Para cando unha Marca Galicia, cada día máis necesaria?

Fernando González Laxe y José Luis Gómez, fotografiados por Pepe Ferrín
Captura de la home de Marca-País.

Galicia precisa dunha Marca-País que esixe non só un amplo consenso cos axentes empresariáis e institucionáis, senón a estruturación da mesma dende a identidade cultural do país.

Para cando unha Marca Galicia, cada día máis necesaria?

Galicia precisa dunha Marca-País que esixe non só un amplo consenso cos axentes empresariáis e institucionáis, senón a estruturación da mesma dende a identidade cultural do país, necesaria para a identificación dos seus produtos, recursos e creacións humanas nos mercados exteriores.

Como nos vén de lembrar o estudo do antigo presidente da Xunta Fernando González Laxe e o xornalista, editor desta Casa, José Luís Gómez, a Marca-País é esencial para a identificación da economía e cultura dun país no contexto dos mercados internacionais. A Marca-País esixe de amplos consensos na construción dunha imaxe corporativa común, na que non só han participar os gobernos e demais axentes institucionais e empresariais, senón as institucións cívicas e culturais. Porque a Marca Galicia require do consenso cos empresarios e demais sectores económicos, mais tamén do acordo coa sociedade civil e cos sectores máis dinámicos e activos da cultura e da cidadanía.

Malia que no noso País botáranse importantes alicerces para a Marca Galicia (Galicia Calidade foi a máis importante achega), moi decote esqueceuse tamén da proxección de Galicia non só como territorio de moi altas cualidades produtivas no sector agroalimentario, senón tamén da proxección doutros sectores produtivos vencellados con outras tecnoloxías, do seu turismo e da súa identidade cultural. Neste senso, os centros galegos no exterior constitúen unha oportunidade moi aprezábel para espallar Marca-País, malia que haberíamos ter en conta o devalo demográfico e de actividades de moitos destes centros, pezas esenciais para apoiar nesta rede de galeguidade e identidades partilladas parte destas estratexias.

Iberoamérica, a lusofonía, as Illas Británicas e a Europa central, setentrional e occidental, xunto co pulo do Camiño xacobeo (outro dos nosos principais recursos para presentarmos ao mundo) na Corea e no Xapón son os ámbitos máis permeábeis para espallar esta Marca-Galicia, esencial no que atinxe á nosa promoción turística (que non pode repenicar o modelo español de sol e praia), ás nosas producións alimentarias e forestais e á presentación das nosas realizacións no ámbito empresarial e institucional do coñecemento, incluída a acción exterior das nosas Universidades e demais axentes da investigación e innovación.

Para sermos coñecidos como País
Mais a Marca-Galicia, como lembran no seu informe Fernando González Laxe e José Luis Gómez, precisará sempre dunha identificación cultural para sermos coñecidos como País. Sen a definición exterior da nosa identidade será imposíbel a identificación dos nosos produtos, recursos e realizacións humanas. O que sería fulcral para a nosa recuperación económica.

 

Comentarios