Cousa I
Por que non quere o PP galego a transferencia da AP9? Fácil: porque tería que a xestionar. Mellor que a xestionen outros e así o Goberno Rueda continuará a practicar o seu deporte favorito: desprazar as responsabilidades (mesmo as das competencias exclusivas estatutarias, digamos a vivenda) a outras administracións, sexan as locais ou a estatal. Así goberna calquera.
Cousa II
Hoxe non é un día calquera. Hoxe Paul McCartney presenta un novo álbum, The Boys of Dungenon Lane, o 19 da súa carreira en solitario. E polo que escoitei, un álbum cunha calidade moito por cima do que hoxe se adoita publicar. Sincero, nostálxico e inevitabelmente crepuscular, digno dun xenio que, si, ás veces é irregular, mais non por iso é menos xenial.
Cousa III
Ouvín a noticia de a UCO entrar en Ferraz e o primeiro que pensei é se o PSOE emularía o PP a destruír computadores a martelazos.
Cousa IV
Non noto a dereita española, a galega tampouco, moito entusiasta coa primeira encíclica de Prevost.
Cousa V
Sen a idealizar, teño un bo conceito profesional de Àngels Barceló e vin trazos de xornalista auténtico en Carlos Alsina.
Non creo nas casualidades e que, ao mesmo tempo, ambos abandonen a primeira liña (ou sexan afastados dela) non é bo nin para o xornalismo nin para a democracia.
Festa do Deportivo no medio da noite. / RCD
Cousa VI
O Dépor volta ao ceo, o lugar que lle corresponde. Tampouco está mal enlamarse de cando en vez: o contraste habémolo gozar agora aínda máis. @mundiario
Cousa I
Pleno no Concello da Coruña. Temas interesantes a debate. Un parque para o barrio máis densamente poboado de Europa. Un burato nas contas do Concello que pode carretar recortes.
Pois nese contexto, desde as bancadas do PP –como nas súas redes, durante varios días– todos os míseis dialécticos tiñan o mesmo albo, Avia Veira.  Un pouco na esteira do que fai o PP no Parlamento galego con Ana Pontón.
Conclusión clara: o PP ve en Avia Veira a rival a bater. O PP outórgalle a Avia Veira rol de futura alcaldesa.
“Vostede, señor Lorenzo, está a ensaiar o papel de xefe da oposición do Goberno Local que a partir de 2027 terei a honra de presidir”, espetoulle Veira ao portavoz conservador.
Cousa II
Son xornalista en exercicio desde finais dos anos 80 do pasado século. Que enorme hipocrisía me parece escoitar voces a finxir indignación por que Florentino Pérez chama ás redaccións a demandar cabezas de xornalista! Lémbrame a Claude Rains en Casablanca: “Que escándalo! Aquí se xoga!”.
Lamentábel o que leva facendo toda a vida FP, por suposto. Ora, non deixa de ser o que innúmeros oligarcas fixeron, fan e farán desde que o mundo é mundo.
Cousa III
Grazas a Lamine Yamal –e as súas chiscadelas ao RM– recupero o Talk is Cheap de Keith Richards. Álbum brutal. E, si, o falar non ten cancelas.
Cousa IV
O principal interesado na continuidade de Keir Starmer é o Reform Party. De resto, magnífico resultado do SNP na Escocia e histórico triunfo do Plaid Cymru, en Gales.
Cousa V
Recomendo vivamente She said, o filme sobre as pesquisas de dúas reporteiras do New York Times que acabaron resultando na detención e encarceramento dun compulsivo abusador de mulleres, o produtor de cinema Harvey Weinstein. Recómendoo como amador do cinema -fita que é digna continuadora do rego aberto por All The President’s Men- e como xornalista. Emocionante o momento da publicación da historia que acabaría por desatar o movemento Me Too.
Cousa VI
Estamos na semana do Día das Letras Galegas. A que agarda o Goberno de Rueda para derrogar o decreto 79/2010 que impide a impartición en galego de materias como matemáticas ou física? Co devalo de galego-falantes nas xeracións máis novas, a que agarda o Goberno galego para demostrar que realmente lle importa a lingua propia do País? @mundiario
Cousa I
Andei esta semana no medio da comunidade educativa da Coruña, coa xente da escola pública da cidade. Primeiro, unha manifestación nas rúas. Logo, unha concentración no Obelisco. Que vin? Moitas ganas de se revoltar contra as políticas privatizadoras do PP, políticas que teñen resultado na deterioración do servizo público de ensino no noso país. Moitas ganas e moitas palabras de orde, moitos cánticos que mostran o enorme potencial que ten a escola galega. Entre outros, espigaría este: “A profa, loitando, tamén está educando”!. Pois claro que si! Unha escola de calidade é tamén unha escola en valores cívicos, unha factoría de futuras cidadás e cidadáns libres.
Aliás, non esquezamos que o ensino público o xestiona a dereita galega desde 2009. Ela é a máxima responsábel de notorias carencias: falta de profesorado de apoio, ratios docentes/alumnado moi por enriba do desexábel, edificios en estado deficiente e necesitados de reformas integrais que teimudamente se negan desde a Xunta. Fai falta unha pequena revolución no ensino público galego. Fai falta que o lema “educación, educación, educación” guíe os pasos do Executivo. Visto o visto, difícil vai ser que iso aconteza co PP en San Caetano, sendo que xeneticamente a dereita tende a favorecer os intereses privados, tamén no ensino.
Lugo estrena alcaldesa tras una moción de censura: un cambio bajo la sombra del transfuguismo
Moción de censura en Lugo: a falta de ética do PP
Cousa II
É curiosa (ímolo deixar en curiosa, aínda que se me ocorren outros adxectivos) a reticencia/resistencia de certos medios (ímolo deixar en certos medios, aínda que xa sei que vos gustaría que os nomease) á hora de utilizar o substantivo tránsfuga para denominar a concelleira que acaba de permitir, subvertendo a vontade popular, o acceso do PP á Alcaldía de Lugo, agora en mans de Elena Candia.
Cousa III
Prevost acaba de facer o seu primeiro ano como Papa. É a némese de Trump. Mentres o decadente emperador espalla odio nas redes e torna a economía estadunidense aínda máis dependente do complexo militar industrial, León XIV tira do sermón da Montaña: benaventurados os que procuran a paz. Amén.
Pedro Sánchez a súa muller, Begoña Gómez. / RR. SS.
Cousa IV
Despois de estudar sesudamente o asunto xa sei cal é o delito de Begoña Gómez: ser a compañeira de Pedro Sánchez.
Cousa V
O PSG é unha equipa de fútbol total. En Múnic desmentiu aqueles que deron a turra toda a semana coa tese de que non sabe defender. Faino todo ben. No fútbol moderno ataque e defensa son as dúas caras da mesma moeda. O un non vale sen a outra. O Bayern tamén é unha equipa superlativa.
Cousa VI
Surcando polas augas de Spotify -son, como Francisco, un grande pecador-, bato con “I forgive it all”, emociónome, velaí outra obra mestra, e inmediatamente penso: “Tom Petty, que estás nos ceos!”.
E, unha cousa lévame a outra, de Spotify a Youtube -mea culpa again- bato co vídeo oficial da canción, unha marabilla dirixida por Sean Penn e co grande Anthony Hokpins a mostrar que poucos actores hai no mundo co seu carisma. @mundiario
Cousa I
Concelleira díscola? Concelleira clave nunha operación bla bla bla? Non: concelleira tránsfuga.
Hai mocións de censura que depoñen gobernos corruptos, como o de M. Rajoy.
E hai mocións de censura directamente corruptas, como esta de Lugo.
Cousa II
No Día do Libro, ocórreseme dicir que nunca se le abondo e que temos de ler o máis que podamos, pensando, si, no concepto económico do custo de oportunidade: non hai tantas cousas alternativas que melloren a experiencia da lectura.
Cousa III
Prioridade nacional –o lema da extrema dereita que agora abraza o PP– é algo así como os españois, primeiro. Ou sexa: as e os inmigrantes pendentes de se regularizar: que continúen na economía mergullada, canto máis escravizadas e escravizados, mellor.
Cousa IV
Ouvindo este dia un magnífico discurso do Lula da Silva, lembrei uns versos do Jorge Mautner: “Ou o mundo se brasilifica/ Ou vira nazista”. Aínda así, a realidade é ben máis complexa: tamén hai perigo de o Brasil, co bolsonarismo non totalmente derrotado, se virar nazista. Mais acho que felizmente o Lula aínda é muito Lula.
Carlos Mella. / Goretti Sanmartín
Cousa V
A Carlos Mella (1930-2026) linlle un libro moi interesante, "A falacia do economicismo". Sentín ben a súa morte. Desde o compromiso intelectual e político, dedicou boa parte da súa longa e frutífera vida a que Galiza fose un país mellor e máis dono de si. Descanse en paz.
Cousa VI
Vin o City-Arsenal. Que espectáculo Bernardo Silva! Se tivese algo máis de marketing, tería xa algún Balón de Ouro. Ollo a Portugal no mundial! @mundiario
Cousa I
Pois si. Éo desde 1906. O Dépor é da Coruña. E agora felizmente todo indica que vai ser así tamén no nome oficial do clube. Décadas de reivindicación das e dos seareiros deportivistas –co empurrón final da magnífica iniciativa do IES Rafael Dieste Aquí tamén se fala– van virar nun novo chanzo adiante para a normalización da nosa lingua.
Ora, agardo que a resultante sexa finalmente Deportivo da Coruña, non Deportivo de A Coruña, que non vos é o mesmo.
Cousa II
Continúo con temas lingüísticos. Declárome fan dunha conta de Tik Tok, a de Marcos Neves, profesor na Universidade Nova de Lisboa. Fala basicamente da lingua portuguesa... e da súa estreitísima relación coa galega (non deixan de ser dúas formas distintas da mesma substancia). O último que lle vin foi un vídeo en que relataba o xeito específico en que no galego-portugués ou no portugués-galego se responden as preguntas, non co adverbio si, senón repetindo o verbo de quen pregunta.
– Gostou vostede do vídeo?
– Gostei.
Cousa III
O PP, contrario á regularización masiva de inmigrantes promovida pola Igrexa católica. Repito: promovida pola Igrexa católica. Ergo, entre Trump e Prevost, o PP elixe Trump.
Cousa IV
Xogar con Lamine Yamal é literalmente xogar con doce.
Mais ás veces non chega nin xogando con doce.
Cousa V
Prisa coida moi ben os seus escritores. E fai ben. Imposíbel ser lector de El País ou ouvinte da SER e non saber que Eduardo Mendoza vén de tirar do prelo un novo romance.
Cousa VI
Vou tomar un café a La Barra (Rúa Xoán XIII, AC) e soa a voz cavernosa de Tom Waits a interpretar Bella Ciao, con Marc Ribot á guitarra. Temazo. Waits acaba de quitar un tema anti-trumpiano (val dicer, anti-fascista, anti-racista) con Massive Attack: Boots on the ground. Benzón! @mundiario
Cousa I
Algunha idea nova de Rueda no Debate do Estado da Nación? Algunha proposta innovadora, minimamente audaz, que rache coa rutina? Nin a primeira: iso si, o presidente da Xunta chapicou nunha poza, a de colocar baixo sospeita dereitos elementais das e dos traballadores deste país. En realidade, Rueda segue o ronsel de Feijóo: nin unha idea significativa desde 2009 até que liscou para Madrid. A última idea da dereita galega foi a da Administración Única de Fraga. Desde daquela, un ermo tapado pola propaganda.
Cousa II
Probabelmente o político máis indigno de Europa sexa o secretario xeral da NATO, o neerlandés Mark Rutte. En dura competencia con outras e outros (a comezar pola inefábel Von der Leyn), penso que Rutte é o candidato número un ao Oscar ao Político Máis Lambebotas do Emperador Trump.
Cousa III
Este 9 de abril fíxose o 50 aniversario de All The President’s men. Unha obra mestra do cinema norteamericano, con escenas que as tería asinado Hitchcock como a conversa telefónica de Dustin Hoffman coa terceira fonte do caso, mentres Jason Robards, a interpretar maxistralmente o director do Washington Post, se dispón a abandonar o edificio do xornal. Non lembro unhas oficinas tan ben filmadas desde The Apartment. A fita é tamén o testemuño dun xornalismo -por moito que o filme o idealice- que se cadra xa non existe.
Cousa IV
Por algunha razón -quizá para desviar a atención da guerra no Irán- os meios mainstream empéñanse en que me interese pola viaxe estadounidense á Lúa. Van intento.
Cousa V
Dixéronme que o Torrente bo era o primeiro filme. Deille unha oportunidade por vez primeira. Aguantei quince minutos.
Cousa VI
Novo acerto do algoritmo: bato con Eu Não Peço Desculpa, marabillada gravada en 2002 por Caetano Veloso e Jorge Mautner. Textos ora líricos ora satíricos e de altísima calidade literaria, servidos por dúas voces -celestial Veloso, suxerente Mautner- que trocan versos entre si como quen fala no salón de estar da súa casa, con esa impresionante naturalidade dos elixidos. Máis unha alfaia da música brasileira. @mundiario
Cousa I
Avia Veira (A Coruña, 1986) xa é a candidata do BNG á Alcaldía da Coruña en 2027. Na súa presentación como tal, deixou unha frase que o di todo: “Quero ser a alcaldesa da Coruña porque creo firmemente que podemos ter unha cidade mellor". É posíbel esa cidade mellor? Si, cun Goberno Local que contribúa a liberar todas as súas potencialidades. Un Goberno Local que pense A Coruña en grande, mais que á vez se ocupe do pequeno, da xestión do día a día -por exemplo, da limpeza das rúas. “Voulle pedir a súa confianza ás coruñesas e os coruñeses. E comprométome a traballar duro cada día para merecela”, afirma Veira. Dou fe que o vai facer.
Cousa II
Escribe Ignacio Sánchez-Cuenca en El País: "Es Vox el que pone más pegas a la colaboración con los populares, no al revés". Ten toda a razón: estamos perante un PP trumpista. Daquela mítica viaxe ao centro xa ninguén se lembra.
Cousa III
A derrota de Meloni no referendo sobre a reforma da xustiza é a derrota da xenofobia, o racismo e a dereita extrema e autoritaria. Un aviso para o dueto Feijóo-Abascal. Ben polo pobo italiano!
Cousa IV
Unha década sen Johan Cruyff. Un revolucionario do xogo. Un visionario. O fundador do FCB moderno –o rondo eterno como consigna–, venerado polo sector panenkista do xornalismo deportivo. Sen el non tería existido o Pep Guardiola treinador. Nin a súa némese mourinhista.
Cousa V
Por que os EUA se embarcan en guerras non gañábeis? Porque –con Trump ou sen el– a economía dos EUA é unha economía de e ao servizo da guerra, incluídos os oligarcas tecnolóxicos.
Cousa VI
Fago votos por que o triunfo de Antes de nós nos Mestre Mateo leve este filme sobre un episodio da vida de Daniel e Virxinia a ser o primeiro dunha triloxía. Sei da dificultade da empresa, mais materia na vida de Castelao hai abondo –e quen o caracterice tamén: magnífico Xoán Fórneas–  e o público o había recibir cos brazos abertos. @mundiario
Cousa I
Un dato é abondo revelador: desde 2009, os sucesivos gobernos galegos do PP –o dueto Feijóo-Rueda– só conseguiron unha competencia nova para Galiza. Nese mesmo período, Euskadi conseguiu 31 e Catalunya, 16. O taboleiro de marcas aforra comentarios.
Fortalecer o autogoberno non é só posíbel, senón necesario. A Fundación Galiza Sempre acaba de presentar un estudo cunha listaxe de 50 competencias que Galiza podería asumir perfectamente.
Calquera inquérito que se faga hoxe no país deita como resultado que a maioría das galegas e dos galegos consideran que necesitamos máis poder político para resolver os problemas que temos como sociedade, a comezar pola xestión dos servizos públicos, sanidade e educación, sobre os cales temos competencias exclusivas.
Entón, por que o PP galego non move ficha? Porque non lles deixan desde a Rúa Génova.
Cousa II
Ten lóxica militar que os agresores –os EUA e Israel– utilicen o eufemismo “eliminar” no canto de “asasinar”, que sería o termo acaído téndomos en conta que estamos perante unha guerra ilegal.
O que non ten moita lóxica é que esa lóxica eufemística sexa asumida acriticamente polos mass media.
Cousa III
Ao rebufo de Abascal –é quen marca o ritmo e a axenda na dereita española, con Trump como referente– xa temos Feijóo a superar pola dereita Felipe VI.
De verdade o Estado español non ten nada a reflexionar sobre o seu rol colonial na chamada América Latina?
Cousa IV
Morreu Fernando Franco. Se algunha vez, en algún lugar, un xornalista foi máis que un xornalista, isto é, foi una institución, ese xornalista foi Fernando Franco e ese sitio foi Vigo.
Coñecino a finais dos 80. Mestre no oficio e inmellorábel introdutor de embaixadores na cidade. Nada de Vigo –sospeito que tampouco nada da vida– lle era alleo. Ninguén vai vir encher o seu oco: era un personaxe probabelmente irrepetíbel. Descanse en paz.
Cousa V
One battle after another pareceume un bo filme, mais en absoluto o mellor que vin este ano. A fita decae moito cando desaparece da pantalla unha extraordinaria Teyana Taylor (por que tan poucos minutos en escena??) e só volta á excelencia cando soan os acordes de American Girl.
Cousa VI
Lembro cando a Habermas, marxista crítico, lle deron o Príncipe de Asturias e a TVE de Urdaci –Aznar na Moncloa, viva la libertad, carajo– afirmou no telexornal que o filósofo falecido esta semana era crítico con Marx. @mundiario
Cousa I
Moi emotivos os últimos días na Praza de María Pita, marcados pola decisión de Francisco Jorquera de, ao termo deste mandato, pór fin ao seu traballo no Concello da Coruña.
O anuncio desatou unha fervenza de recoñecementos e mostras de respecto e agarimo –vindos de todos os ámbitos da cidade, de todas as cores políticas– que honran a traxectoria dun dos grandes, grandes, do nacionalismo galego das últimas décadas.
Felizmente, Paco vai continuar na angueira cívica a prol dunha Coruña, dunha Galiza mellor: “A política non se esgota no labor institucional. Obviamente non a vou deixar. Milito no nacionalismo galego desde moi novo”.
Unha militancia orientada sempre á procura do ben común.
Cousa II
Paula Prado –digámolo claramente: sector Ayuso dentro do PPdeG– pídelle ao BNG que asine “o Pacto da Xunta sobre o galego”.
A ver, os pactos son acordos, non se impoñen, o Pacto non será da Xunta, será do conxunto das galegas e os galegos e non é precisamente transitar polo camiño do consenso o ataque a unha ferramenta –Queremos Galego– de que se dotou a sociedade para defender a plena normalización do noso idioma propio.
Cousa III
Xornalismo e literatura son, ás veces, mundos conexos, lindeiros. Mais hai unha diferenza fundamental: o xornalismo, ao contrario do que a literatura, non pode inventar, ten de se ater aos feitos, ten de contar as cousas como son e non como algúns lles interesaría que fosen.
Cousa IV
Morre Raúl del Pozo, aos 89 anos, escritor bandeira de El Mundo, e El País dedícalle dous textos extraordinarios, asinados por Juan Cruz e Jabois.
Si, señor: así debería ser sempre. Elegancia e recoñecemento da excelencia, alí onde estiver.
Cousa V
Sobre a moi crítica situación en Cuba, apenas dous apuntamentos: 1) o bloqueo petrolífero á Illa é na práctica un crime de guerra, e 2) a dirixencia do país faría ben en lembrar unha das máximas de Fidel: “Revolución es cambiar todo lo que debe ser cambiado”.
Cousa VI
Se facemos caso a Von der Leyen, estamos a nada de a materia de dereito internacional ser eliminada das faculdades.
Quen quer regras tendo a sexta frota? @mundiario
Cousa I
Sondaxe publica un novo inquérito. Unha nova mostra de que, desde febreiro de 2024, eleccións galegas anteriores, a única forza que sobe en intención de voto é o BNG de Ana Pontón.
Impresionantes os datos que sitúan xa o nacionalismo como primeira forza entre as persoas de 44 ou menos anos.
É unha mudanza de fondo.
Cousa II
Boyero di que lle ten "manía" a Los domingos. Ese é o nível. Tampouco llo teñamos moi en conta: el propio sempre di que en realidade non se sente identificado coa etiqueta “crítico de cinema”. Niso concordo con el.
Cousa III
Lobo Antunes era un gran escritor. Ou sexa, escribía como ningún outro escribía, cunha escrita propia, con voz perfectamente distinta. Era un escritor difícil? Máis ben, e como acontece cos elixidos, é moi difícil chegar á súa altura como escritor. Gran perda para a literatura.
Cousa IV
A dereita española (PP e Vox) é realmente española? Ou, parafraseando Javier Krahe e actualizando o seu Cuervo Ingenuo (aquela feliz cantiga satírica dedicada ao PSOE), “pues tampoco 100% si americana, también. Gringo ser muy absorbente”.
Desde logo, Trump é moi absorbente. Non quer aliados. Quer vasalos. E aí Feijoo, desenfocado como o personaxe do malogrado Robin Williams naquel filme de Allen, ten un problema: Trump xa ten socio español e non é o líder do PP, xa sabedes quen é, pero me dá preguiza, e até un chisco de grima, escribir aquí o seu nome. Outra vez será.
Cousa V
Xa postos -disimulen-, volvo facer unha recomendación: a do pianista alemán Tim Allhoff, que nos acaba de agasallar cunha espléndida versión, instrumental, do clásico dylaniano A Hard Rain’s A-Gonna Fall, unha peza que infelizmente cobra vixencia estes días de sangue e lume, de chuvia dura, de noxenta guerra.
Cousa VI
O fútbol pode ser marabilloso. Épica e até lírica mesturadas. Por exemplo, esa eliminatoria Atlético-FCB. O fútbol ten algo do que probabelmente carecen outros deportes: ás veces gañan os que son peores, ser mellor non sempre garante o triunfo. @mundiario
Cousa I
Vólvome atrever co capítulo das recomendacións. Galaxia tira do prelo o novo ensaio de Antón Baamonde, Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila. Un novo exercicio de pensamento sobre o noso país, a fechar unha sorte de triloxía que ten como elos anteriores Unha nova Olanda e Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla.
Necesitamos máis pensamento, máis obra escrita, sobre Galiza. Necesitamos obxectivar a súa realidade, lonxe do estatismo, a apreixar a súa dinámica: nunca podemos bañarnos no mesmo río, etc. Nese sentido, a achega de Baamonde é moi digna de ser tida en conta.
Alguén diría que “revolución tranquila” é un oxímoro, mais talvez non o sexa, talvez o que precisamos sexa iso, tranquilidade, serenidade, ter bo xuízo, acertar coas análises, aprender da vida ou, como dicía Deng Xiaoping, emancipar a mente e procurar a verdade a partir dos feitos.
Cousa II
Rueda di que Galiza vai perder un proxecto industrial por culpa do nacionalismo.
Refírese a ese proxecto industrial que Portugal non quería no seu territorio?
Quen vai agora pelexar por ese magnífico proxecto industrial? Algún país minimamente avanzado?
Cousa III
Feijóo reivindica o emérito: Dios los da y ellos se juntan.
Cousa IV
O bloqueo petroleiro estadounidense a Cuba é un acto de guerra. Vergoñento o comportamento da "comunidade internacional" ao respeito e non digamos a focaxe do asunto de certos meios sedicentemente progresistas.
Cousa V
Estou moito a prol da transparencia nas contas das empresas -por cima de todo, no que atinxe ao diñeiro público- que xestionan o dereito de todas e todos a sermos verazmente informados.
Supoño que non haberá ninguén que se opoña.
A que non?
Cousa VI
Fun ver Miguel Ríos ao vivo, 81 anos, fechas os ollos, escoitas a voz, esqueces a idade, que este non sexa o teu derradeiro valse, mestre. @mundiario
Cousa I
Era un proxecto fóra do tempo, un proxecto de industria de enclave máis propia de mediados do século XX do que do século XXI. Agredía a terra, esquilmaba recursos naturais (a auga), eucaliptizaba aínda máis o país.
Non podía ser e non foi. E non o foi grazas á mobilización constante e paciente do pobo galego, e nomeadamente da xente das terras de Melide e a Ulloa.
O PP mantivo o pulso contra esa mobilización até o final, mais finalmente claudicou, a arquivar desde a Xunta o proxecto.
Unha feliz cousa, desde logo nada miúda.
Cousa II
Na medida en que o asunto Epstein vai despregando os seus efectos aumenta a hipótese de Trump desviar a atención cun ataque ao Irán.
Cousa III
A esquerda, cando gobernar, ten de facer políticas de esquerda, isto é, obxectivamente favorábeis ás maiorías sociais, e por cima de todo aos setores populares.
Esa e non o personalismo –hoxe está de moda fulano, pasado mañá, zutano– é a clave, nomeadamente se fulano e zutano xa gobernaron.
Cousa IV
A mensaxe de Junts é clara: co PP, si; co PPVox, non.
Ou sexa, nada se pode acordar cunha formación saudosa do franquismo que visa ilegalizarte e eliminar a autonomía de Catalunya.
Normal.
Cousa V
O CIS é unha institución pública. O PSOE debería termar un chisco do seu prestixio e non fabricar inquéritos psicodélicos.
Cousa VI
Un correspondente do ABC chámalle as cousas polo seu nome: a extrema dereita é extrema dereita, Le Pen foino toda a vida, Abascal éo, etc.
O correspondente do ABC recibe unha chamada e deixa de ser correspondente do ABC. @mundiario
Cousa I
No capítulo de recomendacións literarias, vai esta: o sempre activo Millán Fernández acaba de presentar Unha historia mínima do PSG: da clandestinidade ás primeiras eleccións autonómicas, editado por Companha. Desde logo o contributo do PSG á historia do galeguismo, do nacionalismo galego, foi bastante máis que mínimo. O volume ten pintaza.
Cousa II
Na súa columna en El Ideal Gallego Atlantic City –recómendoa, unha escrita escintilante–, Luís Pousa lembra un concerto lendario. "Fue un espectáculo tan descomunal que lo recuerdan incluso los que no estuvieron allí. Frontón de Riazor, verano de 1988. Actuación estratosférica de unos Pata Negra en estado de levitación". Dou fe: foi un concerto memorábel, dous concertos nun, primeiro flamenco, segundo rhythm blues. A mágoa é que un dos irmaos, Rafael, nos acaba de deixar. Era un superdotado.
Cousa III
Na campaña aragonesa, Tellado bañou en eloxios o axitador ultra Vito Quiles. Resultado: dous escanos menos para o PP, sete escanos máis para Vox.
Cousa IV
Os Estados Unidos acusan China de “acumulación masiva” de armas nucleares. Si, os EUA de Hiroshima e Nagasaki.
Cousa V
Leo en X: “Bad Bunny ten as mesmas virtudes e os mesmos defectos que  Byung Chul Han”. Pois nada, todo conspira para eu continuar a escoitar a música de Antonio Benito.
Cousa VI
Felipe González anuncia que, se continuar Sánchez, vai votar en branco e que é máis lexítimo pactar con Vox do que con Bildu. A ver, hai a tese de Felipe González terse dereitizado coa pasaxe do tempo.  Teño as miñas dúbidas. Penso que sempre foi esencialmente un home cómodo para o establishment (a comezar pola monarquía), o grande capital financeiro e Washington (OTAN, de entrada, non, etc). @mundiario
Cousa I
Esta semana foi moi dura. Morreu Paco García. Morreunos. Era un dos grandes, grandes. Ese mesmo día escribín algúns chíos en X sobre el. Houbo millenta xente que o fixo tamén. Francisco Jorquera, que partillou tanto con García, escribiu un moi emotivo: “Lembrareite sempre, Paco”. Subscribo.
De todos os chefes que tiven na miña vida –como secretario de Organización, era o responsábel de todo o persoal da Sede Nacional do BNG–, Paco García alcanzou un patamar só accesíbel para os elixidos: administraba unha enorme autoridade moral sen ser nunca autoritario. Calmaba, desdramatizaba, sorría, con esa voz de barítono tan cautivadora, sendo así, quen non ía atender as súas indicacións!
É unha desas persoas que se che cruzan na vida e que son dignas de admiración, que ofrecen un modelo de comportamento, polo súa templanza (quen ma dera!) e a súa serenidade, que non era debilidade, non.
Xunto coa equipa da Sede Nacional, partillei con el incontábeis xantares no Dezaseis e teño moitísimas lembranzas das cousas que dicía. Era como un deses libros en que subliñas parágrafos, unha e outra vez, para non esquecer as súas agudas observacións.
Era un patriota cabal e, como bo marxista, unha persona antidogmática, sempre pronta a confrontar as súas ideas coa realidade, por se fose preciso afinar as análises. O seu extraordinario labor á fronte da alcaldía de Allariz relévame de facer máis comentarios ao respecto.
Descansa en paz, compañeiro.
Cousa II
A xente de Aznar di que o seu chefe non sabe nada de Epstein. Isto lémbrame algo. A suposta desmemoria (sólo sé que había nieve) define os líderes da dereita española.
Cousa III
Non é a música que frecuento e da que gosto, mais após unha primeira achega ao Debí tirar más fotos de Bad Bunny recorro ao refraneiro castelán para afirmar que "algo tiene el agua cuando la bendicen".
Músicos espléndidos, álbum magnificamente producido.
Cousa IV
A economía de mercado é caralluda, salvo, iso si, que se lle pague a Broncano muito menos do que Broncano xera.
Cousa V
No capítulo de recomendacións literarias, eis vai unha nova entrega: o profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato tirou do prelo Separados por uma língua comúm. Título que me parece absolutamente xenial, como tamén acho brillante a capa do volume, obra de Antón Lezcano. Neste asunto estou 100% de acordo con Carvalho Calero cando afirmaba que o galego ou é galego-portugués ou é galego-castelán e que obviamente a primeira opción é a que realmente preserva (e respeita) o xenio do idioma.
Cousa VI
Pérez Reverte –mentor, ai!, de Joaquín Sabina– xoga a ser o novo Camilo José Cela (aquí ten en Juan Manuel de Prada un duro competidor). O problema para APR é que literariamente está a anos luz. Outra cousa é o xogo que lle dá a Pablo Motos e ao resto de aparatos da dereita mediática. @mundiario
Cousa I
Springsteen adoita estar sempre á altura das circunstancias. E perante o avanzo evidente do fascismo no seu país, acaba de compor un texto extraordinario -Streets of Minneapolis-, unha desas cancións himno tan do seu estilo, imposíbel non emocionarse.
O cantor por excelencia da clase obreira estadunidense sinala o camiño.
Oh, nosa Minneapolis, eu ouzo a túa voz
a cantar através da néboa ensanguentada
imos pelexar por esta terra
e contra quen realmente non é dos nosos
aquí na nosa casa mataron con total impunidade
no inverno do 26
lembraremos os nomes dos que morreram
nas rúas de Minneapolis
Cousa II
Que estaríamos a ler/ouvir se forzas policiais cubanas ou chinesas asasinasen, nun lapso de apenas quince días, dúas persoas indefensas? Que estaría a dicir a comunidade internacional?
Cousa III
A dereita política –PP e Vox– defende os intereses do mal empresario que acumula capital non innovando, senón explotando man de obra migrante, precaria e sen papeis.
Por certo, moi ben neste asunto a Igrexa católica, que aquí segue as ensinanzas dos evanxeos.
Cousa IV
Feijoo é capaz de lle volver negar a Silvia Intxaurrondo que o PP vota contra a revalorización das pensións.
Cousa V
A escrita admite múltiples rexistros, estilos diversos. Case todos teñen o seu aquel. O único que non aturo son os textos cursis, melindrosos, tantas veces redixidos na procura do aplauso fácil, tantas veces a ocultaren o baleiro das ideas.
Cousa VI
Na ditadura sanchista, a banca continúa forrándose. Verbigratia; Caixabank (Abanca tampouco pode queixarse) rexistrou en 2025 o seu récord de beneficios: 5.891 millóns.
O gran capital financeiro nada na abundancia mentres Feijoo e Abascal tocan as trompetas da apocalipse. @mundiario
Cousa I
Por que votaron os eurodeputados franceses -–de todos os signos– a prol de enviar o Tratado de Mercosur ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea? Pola grandeur? Non: fixérono por defender o seu interese nacional, fixérono por ver Mercosur desde o seu país, desde a súa terra. E é que Franza si terma do seu sector primario (e, si, non hai economía altamente desenvolvida sen un sector primario forte, sen garantir a soberanía alimentaria).
No en tanto, xa vimos que fixeron PP e PSOE nesa votación, incluídos os eurodeputados galegos desas formacións, que voltaron antepor a disciplina partidaria aos intereses da Galiza. A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, si pensou na Galiza á hora de votar. Ela tamén ve Mercosur desde esta terra.
Cousa II
Sei que debe ser difícil resistir a tentación do amarelismo cando acontecen traxedias como a de Aldamuz –nomeadamente cando se procuran impactos doados no mundo dixital– mais é bastante grimoso/penoso o espectáculo dos medios, até dos ditos serios, que estamos a vivir.
Cousa III
Preservar o herdo do 25 de abril ou involución trumpista e neofascista. Ese era o dilema. Boa resposta portuguesa na primeira volta das eleccións presidenciais.
Cousa IV
Antes a CIA facía operacións clandestinas e secretas, sementando de cadáveres as veas abertas de América Latina (estes días revisitei a enorme Missing). Agora o seu director, enviado por Trump, entrevístase con Delcy Rodríguez.
Cousa V
Ás veces o algoritmo acerta. Madeleine Peyroux. Jazz convencional, si, mais interpretado cunha voz distinta.
Cousa VI
Agora que El País, o medio referencial do progresismo español, comeza a utilizar desacomplexadamente o termo “imperialismo” para se referir á política exterior norteamericana, convén lembrar que o nacionalismo galego é anti-imperialista desde a súa orixe.
Destarte, entre os seus principios fundacionais o Partido Galeguista de Castelao e Bóveda salientaba os seguintes: “Galicia, célula de universalidade, anti-imperialismo, federalismo internacional e pacifismo”. @mundiario
Cousa I
"Hai un gran problema de oferta", di o PP.
A administración con competencias exclusivas en vivenda é a Xunta (Estatuto de Autonomía, artigo 27.3).
Desde 2009 a Xunta fixo só 40 pisos na Coruña. 40, cando hai máis de 3.000 persoas rexistradas como demandantes de vivenda.
Si, hai un grande problema de oferta.
Cousa II
Pois Fillas de Cassandra titula o seu novo traballo "Tertúlia", si, con acento gráfico, como corresponde ao seu carácter de palabra esdrúxula.
Canto máis perto do portugués, máis galego é. Magnífico.
Cousa III
Quen paga tanta sondaxe distinta feita polo mesmo cociñeiro?
Cousa IV
Toda a carcundia a defender Julio Iglesias con argumentos do machismo de toda a vida ("Julio es besucón de nacimiento", Manuel Arcusa dixit), a ver, pensemos en quen é neste momento o líder do sedicente mundo libre, todo encaixa.
Cousa V
María Corina Machado: Premio Nobel de Servilismo ao emperador.
Cousa VI
Ten toda a razón Siri Hustvedt (publica en El País “Un novo tipo de fascismo avanza no mundo"): Trump non é un conservador –como aínda lle chaman os meios– é o político que encarna o novo fascismo.
Escribe Hustvedt e escribe ben: "Lembro a época en que Trump era un pallaso, unha piada. A prensa internacional tamén consideraba Hitler un pallaso, até que deixou de o ser". @mundiario
Cousa I
3 de xaneiro, o día do ataque dos EUA a Venezuela. Trump protagonizou un golpe falido no seu propio país –o ataque ao Capitolio–, así que o asalto militar a Caracas responde á súa natureza fascistoide e criminosa. Se se comporta como un matón na súa propia casa, ninguén debería agardar un comportamento distinto fóra dela.
Cousa II
4 de xaneiro. Trump declara: “Non podemos arriscarnos a que alguén máis controle Venezuela”. Ese alguén máis é, obviamente China. Ora, prefiro a obscenidade á hipocresía. Trump será o que sexa, mais ninguén poderá negar que é transparente.
Quen apoiar Trump xa sabe o que está a apoiar: o espolio de toda a vida baixo formas agora desacomplexadamente imperialistas: nada de retóricas democratistas, é o petróleo, estúpido, é o petróleo.
Cousa III
5 de xaneiro. O PP (Cuca Gamarra, na antena da SER) di ter dúbidas sobre se Washington violou o dereito internacional en Venezuela.
Supremo cinismo: ninguén do Partido Republicano ou do movemento Maga ten a máis mínima dúbida ao respeito.
Cousa IV
6 de xaneiro. Após meses a nos dar a turra axitando o espectro ruso, agora quen ameaza a integridade dun estado europeu é o amigo americano: a anexión de Groenlandia xa non parece unha brincadeira.
Cousa V
7 de xaneiro. "Estamos a piques de pór en marcha un acordo para ficar nós con todo o petróleo", avanza Marco Rubio.
A sinceridade imperial, máis unha vez.
Cousa VI
8 de xaneiro. Entrevistado por Xabier Fortes en TVE, o xeneral retirado Enrique Ayala deixa claro que os EUA contaron, no seu ataque a Caracas, coa colaboración de elementos militares e de intelixencia de Venezuela.
E canto ao petróleo, o asunto non é tanto que os EUA o exploten, senón que non o faga China, a potencia emerxente que desafía o Imperio.
To be continued. @mundiario
Cousa I
Obviamente a potencia simbólica de Castelao é hoxe un enorme activo político e o PP disto sabe moito: eis o seu emprego por parte de Rueda na mensaxe de fin de ano. Mais o que indica esa potencia é que cada día estamos mais perto de ser verosímil a hexemonía cultural e política da tradición á que ese símbolo remite, a nacionalista. Rueda tenta apropiarse do legado do rianxeiro (ou mellor, tenta desnaturalizalo), mais as cousas son como son: o pensamento e a acción do autor de Sempre en Galiza son inasimilábeis para as forzas políticas que teñen o seu auténtico centro de decisión en Madrid e non no noso país.
Feliz 2026.
Cousa II
Sáltame en Youtube o fragmento dunha entrevista de TVE a Antonio Buero Vallejo, realizada en 1976 polo mítico Joaquín Soler Serrano, en que o xenial autor de Historia de una escalera declara: “La pereza es el más bello de todos los vicios”.
Fico máis tranquilo.
Cousa III
Ando farto deses intelectuais cínicos e supostamente nihilistas aos que tanto lles ten quen ocupar o poder político porque eles comen quente e teñen as columnas e/ou as cadeiras nos faladoiros radiofónicos garantidas. Supostamente nihilistas, en realidade traballan a favor da reacción.
Cousa IV
Falando de viños no Ara, o Eric González –un dos xornalistas mais destacados das últimas décadas– subliña, após se referir aos borgoñas e aos burdeos: "Gosto moito dos viños galegos da Ribeira Sacra".
Sonvos os meus favoritos.
Cousa V
Na ditadura sanchista-secesionista –tranquilos, PP e Vox seica están prontos para nos liberar– o Ibex marca en 2025 o seu récord absoluto, grazas en boa medida aos beneficios estratosféricos da banca. O capital non parece necesitar ser resgatado.
Cousa VI
Deixádeme que continúe coas recomendacións de libros, cos Reis Magos aí ben pertiño. O último traballo da grande Pilar Pallarés, Contra Humana Parte, editado pola Espiral Maior que dirixe Miguel Anxo Fernán Vello, agarda por vós nos andeis das librarías.
Un anticipo:
Vello costume a dor,
a dita
epifanía.
Cousa I
"Quero durmir nunha cama e ducharme ben", explicou Lamine, un mozo senegalés. Desaloxado do instituto B9 en Badalona, a orde ditada polo xulgado obrigaba o Concello a prestar atención de emerxencia social a el e as outras 400 persoas que foron desafiuzadas. Mais García Albiol (PP) dixo que non, que o Concello non ía gastar "nin un euro" en procurar alternativa habitacional para seres humanos aos que condenaba a durmir á intemperie, nunha época do ano marcada polas baixas temperaturas.
Non é demagoxia, é pura descrición da realidade. Hai outro Lamine (o seu testemuño léoo no xornal Ara). Hai outro Lamine e as súas condicións de vida son as que son e á vista está o que fai, para as mellorar, o partido que pretende gobernar no Estado e que goberna Galiza desde 2009.
O outro Lamine só quere durmir nunha cama, non ao frío ar libre, exposto a sofrer hipotermia. Quere iso e ducharse ben.
Non seremos unha sociedade decente mentres non recoñezamos igual dignidade humana a todas as persoas e mentres non asumamos que non existe ningunha persoa ilegal.
Cousa II
O xornalismo de declaracións –A dixo B, B dixo Z– é xornalismo, mais é o menos xornalismo posíbel.
Cousa III
Entro nun baño e leo: "Say less". Xusto a brevidade –mesturada con clareza– pola que devezo.
Cousa IV
Realmente o obxectivo do PP en Estremadura non era a maioría absoluta, nin gañar autonomía a respecto de Vox: era evidenciar a extrema debilidade do PSOE e aumentar a presión sobre Sánchez.
Obxectivo conseguido.
Cousa V
Hai catro cancións de Lux que só podes escoitar se mercas o disco físico. Non as tes nin en Spotify nin en ningunha plataforma. Intelixente estratexia. Canto a min, só escoitei unha das universalmente dispoñíbeis: Cristo a deitar bágoas diamantinas. Ben, embora me pareceu que a talentosa intérprete catalá sobreactúa de máis.
Cousa VI
En X, @IrishUnity escribe atinadamente: "Xesús naceu en Palestina. Foi un refuxiado, cuxos pais se viron obrigados a abandonar o seu lar. Viviu nun país ocupado e foi crucificado polo Imperio".
Con ese retrato choca a súa apropiación pola dereita, pola que é directamente xenófoba e pola que está disposta a pactar coa que é directamente xenófoba. @mundiario
Cousa I
Máis ler os evanxeos –e aprender deles– e menos dicir "feliz navidad" para a seguir aplaudir a expulsión de seres humanos sen fogar.
Cousa II
Escoito na rúa: "Es fuego amigo, todo lo que sucede es fuego amigo". Con amigos así, quen quere inimigos?
Cousa III
O cinismo de Rueda cando fala sobre os casos de acoso sexual no seo do PSOE non tem límites: lembramos perfeitamente o seu abrazo ao  conselleiro do Mar –ao que mantivo no goberno durante meses, a pesar de coñecer a acusación que pesaba sobre el–. E a denuncia non era por acoso, senón por agresión sexual.
Cousa IV
Os inquéritos son iso, inquéritos, mais o último coñecido volve confirmar a evidencia de o BNG ser a única forza que medra, mentres o PP continúa a perder apoios.
Cousa V
José Antonio Kast, o presidente electo de Chile, connotado pinochetista, afirma que apoiaría unha intervención militar dos EUA en Venezuela.
Próximo Premio Nobel da Paz?
Cousa VI
Minha nai ensinoume que era ben non botar soberbias e que tampouco era boa idea cuspir para arriba. @mundiario
Cousa I
O cadro probatorio da sentenza contra o fiscal xeral do Estado é tan “sólido, coherente e concluínte” que o Tribunal Supremo non sabe se a filtración a fixo García Ortiz ou outra persoa. A xustiza española, xa o dicía Castelao, como fede!
Obra de Castelao.
Cousa II
Dylan gañou o Nobel. Robe Iniesta é obxecto dun editorial en El País. As letras das súas cancións son alta literatura? Non teño dúbidas canto á obra de Zimmerman –tan cara a servidor–, canto á do líder de Extremoduro algúns dos versos que lle lin estes días parécenme formidábeis.
Cousa III
Nico González –o fillo de Fran– triunfa co City no Bernabéu. No post-match unha televisión brasileira abórdao para lle apañar unhas declaracións. “Posso fazê-las em português?”. “Sim, claro”. “Mas de onde lhe vém essa familiaridade com a língua portuguesa?”, pregúntalle o xornalista. “Joguei no Porto”, responde. Obviamente, para Nico pasar da variante nosa do galego-portugués á forma lusitana foi moi sinxelo, ergo, ningún problema á hora de lidar cun reporteiro brasileiro. Cando explotaremos o inmenso tesouro de ser o galego a matriz da segunda lingua romance con máis utentes do planeta?
Cousa IV
Á Premio Nobel da Paz as execucións extraxudiciais no Mar Caribe decretadas polos EUA contra compatriotas seus seica lle parecen "accións decisivas", dignas de aplauso.
Cousa V
Vólvome pór en plan Obama-P. Sánchez, así que deixo unha recomendación para as compras natalicias: A Praza do Diamante, o clásico de Mercè Rododera, traducido do catalán para o galego por Pilar Vilaboi e editado este 2025 polo selo Rodolfo e Priscila. O texto, extraordinario, deu lugar a unha serie mítica de televisión, protagonizada pola grande Silvia Munt.
Cousa VI
Recuperamos para o público –para o Concello de Santiago de Compostela– as esculturas do Mestre Mateo, espoliadas pola ditadura. Un triunfo colectivo, dixo Goretti Sanmartín, alcaldesa. E dixo ben.
Faltan cousas por rescatar, por suposto, entre elas a Casa Cornide, en pleno corazón da Cidade Vella coruñesa. Perseveraremos. @mundiario
Cousa I
Manuel López Foxo, colaborador de longa data deste MUNDIARIO, publica A construción da nación desde o realismo político, un volume que tira do prelo unha editora de recente criación, Lorref.
A obra compila artigos publicados na edición Galicia deste xornal.
Manuel Veiga faille unha reseña gabanciosa no Nós Diario. Normal: o libro ten moi, moi boa pinta.
Cousa II
“Sen inmigración non podemos producir e non somos competitivos. Os poderes públicos teñen que nos escoitar”.
A frase non é dun dirixente da esquerda, senón de Josep Sánchez Llibre, da patronal catalá, Foment del Treball.
Unha frase que desde logo non asinarían nin Vox nin Aliança Catalana nin tampouco hoxe un PP demasiado atento a non incomodar os sectores ultra do electorado.
Unha frase chea de intelixencia e que revela que o capital non se pode realizar sen o factor traballo. De primeiro de marxismo: só o traballo cría valor e sen traballadoras/es -sexan autóctonos ou inmigrantes- non hai plusvalía.
Cousa III
Necesitamos formar máis médicas e médicos nas universidades públicas galegas, no conxunto do sistema universitario do País. Máis médicas e médicos. As 400 prazas en Primeiro de Medicina da USC non chegan. Que é o que non entende o PP galego? Ou que intereses serve ao defender ese límite de prazas?
Cousa IV
Vista a entrevista de Gemma Nierga ao presidente do Goberno español na televisión pública estatal, conclúo que non, que non estamos nunha ditadura e que si, si é posíbel o xornalismo nos medios que pagamos cos nosos impostos.
Cousa V
Xa non é posíbel ocultar que os EUA están a cometer crimes de guerra no Mar do Caribe, coa coartada do combate contra o narcotráfico. Moi interesante, nese sentido, o traballo de investigación xornalística do The Washington Post, o mítico diario que tombou Nixon e que agora, ai!, é propiedade de Jeff Bezos.
A coartada non dá agachado o albo obxectivo que persegue Washington: facerse coas fabulosas riquezas naturais (a comezar polo petróleo) de Venezuela.
Cousa VI
Como é obvio, estou moi lonxe de ser Obama ou Pedro Sánchez, mais vanme permitir que eu tamén faga recomendacións musicais e partille con vostedes unha recente descuberta que fixen no océano de Spotify: a voz de Catherine Russell (Nova Iorque, 1956). Puro jazz clásico, a bordar eses standards típicos dos filmes de Woody Allen. Seica estivo hai pouco por Euskadi. Estaría ben que algún día apañase o micrófono nalgún palco galego. @mundiario
Cousa I
O secretario xeral de Vivenda de Urbanismo da Xunta, Heriberto García Porto, afirma: “Agora só pode acceder á vivenda un 20%, hai que volver a prezos asumíbeis para a clase media”.
E o resto?
Cousa II
Volto a ver Bebeto, moitos anos depois, no seu santuario, no estadio de Riazor. Fala exactamente igual, coa mesma cadencia, do que a primeira vez que o vin, en 1992, á súa chegada á Coruña. Vén presentar a súa biografía autorizada, asinada polo xornalista deportivo Alexandre Centeno. Boto de menos o mesmo que botei de menos durante os anos da súa estadía entre nós: que, no mínimo de cando en vez, se exprese no seu marabilloso bahiano, unha das formas máis lindas da nosa lingua galego-portuguesa, perfectamente transparente para os nosos ouvidos.
Cousa III
Seica Xoel López anda matinando nun himno para o Dépor. Todo o hype.
Cousa IV
Aznar négase a condenar o franquismo porque seu pai foi falanxista. Alguén imaxina un líder da CDU alemá negándose a condenar o nacional-socialismo por seu pai ter sido das SS?
Todo en orde: esta mesma semana, o PP volveu pactar con Vox o goberno da Generalitat.
Cousa V
Vexo estes días o telexornal de Pepa Bueno. Moi, moi digna a cobertura do ingreso en prisión de Abalos e Koldo. Si é posíbel unha televisión pública de calidade non gobernamentalizada.
Cousa VI
Pois claro que é ben facerse cun exemplar de “A novela do bravú” que anda estes días a presentar o grande Xurxo Souto. @mundiario
Cousa I
A sentenza contra o fiscal xeral do Estado bebe do irracionalismo, a posmodernidade e o trumpismo: a verdade e os feitos non importan –de aí que se desbotasen os testemuños dos xornalistas–, o que si importa é mostrar que tes poder (el que pueda hacer algo, que lo haga) e vontade de o exercer, sexa xusto ou non.
Cousa II
Presencio a toma de posesión da nova fiscal superior de Galiza, Carmen Eiró Bouza. É a primeira muller en acceder ao cargo. Pronuncia un sólido discurso –cargado de paixón polo servizo público– e faino en galego, o que acredita o seu compromiso co maior patrimonio que temos como país. Un bo comezo de mandato.
Cousa III
A prensa de dereitas no canto de celebrar o fin da ditadura, celebra os 50 anos da monarquía parlamentar.
Canta razón ten Javier Pérez Royo cando afirma que naquela altura a prioridade dos poderes fácticos non era a democracia, mais si a blindaxe da restauración monárquica (por suposto sen pasar por referendo, non fose ser que se perdese).
Cousa IV
Atacan Ana Pontón por se reunir con Cristina Kirchner. A ver, Kirchner continúa a simbolizar unha Arxentina máis xusta e soberana, non o satélite de Washington pilotado por Milei. Atacan Pontón co argumento de que CFK foi condenada por corrupción. Claro, como Lula. Chámase lawfare: o estado profundo ao servizo das oligarquías (si, fóra de Rusia tamén hai oligarcas) que se revolta contra aqueles que fan políticas (aínda que sexan moderadas) tendentes a lograr certa xustiza social.
Cousa V
Martin Baron, exdirector do Washington Post e The Boston Globe: “Xa non dou por sentada a liberdade de prensa nos EUA”. Frase que obviamente se pode aplicar a Galiza e ao resto do Estado español. Xa non polo contaxio trumpista –as fake news non son de agora, lembremos o acoso ao bipartito, o bombardeo constante de mentiras–, senón pola cada día maior dependencia que os medios teñen a respecto da publicidade institucional.
Alén de en establecer os feitos, o xornalismo consiste en controlar o poder. Mais, como fas xornalismo se é o poder quen te financia?
Cousa VI
Comecei a ver Anatomía dun Instante. Excelente factura visual e impresionante traballo dos actores Álvaro Morte, Eduard Fernández e Manolo Solo. Moi recomendábel. @mundiario
Cousa I
O xuízo ao fiscal xeral do Estado lembroume aquela frase dos westerns série B que meu pai me levaba a ver ao Cinema Arnau na BCN dos primeiros anos 70: "Le haremos un juicio justo y lo colgaremos".
Cousa II
A equipa de Dylan anuncia que en breve informarán sobre novas datas, na primavera de 2026, da xira Rough and Rowdy Ways. Sen o pensar, e comportándome como o fan que son, escrebo en X: “Come to Galiza!”.
Cousa III
Non deixa de ser meritorio o esforzo da maior parte dos medios por, nas súas referencias a Castelao, neste seu 75 cabodano, ocultar a evidencia de el ser a figura fundacional do nacionalismo galego.
Cousa IV
Leo que o PP vota coa extrema dereita europea en Bruxelas contra o obxectivo de emisións para 2040. Está claro: Abascal marca o paso (o da oca) da dereita española.
Cousa V
Con cada vez maior frecuencia me ocorre que abandono textos cando nin sequera alcanzo a súa metade. Quizá por iso tendo cada vez máis a escreber breve.
Cousa VI
Extraordinaria película Los Domingos, complexa e sutil, a profundar no misterio, na dialéctica entre a razón e o inefábel, sen condenas condescendentes, cinema para adultos, atento aos matices, cheo de verdade, nada panfletario, mais non equidistante, a tomar posición, desas obras grandes que che deixan literalmente sen alento. @mundiario
Cousa I
Na disparatada causa contra o fiscal xeral do Estado, o spin doctor da presidenta da comunidade autónoma de Madrid, Miguel Ángel Rodríguez, afirma: “Son xornalista, non notario”, a xeito de coartada para xustificar as súas falsidades (“mentir non é delito”, etc).
Ben, xornalista non é, o xornalismo consiste en establecer os feitos tal e como son (non como nos convén que sexan).
O xornalismo consiste en procurar a verdade (existe fóra de nós, con independencia da nosa vontade), non en espallar mentiras.
Cousa II
Podo estar contento coa victoria do reformista Zohran Mamdani en Nova Iorque? Claro, as reformas, se son nun sentido positivo, son mellores do que a continuación do desastre.
Alén diso, deixounos unha magnífica campaña digna de estudo do punto de vista da comunicación política.
Cousa III
Em València, caído Mazón, Feijoo continúa a negociar o nihil obstat de Abascal, que é neste momento o chefe fáctico da dereita española.
Cousa IV
Ricardo Darín é algo máis do que um ator. Sobre o cenario dun teatro, velo ao vivo é unha experiencia pola que convén pasar no mínimo unha vez na vida. Actor total, probabelmente é o máis talentoso nas últimas décadas de cantos utilizan o castelán como lingua de traballo.
Funo ver ao Colón -naturalmente cheo- con "Escenas de vida conyugal", de Ingmar Bergman, no cartaz. Desde a butaca contemplas alguén que domina absolutamente todos os aspectos do seu oficio e que che dá a impresión de gozar, tamén de sofrer, co que fai.
Unha hora e 50 minutos de espectáculo que me pasaron voando. Extraordinario Darín e extraordinaria tamén Andrea Pietra, vibrantes os dous, pletóricos de intensidade, enxeño, dor e verdade.
Cousa V
A obra de arte de Yeremay en Zaragoza. Palabras maiores. Desfrutemos e fagamos votos por que fique entre nós o máximo tempo posíbel.
Cousa VI
Mais unha vez, abruma o aparato propagandístico por volta de Rosalía. Mais unha vez, non conseguen que me interese. Debe ser que xa crucei o Rubicón de certa idade, ese momento en que acabas escoitando sempre a mesma música. @mundiario
Cousa I
A Xunta presenta os seus orzamentos para 2026. Son tan previsíbeis como os anteriores.  Planos, faltos de ambición, sen respostas para os principais problemas que temos como sociedade: a deterioración dos servizos públicos, o cada día máis imposíbel acceso a unha vivenda digna para a grande maioría das persoas traballadoras...
Dous datos abondan para ilustrar de que van estes orzamentos: a partida destinada ao pagamento da débeda ascende a 1.858,59 millóns de euros, en tanto que a encamiñada a políticas de vivenda apenas chega a 255,9.
E, aínda así, o Goberno Rueda renuncia a aceptar a quita de 4.000 millóns de euros da nosa débeda.
Cousa II
Non lle lin nada a Juan del Val –e non teño a menor intención de o facer agora– mais dubido que a súa calidade literaria sexa superior á de Keith Luger ou Silver Kane, autores dos romances, das novelas de vaqueiros, que meu pai devoraba.
Portada del libro O país invisible junto a una foto del autor, Arturo Lezcano. / Mundiario
Cousa III
Arturo Lezcano, fillo dunha lenda do xornalismo galego, con quen tiven a honra de partillar redacción na Voz de Galicia, publica en Libros del K.O. o volume O país invisible. A epopea atlántica da diáspora galega.
Un deses libros absolutamente necesarios que alguén tiña que escribir. E non se me ocorre ninguén mellor que Arturo, desde a súa propia experiencia, para o facer.
Cousa IV
Como era evidente, e advertín modestamente aquí, o Goberno Sánchez recuou no asunto do endurecemento das cotizacións das persoas traballadoras autónomas. Un globo sonda de libro. Tampouco entendo ben que gañan con ese xogo.
Cousa V
Leo en Praza.Gal que a Xunta concedeu a medalla de Galicia á herdeira do trono español sen abrir o expediente obrigatorio por lei para ponderar os seus méritos (?). O asunto investígao o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. E que fai a Xunta de Rueda? Pois tramitar unha reforma para que a partir de agora as propostas de medallas emanadas da presidencia da Xunta se materialicen sen ningún control previo. Democracia monárquica.
Cousa VI
Sarkozy entra en prisión. Nas repúblicas os chefes de Estado non son xuridicamente inviolábeis. @mundiario
Cousa I
A única batalla que non se gaña é aquela na que non combates. A esquerda política e social francesa acaba de gañar unha non pequena: o debilísimo goberno francés -que non representa o sentir do electorado tal e como se expresou nas lexislativas de 2024, con vitoria da Fronte Popular- accedeu a suspender de facto a reforma das pensións, que eliminaba dereitos adquiridos e pretendía pasar a idade de xubilación dos 62 aos 64 anos. Si, 62...
Deste xeito, Macron gaña algo de tempo e a esquerda social demostra que, ás veces, tamén desde a oposición se obteñen vitorias (e se alguén o dubide, que pense no proxecto Altri).
Cousa II
É difícil de entender o endurecemento das cotizacións ás persoas traballadoras autónomas avanzado polo Goberno do Estado. Só se pode entender se estamos perante un globo sonda que preludie unha rectificación pilotada por Sánchez. Se non é iso, é un erro maiúsculo dun Executivo que confunde as boas cifras macroeconómicas coas penalidades micro que os segmentos máis fráxeis da populación sofren por abaixo.
Cousa III
Na sesión de control ao Goberno do Estado, escoito Abascal, máis grotesco que nunca, e pregúntome retoricamente de onde sae este individuo. A resposta xa a sabemos todxs: do PP.
Cousa IV
Trump, a Netanyahu no Parlamento israelí: "Moito obrigado, caro Benjamin, fixeches un traballo excelente".
Cousa V
Carlos Calvo anuncia en X o novo libro de Xosé Manuel Beiras: Un socialismo propio. O cooperativismo no Beiras mozo. Edítao Em Selecta Companha, xa está á venda e ten unha pinta estupenda.
Cousa VI
Sentín moito a morte de Diane Keaton. Actriz única. Actriz que en si mesmo constitúe un xénero cinematográfico (con ecos, si, da mellor Katharine Hepburn). Versátil e irredutíbel a un só patrón: extraordinaria na comedia e no drama. Descanse en paz. @mundiario
Cousa I
Carece da exuberancia verbal e do sentido da política espectáculo de Jorge Bergoglio, mais Robert Prevost, o primeiro Papa estadunidense, comeza a me parecer un personaxe ben interesante.
Discreto. Firme. Tranquilo. Francisquista? Si, mais ao seu xeito.
A través de Parolin, o seu ministro de Asuntos Exteriores, aquel que no conclave era a aposta dos sectores centristas da Curia, Prevost fixo chegar con clareza a Tel Aviv a súa solidariedade coas manifestacións propalestinas que se realizaron estes días en varios puntos do planeta, incluída unha multitudinaria en Compostela. A embaixada de Israel protestou. Prevost nin se inmutou: esa é a posición do seu papado, cousa que o sitúa moi á esquerda da dereita internacional, sexa a tradicional (Rueda, Feijoo, Tellado, Ayuso) sexa a dexenerada póla do trumpismo (Milei, Meloni, Abascal).
Non só iso: anuncia viaxe ao Líbano, a visita pastoral de denso contido político que Bergoglio proxectou e que, por razóns de saúde, non puido materializar.
Amén.
Cousa II
Algúns xornais –felizmente non este que edita José Luis Gómez– indícanme o tempo de leitura dos artigos. Costumo tomar ese dato máis en conta do que gostaría.
Cousa III
Queredes mergullarvos a fondo nos intríngulis do caso Begoña Gómez? Non, nos vos fai falta contratar Woodward e Bernstein, os xornalistas que investigaron o Watergate. Tédelo moito máis doado: botádelle un ollo a Vaya Semanita, o modélico programa humorístico da televisión vasca. Sábeno todo sobre o asunto.
Cousa IV
Que ruído coas ferias de Rueda! A ver, está claro que Rueda non considera que as vacacións estean sobrevaloradas. Apáñaas agora e, si, é un pouco raro. Con todo, dubido que a xente vaia notar moito a súa ausencia.
Cousa V
A miña experiencia móstrame que necesito varias escoitas para xulgar un álbum (e con frecuencia pasan os anos e mudo de opinión). E por iso que me sorprende a lixeireza coa que se louva ou condena o último de Taylor Swift con apenas unhas horas de abordaxe.
Cousa VI
Comecei a ver Animal. Pon Luís Zahera no elenco de calquera produto de ficción e xa tes máis da metade do traballo feito: continúa en estado de graza. Sostén todo, até os mometos de guión que merecían algo máis de fineza para non caer na caricatura excesiva. Lucía Caraballo dálle unha réplica máis que digna. A serie está por enriba da media e as nosas paisaxes dá xenio velas. @mundiario
Cousa I
A derradeira cata demoscópica de Sondaxe mostra que a única forza que medra a respeito das eleccións galegas anteriores é o BNG.
A caída do PP -2,1 puntos sobre febreiro de 2024- é moi significativa, como o é tamén a confirmación de o BNG liderar a intención de voto na faixa etaria entre os 18 e os 44 anos.
Nunca houbo unha distancia tan curta, en termos demoscópicos, entre o nacionalismo e a dereita gobernante.
Cousa II
O alegato de Trump a prol da utilización do Exército contra "o inimigo interior", ou sexa, contra o seu propio pobo, conecta co que as forzas conservadoras e/ou reaccionarias fixeron durante séculos no Estado español.
Cousa III
O potente xornalismo de investigación que se practica en España vai acabar descobrindo que Begoña Gómez –ou a súa asesora, que escándalo!– deixou un día un café sen pagar.
Cousa IV
Sentín a morte de Carlos Fernández Santander. Estabamos moi distantes no ideolóxico,  mais partillamos non poucas conversas na vella redacción de La Voz de Galicia, nos Catro Camiños, e desde logo a súa ben documentada historia do Deportivo foinos moi útil a servidor e a Jesús Flores cando escribimos a nosa para a editorial Xerais que daquela dirixía con tino o grande Vítor Freixanes.
Cousa V
Os meus parabéns para El Ideal Gallego, para a nova xeira que enceta, a recuperar a súa cabeceira histórica, en fermoso vermello. Non podo esquecer que os meus dentes xornalísticos, mellores ou piores, me saíron nesa redacción. Long, long time ago...
Cousa VI
Este día no que escribo fanse 28 anos da aparición de Time out of mind, de Mr. Dylan. Hai moito tempo que a estrea dun álbum non representa un auténtico acontecemento cultural. Este foino e o seu impacto por suposto continúa a ecoar nos nosos días. Algo só ao alcance dos elixidos. @mundiario
Cousa I
Por que era tan especial José Mujica? Porque non era un político que falase só de política. Falaba de algo máis importante aínda que a política (aínda que ao cabo todo sexa política). Falaba da vida, do don máis preciado que temos, falaba de que facermos cos días que vivimos. Falaba desa hipótese tan estatisticamente pouco probábel, a de existir: as posibilidades de virmos ao mundo son de unha entre non sei que cantos millóns. E, porén, aquí estamos: “Lo raro es vivir”, lembremos o título do romance de Martín Gaite.
E, como estamos aquí, fagámonos dignos desa experiencia extraordinaria. E tirémoslle todo o proveito, sen mancar ninguén, procurando a irmandade cos que tamén tiveron a inmensa fortuna de nacer.
Mestre de vida e tamén mestre de morte. Na derradeira conversa con Jordi Évole, ante a pregunta de se estaba a pensar moito na morte, Mujica respondeu: “A tan importante señora no la atiendo, cuando quiera venir, que venga, y le diré: sería bueno que se diera otra vuelta”.
Canto ao Mujica estritamente político, valla este apuntamento: foi un grande entre os grandes, armado cunhas conviccións socialistas inabalábeis, isto é, contrarias á exploración do home polo home inherente ao capitalismo. Unha vida, a súa, de loita exemplar contra o imperialismo e a prol da xustiza para unha Humanidade que el viu sempre como un único pobo, como un todo. Unha figura xigante. Descanse en paz.
Cousa II
Ignoro se actuou o Espírito Santo, e tampouco sei (aínda que intúo) até que punto Francisco (un bo tipo, ao que un elo sen dúbida une a Mujica) o deixou todo bastante argallado, mais paréceme que a Igrexa acertou ao elixir Papa a Robert Francis Prevost Martínez.
Nel Steve Bannon ve unha sorte de Anti-Cristo. Normal, León XIV non só ten na cabeza o “Rerum Novarum” de León XIII –un manifesto a prol dos dereitos proletarios–, senón que soergue o principio básico do cristianismo: non hai pobos elixidos (nin Israel nin os Estados Unidos trumpianos nin o UK de Starmer), todos os pobos son iguais en dereitos e o suxeito que debe protagonizar a historia é a Humanidade vista como a vía tamén Mujica, como un todo ao que salvar das ameazas que pairan sobre ela, a comezar polas guerras que asolan o planeta.
No seu primeiro discurso, alzou a voz “por unha paz desarmada e desarmante”.
Amén.
Cousa III
Lamine Yamal non é deste planeta. Ben, si que o é. Tampouco esaxeremos. Digamos que é unha improbabilidade estatística que felizmente tomou forma humana: nunca ninguén antes coa súa idade fixera o que el acaba de facer e coa aparente facilidade co que o acaba de facer. Está chamado a cear na mesa cos máis grandes: don Alfredo, Pelé, Johan, El Diego, Leo. O ano que ía ser de Mbappé acabou sendo o ano de Lamine Yamal.
Cousa IV
O modelo de colaboración público-privada polo que aposta a Xunta na súa política de vivenda embarranca en Xuxán, na Coruña. En que consiste ese modelo? En que as e os futuros inquilinos -familias de rendas modestas- cofinancien a construción? En que alugueres de 500 euros se tornen en cotas inasumíbeis que nalgún caso ían roldar os case 1.000 euros?
Desde 2009, a Xunta só entregou 50 vivendas de promoción pública na Coruña, a mesma Xunta que non para de pór paus nas rodas no proceso de declaración da cidade como zona tensionada.
Aquí vemos como o PP antepón a súa ideoloxía neoliberal -as casas son unha mercadoría máis e un nicho de negocio- ao dereito cidadá a unha vivenda digna a un prezo accesíbel.
Cousa V
Este sábado 17.M, queremos galego. O resto do ano, queremos galego tamén. Mais non só como unha efusión sentimental, senón tamén como unha demanda material: coa lingua somos moito máis ricos e até engordamos o PIB, sen ela nos tornamos máis pobres.
Unha lingua, non o esquezamos, que nos nomea e que nos comunica con centos de millóns de seres humanos, cos que partillamos o segundo idioma romance con máis utentes do planeta. @mundiario
COUSA I
Morre José Ángel de la Casa. Os que nos criamos escoitando as narracións sobrias de Juan José Castillo e José Félix Pons vimos en José Ángel de la Casa o sucesor natural, cun chisco máis de paixón, a xusta e necesaria, mais sen forofismo, outorgándonos a nós, espectadores, o status de persoas adultas, sen necesidade de ter un futebolista a carón para explicar os segredos dun xogo aparentemente sinxelo (tampouco é física cuántica, mais ten os seus misterios non aptos para leigos) porque ele propio foi un xogador notábel, que se non chegou á elite foi porque unha lesión no xeonllo se interpuxo no seu camiño.
A mágoa é que, en xeral e como moi poucas excepcións, o seu legado ficou orfo, ninguén apañou o relevo, nun mundo agora cheo de xornalistas (?) con bufanda, indistinguíbeis do gabinete de prensa do club do que fan propaganda.
COUSA II
Ao ler no suplemento XL Semanal que distribúe La Voz de Galicia unha interesante entrevista con Arthur G. Sulzberger, editor de The New York Times, fico a saber que Donald Trump tenlle prohibida a entrada ao Despacho Oval a Associated Press –a maior axencia de noticias dos EUA– porque mantén a denominación “Golfo de México” e non a de “Golfo de América” pola que pelexa agora o inquilino da Casa Branca.
Asombraríame se non tivese esgotado xa a miña capacidade de asombro.
COUSA III
No coleccionábel que sobre Castelao está a publicar Nós Diario, o político e ensaísta Francisco Rodríguez redixe un artigo sobre o líder histórico do nacionalismo galego e nel asina unha frase da que gostei especialmente, tamén por a considerar guía de presente e futuro:
“Castelao, sendo de conviccións tan fondas, non se deixaba hipnotizar por un ideoloxismo que fanase a vontade de actuación práctica no curto prazo”.
COUSA IV
Banco Santander gaña un 19% mais do que en 2024.
Caixabank consegue un beneficio de 1.470 millóns no primeiro trimestre
Iberdrola aspira a gañar máis de 6 mil millóns, un novo récord.
Coa ditadura bolivariana de Sánchez, ao gran capital non parece que lle vai nada mal.
COUSA V
Comeza en horas o conclave. Todos baixo chave. Que non saian da Capela Sixtina sen elixir un Papa digno de Francisco.
COUSA VI
Reflexión posterior á grande apagada: está claro que a enerxía, como sector estratéxico, debe estar sob titularidade pública. No noso caso, sob titularidade galega. En canto iso non acontecer, prevalecerá a lóxica do lucro –agora non coloco enerxía na rede porque o prezo non me renta– sobre o interese xeral. @mundiario
Cousa I
A ver, estamos en 2025, dá até apuro ter que escribir o obvio: o Dépor é da Coruña. E se iso é así de empírico, non se entende como a estas alturas o clube non asume na súa denominación o topónimo oficial da cidade, non hai forma humana de entendelo.
E que non me veñan con burocratadas tipo “hai que reformar os estatutos”, dou por suposto que a propiedade do clube, se quere, pode facelo e mesmo a fume de carozo.
En todo caso, mentres non se substanciar a mudanza estatutaria, nada debería impedir que no escudo e nas camisetas o Dépor sexa da Coruña con carácter inmediato. Non estaría mal facelo xa estes días, cando o soño de se enganchar ao play off de ascenso tampouco parece unha quimera, da man dun adestrador que, con enorme elegancia, naturalizou o uso do galego nas súas conferencias de prensa.
Parabéns, en fin, á rapazada e ao profesorado do IES Rafael Dieste da Coruña por lanzar unha iniciativa que, máis cedo que tarde, alcanzará o seu obxectivo.
Cousa II
Convocados por SOS Sanidade Pública, miles marcharon en Santiago en demanda dunha sanidade pública mellor. Son unha representación da grande maioría social que quer o mesmo. A resposta de Rueda non pode ser menos digna dun presidente democrático. “Son os de sempre”, dixo en alusión ás persoas manifestantes. Agora que hai listaxes de espera até para ir ao médico de cabeceira non parece ser a prepotencia presidencial o mellor camiño para lidar coa irritación que se espalla no seo dunha sociedade que paga relixiosamente os seus impostos e, con demasiada frecuencia, ve como os servizos que se lle ofrecen se están a degradar a pasos axigantados.
Cousa III
Todos os que entregamos textos sabemos que as grallas acaban aparecendo, queirámolo ou non.
Ah, aqueles tempos en que había correctores humanos, non aplicacións informáticas! Naqueles tempos en que catro ollos vían máis que dous, os textos costumaban lucir máis limpos de erros e, se algún xurdía, sempre tiñas o consolo de o teu xefe che dicir: “Hasta el mejor escribano echa un borrón”.
Cousa IV
Os EUA, proteccionistas. A China liderada polo comunista Xi Jinping, librecambista.
Normalmente protéxese aquel que se comeza a percibir como inferior.
Cómprenos unha bússola nova, un compás distinto, para orientarnos nun mundo que non acouga nin un minuto.
Cousa V
A gala de entrega dos premios María Casares foi un eco de Riazor e Balaídos.
Ou sexa: Altri Non.
Mentres tanto, Rueda continúa a facer de comercial da empresa portuguesa.
Cousa VI
10 billóns de dólares volatilizados após as ordes executivas arancelarias de Donald Trump: o diñeiro que se esfuma na bolsa é diñeiro ficticio, ou sexa, non se corresponde coa economía real, produtiva, co valor materialmente producido.
Se me poño marxista, diría que estamos vivir os típicos momentos da fase senil do capitalismo.
Até Zapatero fala do comezo do declive do imperio.
A cousa ponse interesante. @mundiario
Cousa I
Siro, unha institución do humor gráfico galego, ve en Altri un “embolado” para Rueda.
Nas páxinas de La Voz de Galicia, Siro inclúese entre aquelas e aqueles que non queremos Altri. Normal, dóelle o país, ámao. E actúa en consecuencia.
Cousa II
Ryan Adams estivo na Coruña e deixou un concerto inesquecíbel. Hai quen pon o acento en aspectos accesorios, formais, do seu show. Si, é un tipo excéntrico e cun carácter digamos que particular. Encaixa no tópico de enfant terrible. Vale, mais se imos ao miolo do asunto, á música, pois a verdade é que non sei se neste momento ten moito rival na escena do folk-rock. Ten un talento tan exuberante que ás veces non é quen de se dosificar (claro que é a súa vida, non a nosa, e se a el lle apetece gravar millenta álbums, non serei eu quen llo afee).
Cousa III
Con frecuencia, o xornalista deportivo que hai en min reaparece: botei contas, e no que vai de liga o FCB promedia 2,8 goles por partido. O de Flick –empurrado por dous dos tres mellores futbolistas do mundo, o xenio xuvenil Lamine Yamal e o portentoso Pedri– leva camiño de se converter nun equipo lendario.
Cousa IV
TVE lanza 2Cat, o proxecto televisivo integramente en catalán.
E con axilidade e bo tino a xornalista Rocío Castro apunta en X: “Ola, @RTVEGalicia”.
Agardo que atendan o recado.
Cousa V
A ver, se gastamos en Defensa o actual 1,3% do PIB, Rusia atácanos seguro. Ou sexa, que temos que gastar 2% do PIB para estarmos a salvo.
Tómannos por parvos. E serémolo?
Cousa VI
Ante as convocatorias de manifestacións para este sábado 5-A contra a mercantilización dun dereito básico como o acceso a unha vivenda digna, simplemente quixera apuntar que na Galiza as competencias básicas na materia están residenciadas na Xunta e que o balance de xestión dos 15 anos do dueto Feijóo-Rueda non resiste a comparación cos 4 anos do bipartito, coa nacionalista Teresa Táboas á fronte da consellaría. @mundiario
Cousa I
Unha tarde calquera de abril de 1978 en BCN, despois de ver unha reportaxe sobre o filme en Informe Semanal, armeime de valor, fun onde meu pai e díxenlle: “Papá, quero ver Superman mañá no cine. Déixasme?”.
Foi a primeira vez que fun a un cinema de estrea, por suposto sen meus pais, ao para min mítico Palacio Balaña. Non fun só. Acompañoume o meu colega Carlos Alemán (o meu colega de entón, hai capaz máis de 40 anos que non o vexo).
Volvín encantado. “Papá, Christopher Reeve está xenial como Superman”. Ollou para min como quen olla para un marciano. “Christo...que?”. Normal, nunca ouvira falar del e, de feito, se algunha vez o atopara pola rúa, ese día posterior á estrea, ou calquera outro día dos anos seguintes, por suposto que non o recoñecería. Si, claro, recoñecería os seus James Stewart ou, sobre todo, John Wayne, o seu favorito.
Case medio século despois, seica outro Superman andou pola Coruña. Henry Cavill. “Henry... que?”: teño que confesar que cando lin a noticia, tiven de recorrer a Google Images. Como meu pai en 1978, eu tampouco o tería recoñecido pola rúa. A verdade é que de adulto, e descontando o Batman de Tim Burton, nunca vos fun moi devoto do cinema de superheroes.
Cousa II
Permitídeme unhas liñas para louvar a valentía que este medio que me acolle, o Mundiario de José Luis Gómez, mostrou ao publicar un valente editorial sobre Altri, xusto após unha nova mobilización histórica.
Cousa III
Se o Goberno español quere que as armas que o Estado lle vende a Israel non se utilicen en Gaza teno moi doado: que non lle venda máis armas a Israel.
Todo o que non sexa iso será puro bla bla bla.
Cousa IV
Estes días atrás verificamos que a populación galega non ten calquera problema en descodificar o “nh” de Martinho -nome que designou un fenómeno atmosférico- e que ninguén se equivoca ao pronunciar a palabra.
A ver cando a Academia Galega -en proceso pre-electoral agora- dá un paso avante e legaliza o “nh” e o “lh”, no mínimo nunha perspectiva binormativista.
Por certo, que sobre ese proceso pre-electoral o académico Xosé Luís Axeitos comezou a escribir nos diarios de Prensa Ibérica (Faro, El Correo, La Opinion) unha serie de artigos que recomendo moi vivamente.
Cousa V
O PIB galego crecerá 2,6% en 2025, por debaixo da media estatal (2,8%).
De quen é a culpa? Pois se nos guiamos polo aparato de propaganda do PP na Galiza, a culpa é indubidabelmente do BNG e de forma singular de Ana Pontón.
Cousa VI
Comecei a ler El Español que enamoró al mundo. Quen se non Julio Iglesias? O autor é Ignacio Peyró, un auténtico estilista da prosa castelá. Un libro a ler se gostardes de Iglesias, un libro a ler se detestardes Iglesias. Un biopic de que o autor se serve, a modo de mcguffin, para trazar un brillante relato das últimas 6 décadas da historia da colonia española e da súa metrópole norteamericana. @mundiario
Cousa I
Seguramente entre as cousas miúdas, a cousa menos miúda é o fútbol (permítanme que parafrasee unha sentenza que usualmente se adoita atribuír a Arrigo Sacchi), así que esta sección non se podía subtraer a unha das grandes polémicas dos últimos días, o xa lendario duplo toque (ou non) de Julián Álvarez nos oitavos de final da Champions face ao RM.
De todo o que lin sobre o asunto, espigo aquí un texto dun dos grandes do xornalismo deportivo español, Alfredo Relaño.
“La gracia del fútbol no está en poner a un señor en una sala brumosa a buscar cagadas de mosca a cámara lenta, sino en la pugna noble sobre el campo”.
Amén.
Cousa II
Se vivides ou andades pola Coruña estes días, eu de vós iría ao Fórum Metropolitano a gozar da exposición “Rosalía. Proclamar ao mundo que Galiza existe”, promovida por Vía Galega e Galiza Cultura e despregada na cidade por iniciativa da Asociación Veciñal Oza-A Gaiteira-Os Castros.
A mostra, que ficará aberta até o 22 de marzo, responde ao activismo incansábel de Francisco Rodríguez, un dos grandes investigadores rosaliáns. Lendo os paneis informativos, enfeitados cos magníficos deseños de Pepe Barro, aprendes o básico de Rosalía e, de paso, desterras preconceitos, falsificacións e minusvaloracións sobre a vida e a obra da escritora fundacional da literatura galega contemporánea, un vulto á altura das grandes figuras das letras universais.
Cousa III
Altri Si, di a Xunta. Ben, estaba máis que amortizado o nihil obstat do PP a unha operación empresarial que Portugal rexeitou no seu territorio e que só se fará se as e os contribuíntes poñen diñeiro do seu peto (pero o beneficio do capital non se xustifica en que o empresario arrisca o seu patrimonio?).
Alén do debate técnico, aquí do que se trata é dun debate político que atinxe a cerna da política industrial da Xunta.
Para onde olla o Executivo de Rueda? Para o século XX -coa ominosa data de 12 de setembro de 1963, en que Franco inaugurou a celulosa de Pontevedra- ou para o século XXI?
Esa é a pregunta.
Cousa IV
Trump lanza unha guerra arancelaria con mensaxes nada subliminais aos seus supostos socios.
A Trump -está a un paso do fascismo, mais de parvo non ten un pelo- enténdeselle todo: se queres continuar a nos vender o teu viño, mércanos máis armas.
Cousa V
O PP e a ultradereita voltan a pactar en València. Mazón xoga as súas pezas, mentres Feijóo finxe que está nos biosbardos.
En realidade, a noticia deste pacto non debería sorprender ninguén. De onde vén Vox? Do PP. E de onde vén o PP? De Alianza Popular. E de onde viña Alianza Popular? Pois iso.
Cousa VI
Israel reata as súas operacións xenocidas en Gaza, a rachar unilateralmente o cesar o fogo. Por que o fai? Porque o fai e non lle pasa absolutamente nada. Porque non lle ten o máis mínimo custo, nin diplomático nin económico.
A cousa é como para que a sedicente comunidade internacional -a comezar pola UE- morra literalmente de vergoña. @mundiario
Cousa I
Vou ver A Complete Unknown. Non unha, senón dúas veces. En VOSE, of course. Non por esnobismo, senón porque unha fita, se posíbel, haina sempre que gozar na versión primixenia, tal e como foi filmada.
Podería ser um biopic convencional, a tentación de se limitar a un traballo artesanal estaba aí, mais James Mangold entrega unha obra complexa, con moitas dobras e matices, disposta para ser revisitada.
Para alén do enorme traballo actoral -a comezar por un maiúsculo Chalamet, ao que dan réplica perfecta Barbaro, Fanning e Norton-, o filme preserva o enigma dylaniano, ese misterio sen o cal o personaxe -que é unha construción de Robert Allen Zimmerman- non se entende (se é que é posíbel entendelo).
Prevexo que se vai tornar nun clásico e que a partir de agora calquera cineasta que propoña un biopic vai ter esta obra moi presente.
Visto o filme, volto a ouvir a íntegra do Highway 61 Revisited (ultimamente caín no vicio de escoitar Dylan no Spotify aleatorio e desde logo non é o mesmo) e a conclusión é que antes de 1965 ninguén fixera nada parecido, ou sexa, xusto o que caracteriza un xenio.
Cousa II
O trumpismo faise forte no PP, con ataques estes días sen pés nin cabeza ao BNG e a Ana Pontón (o último, a groseira manipulación dun cartaz de Altri non). A ver, tampouco Trump inventou nada. Os que levamos tempo nisto lembramos perfeitamente como gañou Feijóo as eleccións de 2009, empoleirado nunha cadea de mentiras convenientemente amplificadas por un aparato de intoxicación ante o que o mesmísimo Steve Bannon quitaría o chapeau.
Cousa III
Ernesto Ekaizer, sen dúbida un dos xornalistas en activo máis interesantes e mellor informados, publica nos diarios de Prensa Ibérica -La Opinión da Coruña, Faro de Vigo, El Correo Gallego, entre outros- unha espléndida columna titulada “Minerales contra China”.
Nela sostén a tese de que en Ucraína Trump -que está moi perto de ser un fascista, pero que de parvo non ten un pelo- ambiciona dous obxectivos: a) facerse cos seus recursos naturais máis preciados e b) atraer Rusia ao seu campo ou o que é o mesmo, e moito máis importante, impedir que caia definitivamente nos brazos de China, o auténtico rival estratéxico dos EUA.
Nada novo baixo o sol: Nixon fixo o propio nos 70 do pasado século, só que cos papeis mudados: atraer a Mao para debilitar a Breznev.
Cousa IV
Bergoglio, seica, está fóra de perigo. Alédome. Que tempos estes en que o Papa de Roma está á esquerda de moitos chefes de Estado ou presidentes de goberno supostamente progresistas!
Do que máis gosto de Bergoglio é da súa conciencia de que todos somos imperfectos, isto é, pecadores, na terminoloxía relixiosa. Todos, incluído el. Esa proclamación da imperfección, esa misericordia ante os nosos límites, bótase moito de menos noutros ámbitos da vida pública, desde a cultura até a política, tantas veces fogueiras de vaidades.
Cousa V
Jeff Bezos, o dono do xornal, intervén na sección de Opinión do Washington Post para se  priorizaren os artigos sobre “liberdades persoais e libre mercado”.
A seguir, o responsábel da área, David Shipley, renuncia ao posto após a xiradela na liña editorial do mítico rotativo que, Watergate e xornalismo de investigación mediante, provocara a dimisión do presidente dos EUA.
A ver, a editora de Lou Grant -había tensión coa redacción, pero non intromisión nos labores propiamente xornalísticos- era un personaxe televisivo. A realidade é, por dicilo suavamente, moito menos amábel.
Cousa VI
Certificar o coñecemento do catalán en Catalunya como elemento a ter en conta para demostrar o teu arraigo no país que te acolle! Que escándalo! Mas, o que achan estes cataláns? Que a súa lingua é tan digna de consideración como o castelán en Madrid ou o francés en París? @mundiario
Cousa I
Somos sapiens, así que os símbolos nos definen. E hai momentos en que teñen unha potencia especial, descritiva dunha época. Verbigratia: o día despois de unha formación neonazi se tornar na segunda forza política de Alemaña –92 anos após do triunfo de Hitler–, na Coruña realizáronse dous actos de inequívoco contido anti-fascista.
O primeiro tivo lugar nun dos institutos icónicos da cidade, o Zalaeta. No seu interior, chovía a cachón fóra, fíxose o tributo, amparado pola Comisión de Recuperación da Memoria Histórica e pola comunidade educativa dese centro de ensino, a Clemente Juan de la Cruz García, coruñés nado en 1910 e gaseado nun campo de exterminio nazi en 1941.
Na súa memoria colocouse, no pavimento diante do instituto, unha stolpersteine, unha pedra coa que batermos cando andemos por esa rúa a modo de recordación do que nunca debe ser esquecido.
Gloria e honra para quen deu a vida para que as seguintes xeracións gozásemos de liberdade!
O segundo acto tivo como escenario o salón de plenos do Concello da Coruña: a concesión do título de fillos adoptivos da cidade aos mozos senegaleses Ibrahima Diack e Magatte N’Diaye, os rapaces que puxeron en risco a súa integridade para tentar salvar a vida de Samuel Luiz, salvaxemente asasinado nun crime de obvias connotacións homófobas.
Ibrahima e Magatte, naquela altura dous sen papeis, ese tipo de persoas ás que odian con todas as súas forzas os neonazis alemáns alentados por Elon Musk (ou sexa, polo emperador Trump), ofreceron unha enorme lección de dignidade e de humanidade, o antídoto contra a barbarie.
Clemente, Ibrahima, Magatte: que orgullo seren coruñeses, que orgullo seren galegos!
Cousa II
Continuemos (brevemente) sachando nas leiras xermánicas: sen ánimo de escribir un tratado político (nada máis lonxe das modestas intencións destas cousas miúdas), si que podemos avanzar que os filonazis patrocinados polos EUA superaron unha socialdemocracia en bancarrota e cada vez máis abandonada polas clases traballadoras.
Aínda ben que Die Linke ultrapasara as expectativas, cun resultado moi esperanzador entre a xente moza (é a primeira forza na franxa etaria entre os 18 e os 25 anos, un pouco como o BNG na Galiza). No en tanto, a esquerda ten moito a reflectir sobre como combater o monstro.
Cousa III
Leo en X o grande Leonardo Boff, un dos grandes vultos latinoamericanos da teoloxía da liberación: “Não sei que tipo de cristianismo possuem na cabeça aqueles cristãos/as que insultam por todos os modos o Papa e lhe desejam não só a morte péssima mas o fogo do inferno. Prefiro, como diz o Papa, um ateu sensível aos pobres que um cristão de comunhão diária insensível aos oprimidos”.
Amén.
Manifestación en Compostela. / Xurxo Lobato
Cousa IV
A multitude voltou a falar nas rúas de Compostela. Queremos galego. O Goberno galego amaga con se abrir a un pacto sobre a lingua, mais faino de forma trampulleira: o decreto do plurilingüismo -cuestionado abertamente pola RAG que preside Vítor Freixanes- seica non se toca. Que pacto é aquel que se comeza pondo fóra do debate un ámbito clave para o desenvolvemento de calquera lingua, moito máis dunha que está minorizada no seu propio país?
Cousa V
Galiza debe 12.154 millóns de euros. O Estado ofrécelle unha condonación sobre 4.010, isto é, a débeda galega baixaría nun terzo. Rueda renuncia a esa rebaixa cun argumento que non é argumento, senón slogan: “Non nos soluciona nada”.
Que lle damos? O Nobel de Economía ou o Nobel de Submisión á Rúa Génova?
Cousa VI
Morre Roberta Flack, 88 anos. Vou a Spotify a escoitar a canción que lle agasallou a Clint Eastwood na súa estrea como cineasta, The First Time Ever I Saw Your Face. Unha voz extraordinaria, unha intérprete chea de verdade.
É máis do que iso. En X @manelmarquez rescata esta frase súa: “Entristéceme profundamente que moitas das cancións que gravei hai 50 anos sobre os dereitos civís, a igualdade de dereitos, a pobreza, a fama e o sufrimento na nosa sociedade continúen a ser relevantes hoxe”.
Descanse en paz. @mundiario
Cousa I
James Ellroy, en conversa con Enrique Clemente, nas páxinas de La Voz de Galicia, afirma que Marilyn Monroe era “estúpida, vulgar e falsa e non tiña talento ningún”. E, porén, dedícalle un libro. Un libro en que Monroe, sen ser un personaxe, é unha presenza permanente.
Non lle lin nada a Ellroy (embora sexa eu bastante afeizoado ás novelas negras), mais a frase sobre Monroe produciume un certo shock. O talento como actriz de Marilyn, ao meu xuízo, está fóra de toda dúbida. Basta ollar para o seu traballo en Some Like it Hot ou en The misfits, a súa última fita. Era indisciplinada, esquecía con frecuencia as liñas do guión que tiña que dicir, de acordo, mais era única: a súa soa presenza abondaba.
Talvez Ellroy di iso sobre Monroe porque todo o mundo sabe que dicir algo así sobre ela é unha aposta segura para fabricar un titular rechamante. Escribe Ellroy sobre Marilyn, fala mal Ellroy sobre Marilyn, para surfear sobre a onda do mito, sexa consciente ou inconscientemente.
Cousa II
Pepe Carreiro inaugurou exposición na sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, rúa de Santo André, na Coruña. “Humor para mudar o mundo. Que graza!!” titúlase. Espléndidos cadriños publicados durante o tempo en que colaborou co extinto Xornal de Galicia que dirixiu o editor de MUNDIARIO, José Luis Gómez.
Carreiro colócase na esteira de Castelao e Maside, na mellor tradición do humor gráfico non só galego, senón universal. Un humor gráfico para ser tomado moi en serio, como el costuma dicir. Un medio artístico -e tamén xornalístico- para exercer a crítica política e social.
Estará aberta até o 6 de marzo. Se podedes ir, non o dubidedes.
Cousa III
A monumental estafa arredor dunha criptomoneda en que participou Milei é a demostración de que, no capitalismo de casino que o ultra arxentino promove, a banca sempre gaña.
Milei animou a xogar nese casino e alentou os ludópatas co berro de “La Argentina Liberal crece”.
Debe ser que La Libertad Carajo consiste na liberdade de ser estafado polo teu propio presidente, que agora enfronta 110 demandas xudiciais polo penal.
40.000 persoas perderon diñeiro na xogada, mais os promotores da criptomoneda, axudados por Milei, gañaron 44 millóns de dólares.
Cousa IV
Cociñeiros á marxe, que nos di o último oráculo demoscópico de Sondaxe? Basicamente que a única forza política que medra na Galiza -quer para  unhas galegas quer para unhas xerais- é o BNG. Ou, dito doutro xeito, e co horizonte posto na Xunta, nunca a distancia entre o nacionalismo e o PP -que retrocede- foi menor.
Cousa V
Na súa abordaxe do conflito na Ucraína, Trump finxe que Europa non existe. Pero existe?
Cousa VI
No asunto este da suba do SMI e o seu tratamento fiscal, asáltanme sospeitas sobre se non estaremos perante unha certa posta en escena e reparto de papeis entre o PSOE e Sumar, co obxectivo de lle botar un cabo á organización de Yolanda Díaz, sen a cal a permanencia de Sánchez na Moncloa sería virtualmente imposíbel. Bah, non me fagan moito caso: talvez me pase de freada conspiranoica. @mundiario
Cousa I
Feijóo non foi á gala de entrega dos premios Goya para non agasallarlle todo o espazo facha a Abascal.
Feijoo fai case todo condicionado por Abascal, o representante de Trump e agora de Orban (o amigo de Putin!) na reserva espiritual de Occidente.
Cousa II
Na SER Galiza entrevistan o ministro de Interior, Grande Marlaska, quen afirma que o noso país non é tan epicentro do tráfico de drogas na península como o foi nas décadas dos 80 e dos 90 do pasado século.
A resposta de Alfonso Rueda, en X, é case inmediata. “Vemos con preocupación como se ten incrementado o consumo de drogas e o narcotráfico, así como a delincuencia vinculada a este problema”.
Até aquí, normal.
Mais a seguir engade: “Non podemos mirar cara outro lado e debemos redobrar esforzos ante esta lacra que desgrazadamente a sociedade galega coñece ben de tempos pasados”.
Home, se cadra Rueda tería que taparse algo máis cando fala destes temas.
Ana Pontón rapidamente retrucou, tamén en X: “A sociedade galega si que coñecía o problema no pasado. Toda a sociedade galega? Quizais o xefe de Rueda non tanto”.
Cousa III
Visto o Dépor-Almería, a alguén lle pode estrañar que Yeremay estea no punto de mira de clubes da Premier e do Fútbol Club Barcelona? E non creo que falte moito para que no radar dos grandes apareza tamén Mella...
Cousa IV
As administracións comezan a pór na axenda a cuestión da vivenda. Non foi sen tempo. O asunto é que non a poñan para facer que fan, o asunto é que a cousa non fique no terreo da propaganda. Cómpre estarmos moi atentos e  tamén aprendermos de experiencias como as que impulsa o arquitecto Iñaki Alonso, promotor da cooperativa que ergueu o edificio Entrepatios, en Madrid.
Cousa V
Cuestión de confianza na Coruña. Sen sorpresas. Inés Rey e a súa equipa están en minoría na cámara municipal e nestes momentos non teñen a  confianza da formación política, o BNG, en virtude da cal a socialista chegou á alcaldía.
Ou quizá si houbo unha sorpresa: despois de emparentar Jorquera con Puigdemont, o PP dedicou boa parte da sesión a facerlle as beiras ao portavoz do BNG, a quen instou unha e outra vez a que apoiase unha moción de censura encabezada polo xefe das filas conservadoras en María Pita, Miguel Lorenzo.
“O problema é que tampouco confiamos en vostede, señor Lorenzo”, retrucou Jorquera.
Sería interesante saber que pensa Rueda –ou Feijóo–- das desesperadas chamadas do PP coruñés a un pacto cos nacionalistas galegos na Coruña.
Cousa VI
A predicción de Marx é que ao final da escapada -cando o proceso de concentración e de monopolización chegue ao seu límite- ficarán moi poucos capitalistas e que o salto ao socialismo será simples: bastará con os expropriar e socializar os seus medios de produción, tan avanzados que producirán infinitas riquezas. Nos EUA, na cúspide xa só hai dous: Musk e Altman, aquel a querer mercarlle OpenAI a este, este a lle replicar a aquel cunha oferta retranqueira por X. @mundiario
Cousa I
Feijóo non foi á gala de entrega dos premios Goya para non agasallarlle todo o espazo facha a Abascal.
Feijoo fai case todo condicionado por Abascal, o representante de Trump e agora de Orban (o amigo de Putin!) na reserva espiritual de Occidente.
Cousa II
Na SER Galiza entrevistan o ministro de Interior, Grande Marlaska, quen afirma que o noso país non é tan epicentro do tráfico de drogas na península como o foi nas décadas dos 80 e dos 90 do pasado século.
A resposta de Alfonso Rueda, en X, é case inmediata. “Vemos con preocupación como se ten incrementado o consumo de drogas e o narcotráfico, así como a delincuencia vinculada a este problema”.
Até aquí, normal.
Mais a seguir engade: “Non podemos mirar cara outro lado e debemos redobrar esforzos ante esta lacra que desgrazadamente a sociedade galega coñece ben de tempos pasados”.
Home, se cadra Rueda tería que taparse algo máis cando fala destes temas.
Ana Pontón rapidamente retrucou, tamén en X: “A sociedade galega si que coñecía o problema no pasado. Toda a sociedade galega? Quizais o xefe de Rueda non tanto”.
Cousa III
Visto o Dépor-Almería, a alguén lle pode estrañar que Yeremay estea no punto de mira de clubes da Premier e do Fútbol Club Barcelona? E non creo que falte moito para que no radar dos grandes apareza tamén Mella...
Cousa IV
As administracións comezan a pór na axenda a cuestión da vivenda. Non foi sen tempo. O asunto é que non a poñan para facer que fan, o asunto é que a cousa non fique no terreo da propaganda. Cómpre estarmos moi atentos e  tamén aprendermos de experiencias como as que impulsa o arquitecto Iñaki Alonso, promotor da cooperativa que ergueu o edificio Entrepatios, en Madrid.
Cousa V
Cuestión de confianza na Coruña. Sen sorpresas. Inés Rey e a súa equipa están en minoría na cámara municipal e nestes momentos non teñen a  confianza da formación política, o BNG, en virtude da cal a socialista chegou á alcaldía.
Ou quizá si houbo unha sorpresa: despois de emparentar Jorquera con Puigdemont, o PP dedicou boa parte da sesión a facerlle as beiras ao portavoz do BNG, a quen instou unha e outra vez a que apoiase unha moción de censura encabezada polo xefe das filas conservadoras en María Pita, Miguel Lorenzo.
“O problema é que tampouco confiamos en vostede, señor Lorenzo”, retrucou Jorquera.
Sería interesante saber que pensa Rueda –ou Feijóo–- das desesperadas chamadas do PP coruñés a un pacto cos nacionalistas galegos na Coruña.
Cousa VI
A predicción de Marx é que ao final da escapada -cando o proceso de concentración e de monopolización chegue ao seu límite- ficarán moi poucos capitalistas e que o salto ao socialismo será simples: bastará con os expropriar e socializar os seus medios de produción, tan avanzados que producirán infinitas riquezas. Nos EUA, na cúspide xa só hai dous: Musk e Altman, aquel a querer mercarlle OpenAI a este, este a lle replicar a aquel cunha oferta retranqueira por X. @mundiario
No asunto Altri, e por vez primeira en moito tempo, o PP xoga á defensiva. Normal, se temos en conta que até bases electorais conservadoras ou cuestionan o proxecto (que falazmente se nos presentou nun principio como unha fábrica de fibras téxtiles, agora sabemos que vai ser unha megacelulosa) ou o defenden coa boca pequena, sen ningún entusiasmo, por pura disciplina.
Se eu fose E.T. e non un xornalista galego, custaríame bastante traballo entender a posición do PP sobre un proxecto industrial que, liderado por capital portugués, non se establece no veciño país, senón no noso. E xusto no corazón dunha das comarcas do rural máis vizosas e desenvolvidas de Galiza. É como se alguén decidise que xa que lles vai ben ímosllo pór difícil, non vaia ser que se veñan moi arriba.
Servidor ten as raíces en Melide e alí o asunto ferve. Un curmán de meu díxome graficamente este día: “Se fose tan boa [a factoría], non a traían para aquí, ho”. O sector produtivo primario –leite, tenreira, queixo– e as actividades secundarias ligadas ao turismo -ao fenómeno xabobeo nomeadamente- saben que van ser moi afectados se o proxecto ir avante.
Como editorializaba este medio, Altri é unha industria altamente contaminante, con niveis de polución que mesmo serían superiores aos de Ence. Lembremos que Ence se deu instalado na ría de Pontevedra durante a Ditadura, un período en que non era precisamente sinxelo oporse aos plans gobernamentais e Galiza carecía de institucións de autogoberno creadas para defender os seus intereses. Sería tráxico que, téndoas teoricamente agora, vivísemos un remake daquilo e se autorizase a implantación dunha megacelulosa no territorio que é o cerne xeográfico do País.
Clamor en Galicia contra Altri: un grito en defensa del territorio, contra la contaminación
La Xunta debe explicar su apoyo a un proyecto contaminante
Rueda enfróntase coa Galicia máis dinámica e moderna polo proxecto de Altri
Altri non
Alén de todo iso, Altri representa unha sorte de capitalismo parasitario do sector público que non é precisamente moderno. Os seus responsábeis teñen dito que o proxecto só se faría se Europa puxese do seu peto a cuarta parte do investimento (250 millóns de euros).  Téñase en conta que eses 250 millóns de euros se poderían investir virtuosamente noutras actividades que si fosen presentábeis do punto de vista dunha economía ecolóxica á que debemos aspirar para lidar coas alteracións climáticas en curso. En todo caso, a lóxica de Altri indignaría a Adam Smith e a Milton Friedman. Os panexiristas do capitalismo basean a lexitimidade do sistema (o capital e non o traballo é quen se apropia do excedente, do beneficio) en que son os capitalistas os que arriscan o seu diñeiro. Pois non parece que os donos de Altri teñan moito amor ao risco. Ou hai cuantiosos fondos europeos (aliñados cos 30 millóns do Perte estatal que agora Besteiro anuncia que non virán) ou a marabillosa pasteira non se instalara perto do Río Ulla.
Mas volvamos ao rego inicial: o PP, á defensiva. Tanto que o único que é quen de dicir Rueda é que a Xunta só autorizará o proxecto se este non vulnerar a normativa medio-ambiental. Home, só faltaría! Con todo, os primeiros informes da Xunta seica son favorábeis á megacelulosa. Ora, non nos enganemos: esta non é unha batalla xurídica nin técnica, senón política. Unha batalla en que o PP calculará custos e beneficios.
E por moito que a blindaxe mediática de que goza se esforzase en minimizar a enorme manifestación do pasado domingo, os analistas do PP saben o que pasa neste País cando se producen marchas do tamaño das que se rexistraron durante as mobilizacións convocadas por Nunca Máis: non é posíbel reunir tanta xente se entre ela non hai tamén moitas electoras, moitos electores, do partido no goberno.
O PP xoga á defensiva e non está afeito a facelo. Se a sociedade manter o pulso, Altri non verá a luz en terreos de Palas de Rei, ben pertiño do meu querido Melide. @mundiario
A primeira conclusión que nos deixa a XVIII Asemblea Nacional do BNG é ben doada de tirar: se en España o rival a bater pola dereita política e mediática é o PSOE de Pedro Sánchez, na Galiza é o BNG de Ana Pontón.
Abonda con ler o que dixo Alfonso Rueda após a XVIII Asemblea Nacional. Puxo no albo das súas críticas Ana Pontón, á quen insidiosamente atacou nas vésperas. Veu dicir que perdera case 20% de apoios no conclave nacionalista (?!).
A ver, unas pequenas anotacións para ver se se esclarece o presidente do Goberno galego (e de paso os ínclitos membros do Partido Columnista ao seu servizo). O primeiro que cabería dicirlle é que alguén que chegou ao seu cargo de forma dixital (isto é, por decisión cesarista do seu predecesor, quen á vez chegou ao seu cargo actual por decisión de quen realmente manda no seu partido) debería gardarse un pouco e ser menos prepotente. O segundo é que de calquera líder que obteña 84% dos votos nunha asemblea democrática (como o son todas as que realiza o BNG, con participación directa sen ningún tipo de límite de toda a militancia) se pode dicir con absoluto rigor que consegue un apoio abrumador. En todo caso, as previsíbeis e nada imaxinativas críticas de Rueda son normais vindo de quen manobrou todo o posíbel para que ninguén ousase cuestionar o seu acceso á primeira maxistratura do PP galego (con recados incluídos de Papá Feijóo a Diego Calvo para que non ousase facer ningún movemento en falso e lle deixase vía libre ao até daquela vicepresidente).
A verdade é que o estraño nunha organización frontista como é o BNG (que non é un partido político, porque agrupa diversos segmentos representativos da sociedade galega, con contradicións entre eles, por suposto, pois non hai sociedade viva que non encerre contradicións internas) é que as súas asembleas se salden con listas únicas. O natural é que as distintas focaxes sobre o que facer e sobre como facer o que hai que facer se sometan abertamente ao ditame da militancia, no canto de resolverse en despachos como acostuman a facer os partidos de sedicentes notábeis, aqueles onde as decisións se ventilan en núcleos de dirección elitistas. A política é xusto a forma de as sociedades avanzaren (ou, ai!, ás veces retrocederen) xestionando e superando dialecticamente os desacordos. Visto dese ponto de vista, un 84% dos votos á lista liderada por Ana Pontón e, sobre todo, o apoio unánime ás teses a debate mostran que no BNG o respaldo á liña política despregada desde a XVII Asemblea Nacional é realmente esmagador.
Goretti Sanmartín ve en el BNG una alternativa real para la transformación de Galicia
O BNG e a revolución de gobernar
La nueva ejecutiva del BNG: Ana Pontón consigue unidad en la diversidad
El BNG sigue pisando fuerte, pero su partner no tanto
Surfear as ondas
Polo demais, en toda organización viva hai sempre, negalo sería cínico, tensión entre o novo e o vello, entre xeracións (aínda que sería edadista establecer como regra xeral que nas e nos idosos reina o conservadurismo e nas e nos mozos, o vangardismo), entre campo e cidade, entre dereita e esquerda, entre a ortodoxia e o pragmatismo. Iso sucede no BNG, no PP, no PSOE, no Partido Republicano de Trump, no Partido Demócrata do indultador Biden, no Partido Comunista da República Popular China ou no PSUV de Maduro. En absolutamente toda a parte.
O relevante, pois, é como cada organización surfea esas ondas. E como o público percibe ese surfeo, percepción, claro está, moi interferida polos mass media. Polos tradicionais e polos emerxentes, que entre eles tamén hai contradición e dialéctica.
Se pomos todo iso en contexto, o que sae da XVIII Asemblea Nacional é un BNG que ten a valentía de expresarse democraticamente diante da sociedade galega, en contraste cos exercicios dixitais do partido que ostenta o poder na Xunta, e que avanza con paso firme, como se mostrou palmariamente nas eleccións de febreiro e nas distintas catas demoscópicas feitas desde entón, e faino da man dunha líder que deixou varias frases antolóxicas no Pazo de Congresos de Compostela, entre elas esta: ““Aquí e agora o máis revolucionario que podemos facer polo País é gobernar, converter os soños en realidades”. @mundiario
Nesta columna acostumo falar da política nacional galega, de aí o seu título xenérico (polo demais, un obvio tributo a Neruda), mais vanme perdoar que hoxe faga un exercicio de extraterritorialidade (por outra banda, nada estraño nun internacionalista confeso) e arrisque algunhas anotacións sobre as eleccións presidenciais nos EUA, agardo que non demasiado prematuras por seren feitas ao calor dos feitos (mais xa teremos tempo de corrixir focaxes ou xa virán polítólogos que nos alumearán con máis tino se fixer falta).
Sen máis, velaí van as miñas impresións de urxencia:
1.- A idea de os EUA estaren en declive foi mais críbel (campaña Trump) do que a idea de a democracia estar en perigo (campaña Harris). As e os norteamericanos perciben que o seu país xa non reina en solitario no planeta (a derrota en Afganistán, o empate con Rusia en Ucraína, o ascenso imparábel de China, a emerxencia dos BRIC...). Trump, como fixera Reagan nos 80 cando bateu Jimmy Carter, conectou con esa sensación colectiva. Por contra, a tese de o multimillonario ser unha especie de autócrata liberticida non callou na maioría social.
2.- Os lemas asertivos -Make America Great Again- son mais eficaces que os negativos -We're not going back. Aquel, unha palabra de orde ofensiva. Este, unha consigna defensiva. Gañou o ataque.
3.- Os candidatos contan. Trump é o líder indiscutíbel da direita estadunidense, Harris non pasou de ser unha discreta vicepresidenta e a súa campaña, salvo o debate, tivo un perfil moi baixo. Trump é (ou interpreta) un  personaxe. Kamala –certo é que dispuxo de pouco tempo para se preparar, após a saída do escenario de Biden–  estivo como aquel personaxe dun filme de Woody Allen, desenfocada, sen dar nunca co ton necesario que esixía o seu rol na función.
4.- X e Tik Tok impuxéronse aos meios tradicionais (NYT, Washington Post...). O activismo do  plutócrata Elon Musk será estudado nas facultades de Ciencias Políticas. A abstención de Bezzos (o dono do diario que tombou Nixon), tamén.
5.- A clase traballadora mercou o discurso  proteccionista de Trump: o librecambio fai perder os EUA ante a China liderada por Xi Jinping. O globalismo non entusiama os obreiros estadunidenses.
6.- A "esquerda" woke é vista como elitista e afastada dos problemas concretos que viven as e os de abaixo (que, ai, a alienación!, votaron por un magnate).
7.- É clave nunha elección facer o pleno dos teus: a política internacional dos demócratas –o apoio fechado ao réxime sionista– alleoulles un segmento relevante da esquerda mais consciente.
E logo é imposíbel facer o pleno dos teus se sumas á túa causa Bush e Cheney.
En todo caso, todo apunta a que o groso do electorado abstencionista (as primeiras estimacións apuntan a que votaron 20 millóns de persoas menos que en 2020) pertencía ao Partido Demócrata.
8.- Desde o noso continente acostumamos ler a política americana (quer a do norte quer a do sur) con óculos eurocéntricos. Craso erro que moitas veces induce análises xa non pouco ponderadas, senón directamente falsas.
En definitiva, menos aires de superioridade e menos discursos do estilo de “que simples e insubstanciais son estes yankees” non virían nada mal cada vez que pomos o foco nos EUA.
E do punto de vista da esquerda, en que milito, aprendamos unha lección: gañarlle á ultradereita pasa por estar sempre a pé de rúa, manter con coherencia os teus ideais e prohibido ser percibidos como extraterrestres por aqueles aos que queremos representar.
The end. @mundiario
O galego perde falantes, nomeadamente nas xeracións novas, e xa non é a lingua maioritaria do país. Era visto. O fenómeno é complexo e ten varias focaxes posíbeis. Mais unha evidente ten a ver co balance dos 15 anos de goberno ininterrompidos da dereita á fronte da Xunta. 15 anos dan para moito. Hai poucos gobernos na Europa occidental que resistan 15 anos, así que é obvio que algunha responsabilidade na materia lle compete a ese goberno de tan longa traxectoria.
Ben, e basicamente que fixo o Goberno galego en materia de política lingüística durante estes tres lustros? Pois actuar sobre o ensino, desandando os tímidos pasos adiante dados polo bipartito durante o período 2005-2009. Quen tivese crianzas en idade escolar ao longo dese tempo e vivise o inmediato impacto nas aulas que supuxo a chegada de Feijóo -empoleirado pola inefábel Galicia Bilingüe e pola inaudita campaña contra la imposición del gallego- sabe ben do que estou a falar.
Por vez primeira na historia da autonomía, un goberno, o dun PP máis españolista que o de Fraga, lexislou a redución da presenza do galego no ensino, a empecer que en determinadas circunstancias -se así o considerase a comunidade escolar- se puidesen estabelecer fórmulas de inmersión na lingua propia do país, a minorizada, a que se acha en situación de desvantaxe quer do punto de vista material quer do punto de vista xurídico (lembremos que en 1986 o Tribunal Constitucional reputou como inconstitucional a Lei de Normalización Lingüística por colocar o galego á altura do castelán, isto é, por estabelecer que o coñecemento daquel fose tan deber como o dominio deste e non apenas un dereito que se pode exercer ou non).
Sumemos a iso, por exemplo, a postergación da programación infantil na TVG, a desatención das plataformas dixitais (por que é moito máis doado ver produtos audiovisuais lexendados en catalán ou en euskera do que en galego?), a inacción da administración ante a evidencia de as emisoras de radio non cumpriren os compromisos sobre o uso galego selados ao obteren as licenzas públicas correspondentes ou a falta de impulso ao noso idioma nos meios escritos a pesar de estes recibiren cuantiosísimos subsidios da administración autonómica.
A "Paisaxe Lingüística" amosa o dominio absoluto do castelán en Galicia
O Consello de Europa defende ao galego como lingua vehicular e preferente
A necesidade dun novo consenso lingüístico
O galego existe, pese a todo
Engadamos tamén a ausencia clamorosa de campañas institucionais a prol do uso da lingua, decorrente da teoría oficial do convivio harmónico entre o galego e castelán, ideoloxema insustentábel pois non pode haber harmonia cando a situación de desigualdade é manifesta.
En fin, que todo iso está perfectamente calculado e responde a unha política consciente por parte da Xunta. Non é laissez faire, laissez passer. Non é deixar que o mercado coloque cada quen no seu sitio, como se as linguas fosen mercadorías. Non é que a Xunta non faga nada. É pior: si que o fai e faino cun propósito determinado, o de practicar unha política lingüística deliberadamente enderezada a debilitar o débil e reforzar o forte.
Aquí o que está impondo o Goberno galego é o castelán. @mundiario
En realidade, o PPdeG non existe na práctica, o que existe é o Partido Popular na Galiza. Só así podemos entender que os senadores galegos do PP votasen en contra do uso da nosa lingua –nin sequera se abstiveron, votaron en contra!– nunha cámara que en teoría debería ser de representación territorial, mais que funciona como un contrapoder oligárquico fronte ao Congreso –con maiorías absolutas forzadas pola división provincial e o reparto de escanos maioritario e non proporcional á poboación.
O PPdeG non existe, mais o galego si. E aí o PP na Galiza si ten un problema. Un problema para expresarse como en tempos de Fraga se expresaba, como un catch all party. Daquela, o ex ministro de Franco reconvertido en campión da Administración única mantiña no goberno un sector pretensamente galeguista que (Xosé Cuíña dixit) se autopercibía á beira da autodeterminación.
Nada diso fica hoxe en pé porque a dereita española, a diferenza da era fraguiana, está fraccionada e o prezo que ten que pagar o PP na Galiza para aquí se manter como monopolio é tornar desnecesaria a existencia de Vox: a manta, se che cobre a cabeza, deíxache espidos os pés, non hai outra.
Total, que o Consello de Europa lle pide ao Goberno galego que sexa, iso, galego, e non proscriba o ensino das materias científicas na lingua que se orixinou no noso país, esa que logo traspasou fronteiras até virar no segundo romance con máis utentes no planeta.
As tres grandes contribucións do nacionalismo ao autogoberno de Galiza
O avó galeguista de Mariano Rajoy que a dereita galega nunca reivindicou
Un galeguismo universal, constructivo e conciliador
O conselleiro de Lingua ofrece á oposición “un gran pacto” polo galego
Rueda finxirá que non sabe da existencia do Consello de Europa e a prensa amiga ollará para outro lado, mais a realidade continuará aí fóra: o galego existe, pese a todo. @mundiario
Iso precisamente é o que acaba de facer Pedro Sánchez. O individuo Pedro Sánchez ou a factoría Pedro Sánchez (non sabemos até que punto a soidade en que actuou estes días é certa ou un puro mito e todo foi froito dun traballo colectivo). Sexa como for, a posta en escena do amago de dimisión -que estaría inducida pola fabricación de lixo falsario por parte dos aparatos de propaganda ao servizo do PP e de Vox- marcará un antes e un despois na comunicación política.
Non ten precedentes é unha expresión que xa desde hai tempo lle pertence a Pedro Sánchez. Non tiña precedentes un secretario xeral que dimite e volve á secretaría xeral derrotando o aparato (Felipe González dimitiu e volveu, pero el era o aparato). Non tiña precedentes un presidente que chega á presidencia gañando unha moción de censura. Non tiña precedentes un presidente claramente derrotado nas municipais que chama ás urnas o día despois da debacle. E non tiña precedentes un presidente que envía unha misiva “á cidadanía” sen emblema partidario nin selo oficial da Moncloa, a comunicar a apertura dun proceso de reflexión ao termo do cal se cadra dimito, se cadra non.
E non ten precedentes ter toda unha sociedade pendente de ti durante 5 días. Despois de alcanzar esa cimeira nunca antes atinxida por político ningún, é imaxinábel conquistar cotas máis altas?
Pedro Sánchez seguirá al frente el Gobierno
Sánchez sigue, pero ya nada será igual
Sánchez apela a la “regeneración pendiente”
Comparecencia institucional
Unha obra mestra da comunicación política, si, mais con trazos preocupantes, entre eles a deriva cesarista de quen se comunica coas masas sen intermediarios -nada, nin sequera o partido, entre o líder e a sociedade- ou a resolución final da performance, unha comparecencia sen ofrecer aos medios a posibilidade de lle formular preguntas, entre elas algunhas tan obvias como: por que non se somete a unha moción de confianza? ou por que non propón medidas para evitar que o lixo fabricado polos libelos da dereita fique impune?
Como hai ben anos que me dedico á comunicación política, enxerguei con atención o desenvolvemento da función orquestrada por un personaxe único, naturalmente un monólogo: Sánchez costuma actuar ante o público en solitario.
Do ponto de vista técnico, Sánchez será estudado nas facultades. Do ponto de vista político, paréceme o mellor a súa continuidade. Primeiro porque a alternativa -que, cabalgando sobre o lixo, chegasen ao poder o dueto Feijóo-Abascal- mete medo. Segundo, porque a continuidade do actual Goberno central -que só Sánchez garante- é a condición de posibilidade de que o acordo de investidura negociado polo BNG en Madrid, moi positivo para o noso pais, se leve a termo. @mundiario
Sen ruído e sen furia aparentes (outra cousa é como de turbulentas baixen as augas lonxe dos focos públicos), Rueda acaba de laminar Diego Calvo, o único político que amagou con lle disputar a lideranza no partido cando inopinadamente un caso de corrupción mal fechado obrigou o PP a mover o banco dos suplentes e Feijóo tivo que deslocarse á capital do Imperio. Caso de corrupción mal fechado: o de Ayuso e o seu parente, denunciado por Casado, caeu este no canto de aquela -corrupta ou non, o poder teno ela-, así se despachan os asuntos suxos na dereita española de obediencia naturalmente madrileña.
Nos días posteriores ao anuncio da marcha de Feijóo, cando aínda non se sabía se o chefe galego iría indixitar un seu sucesor, Calvo fixo circular a información de que el se ía presentar a unhas primarias. Tiña certa lóxica, pois foi así, nun torneo aberto a distintos candidatos, como Feijóo se fixera coa máis alta maxistratura do PP galego. Calvo dispuña de apoios territoriais sólidos e parecía en disposición de gañar ante un Rueda visto pola maioría dos cadros do partido como un político insípido e gris (o que obxectivamente é, pese á sobreactuación haxiográfica que estamos a ver estes días por parte do sempre esforzado Partido Columnista).
Mais a Calvo faltáballe un apoio esencial, o de Feijóo. E o dedo do líder, ao contrario do que aconteceu con Fraga, non se mantivo neutral: moveuse na dirección de Rueda e aí acabaron as aspiracións do presidente do PP coruñés.
Agora, após Rueda obter a súa primeira maioría absoluta, o novo xefe pásalle factura a Calvo e este, degradado, acepta manterse no gabinete como un conselleiro máis dun goberno que se caracteriza, como os anteriores, polo seu baixo perfil político. Aquí Rueda mantén o selo Feijóo: que non haxa ninguén que lle poda facer sombra.
Rueda, sin vicepresidentes, llama a sus conselleiros a superar a los gobiernos anteriores
No es un Fraga, ni un Albor, ni un Feijóo
Calvo resístese a desaparecer da escena, non como a ex conselleira de Promoción de Emprego, Elena Rivo, quen, nun xesto de dignidade política pouco común, anunciou a súa dimisión como deputada o día despois de se saber que non continuaría no Goberno galego.
En fin, tal vez si que houbo algo de ruído e de furia, mais o aparato de propaganda gobernamental sabe perfectamente como facer para que apenas se noten. @mundiario
São várias as lições que podemos tirar do recente processo eleitoral vivido em Portugal e imagino que, com a passagem do tempo, irão aparecendo mais. Em todo caso, lá vão as seguintes:
1.- O principal responsável da viragem à direita é um PS que esbanjou a sua maioria absoluta (passou do 41% do voto em 2022 a um magro 28,7% agora) porque, além do affaire que levou à demissão de António Costa (provavelmente de maneira injusta), a sua governação não deu resposta aos principais problemas com os que lida a sociedade portuguesa: o colapso dos serviços públicos (nomeadamente a saúde), a crise da habitação (as casas portuguesas a serem das mais caras da UE), e o agravamento da emigração (a fuga ao exterior de talento muito bem qualificado).
Problemas que, por certo, na Galiza não nos são alheios precisamente, embora não tenham levado à desautorização do PP por parte do eleitorado (mas, como se dizia em Irma La Douce, essa é outra história).
2.- Quem tirou proveito ao descontentamento social foi não a direita tradicional nem a esquerda de raíz marxista, senão uma força política que impugna o establishment e coloca-se em parâmetros xenófobos e ultra-liberais (embora conforme foi aumentando nos inquéritos suavizou as suas posições em matéria económica, sem cair nos delírios de, por exemplo, Javier Milei).
O Chega é já uma opção de voto para as classes populares, como o é desde há tempo Marie LePen na França ou mesmo Meloni na Itália.
3.- A esquerda à esquerda do PS -quer o Bloco quer, en maior medida, o PCP- fracassa ao não recolher os votos perdidos pela formação socialista.
A clave aqui é que não forom vistos como partidos pro-mudança: a maioria do eleitorado queria fora do poder o PS e quer Bloco quer PCP são percebidos como sócios necessários do partido socialista.
Impõe-se aqui uma séria reflexão sem que houver nenhuma solução fácil: as crises da social-democracia -em sério recuo em toda a União Europeia- costumam estender-se também ao resto das expressões da esquerda. Quando isso não acontecer assim -por exemplo, com a emergência de Podemos em Espanha- se abre uma janela de oportunidade que com frequência tem muito de conjuntural -e o progressivo desaparecimento da organização fundada por Pablo Iglesias Turrión releva-me de fazer mais comentários.
A lição a tirar em todo caso é que os projetos políticos que não operam desde uma lógica pro-establishment -como o é o BNG na Galiza- devem autonomizar-se ao máximo das formações convencionais ou sistémicas -como, por certo, está a fazer também a organização liderada por Ana Pontón, eis uma das claves do seu sucesso.
5.- Algums comentadores defendem a opção dum bloco central, isto é, dum governo de coaligação entre a direita tradicional e o PS.
Seria um erro porque entregaria todo o campo da oposição ao Chega: se esse governo fracassar, o acceso da ultradireita ao poder seria inevitável.
6.- A questão agora para Luís Montenegro é a de se vai manter ou não a sua palavra e, por tanto, vai deixar fora do jogo o Chega. Se o fizer -se não chegar a um acordo orçamental com André Ventura-, é provável que leve o país a novas eleições (ao tempo que deixa em evidência os seus parceiros espanhóis, que si co-governam com a ultradireita, mas essa, Irma La Douce again, é outra história). Se o fizer, consolidar-se-ia como um líder democrático e reforçaria a ala da direita europeia que se considera incompatível com os ultras. A ala em que infelizmente não milita o partido de Feijóo e Ayuso. @mundiario