade de desenvolver áreas máis rurais, fracasou ante as vantaxes proporcionadas polas aglomeracións industriais e urbanas.

Ter un ente promotor autonómico, XESTUR por cada provincia, e que ademáis misturase o solo empresarial co residencial, en vez de unha única sociedade galega centrada no solo empresarial dende o comenzo contribuíu a ese fracaso, así como a proliferación de entes públicos de promoción de polígonos por iniciativa de deputacións como a de Pontevedra e Ourense ou por acordos específicos entre entes públicos promotores de ámbito autonómico e nacional para crear innecesariamente outras sociedades co mesmo fin, as veces, baixo a idea que a promoción de solo empresarial afastado de núcleos moi habitados, sería a base para que unha vez creada a oferta, xurdiría unha nova demanda. Un feito que foi un absoluto fracaso.

Un exemplo claro de que a política de solo industrial non debe misturarse coa política de solo residencial, pois require unha sensibilidade especial e propia, nun intre no que Galicia precisa unha clara aposta pola industrialización, como motor de loita contra a crise. A realidade é que Galicia non alcanza o 20% en ningunha das catro provincias da comunidade autónoma namentres que en Europa a media se sitúa no 30%.

E a elo contribuiu sen dúbida un mal deseño institucional en materia de solo industrial. A desaparición da Dirección Xeral de Industria, substituida por unha raquítica Subdirección Xeral de Administración industrial e disgregadas as súas competencias entre a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Xestur, o IGVS  e un IGAPE inoperante, afogado e claramente ineficiente teñen levao a Galicia a carecer dunha clara política de solo empresarial clara en Galicia.

Na actualidade non existe unha política de promoción industrial clara na Xunta de Galicia. Adícase a promover parques empresariais, sen precuparse de dinamizalos unha vez os vende

Esa ausencia dunha verdadeira política autonómica de promoción de solo industrial para o conxunto da comunidade é un dos factores que explica o feito de que Galicia non estea avanzando na necesaria converxencia coa economía española e europea. Podemos dicir por tanto, que na actualidade non existe unha política de promoción industrial clara na Xunta de Galicia. Adícase a promover parques empresariais, sen precuparse de dinamizalos unha vez os vende.

Metafóricamente falando, poderiamos dicir, que se non temos unha política de solo industrial clara, e por tanto, non temos sólo industrial ou o temos mal ubicado, é como se tivésemos unha estantería rota ou pequena. Por moi bos libros (industrias) que teñamos, non poderemos colocalos.

Ao final, o que evidencia esta situación e a descoordianción administrativa en materia de política de solo industrial, é unha falla de política económica, que é a que debe xerar as condicións estruturais do desenvolvemento económico (solo industrial, redes dixitais, facenda propia, etc....) e por conseguinte, non poderá facer fronte á a política industrial, debe velar polas necesidades sectoriais e conxunturais da nosa industria.

E elo pasa obrigatoriamente por dotarse dunha política de solo industrial clara para Galicia que apostar pola mellora planificación, dotación e especialización do solo, e combinalo con políticas transversais para o mantemento, conciliación, promoción (segregar a política de solo residencial da de solo industrial) e dinamización dos parques empresariais galegos ao tempo que se aposte por unha complementariedade sectorial territorial co norte de Portugal.

O noso Estatuto de Autonomía sinala que lle corresponde á Comunidade Autónoma o fomento e planificación da actividade económica en Galicia, polo que o peso da política industrial galega compete á Xunta

Lembremos que o noso Estatuto de Autonomía, no seu artigo 30, sinala que lle corresponde á Comunidade Autónoma o fomento e planificación da actividade económica en Galicia, polo que o peso da política industrial galega compete á Xunta de Galicia. Galicia precisa, xa que logo, ter unha política económica que, a través da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, teña como obxectivo velar polas condicións estruturais básicas da economía galega. Unha delas é, sen dúbida, ter un enfoque propio sobre o solo empresarial.

O promover dun xeito axeitado solo empresarial, como fixo o presidente González Laxe con Tecnópole en San Cibrao das Viñas na citada etapa de finais dos 80,  é sen dúbida, un dos retos de modernización e progreso que Galicia ten por diante.

Carecer dunha política de solo industrial: o grave erro estratéxico de Feijóo
Comentarios