O editor de MUNDIARIO, José Luis Gómez, é home memorioso, e por iso lembrou, verbo de Salvador de Madariaga, un meu artigo de hai tempo dedicado –como tantos– a Rosalía de Castro, en que mencionaba o escritor coruñés, por lle ter consagrado un capítulo monográfico no seu libro Mujeres españolas (1972). A leitura deste volume, pola miña parte, deriva da seguinte anécdota. Sendo estudante de Filosofía e Letras, regaleillo á miña nai. Agasallo interesado, pois tamén era para eu o poder ter e ler. A edición é na Colección Austral, de Espasa-Calpe, cuxos libros comprabamos moito os estudantes daquela, polo seu prezo asequíbel. 37 pesetas é unha cantidade que me ficou na memoria, non sei se do volume normal ou do volume extra, como a primeira edición que lin do Quijote, regalada por dúas amigas en 1969. Velaquí a nómina de mulleres que Madariaga selecciona e resgata para a historia: Melibea, Catalina de Aragón, Lady Smith, a Malibrán, Paulina García Viardot, Rosalía de Castro. Como se ve, a nosa escritora é a única personalidade galega do elenco de figuras “españolas” que Madariaga privilexia. Así comeza a súa valoración sobre ela:
Rosalía de Castro se yergue como una de las primeras figuras del Parnaso español, quizá la más alta del siglo XIX. Al pasar de los años, su estatura parece crecer. Claro es que a tal eminencia sólo se llega por ese don natural que llamamos genio. Pero la poesía es arte de esencia tan misteriosa que ni aun el genio basta para explicarla, al menos en aquellos atributos que la hacen más íntima y sabrosa. En Rosalía, el genio natural viene reforzado, realzado, por todo un nudo de tensiones de tal intensidad que amenazaron siempre la vida física de la poetisa y terminaron por darle muerte cuando todavía le faltaban dos años para cimplir los cincuenta. Gran parte de su poesía consistió en exhalar aquel nudo de tensiones que ella solía llamar “su dolor”.
Vistos os presupostos ideolóxico-políticos de que parte o escritor coruñés, non surprende que a súa análise da grande escritora se vexa tamén deles impregnado. Por exemplo, na súa análise do poema “Castellanos de Castilla”, de Cantares gallegos (1863), poema que, segundo el, “contiene cuartetas enteras que Rosalía no debió haber escrito ni menos publicado”. Vese que a “eterna Castilla” non podía ser susceptíbel de crítica nengunha, nen sequer na voz dolorida e indignada da muller que acaba de perder o seu mozo, o seu amante, por mor do maltrato na sega en Castilla, e que reaxe compondo unha mestura de cantiga de amor e de cantiga de maldizer, ao xeito clásico. Igualmente, no prólogo daquela obra, Madariaga xulga “el viento de una pasión fuerte que deforma la realidad”, na liña –xa coñecida– dun Jacinto Octavio Picón, o académico que respondeu o discurso de ingreso na Real Academia Española de Augusto González Besada, dedicado mesmamente a Rosalía de Castro. A ela, a Rosalía, cumpría perdoarlle a vida, por exceso de amor aos seus paisanos. Vaia por Deus! Onde o noso personaxe atina máis é na detección de certas influencias francesas nese “acercamiento al alma sufrida y atormentada del pueblo”, certa actitude que el non dubida en cualificar de “izquierdista”. Así mesmo, advirte que a observación rosaliana sobre a sangría emigratoria non era abstracta e xeral, senón moi concreta e nutrida de casos vistos e en común chorados.
Hai un outro grupo de atribucións á escritora que resultan fascinantes, por reveladoras da extrema dificultade masculin(ist)a en admitir que a xenialidade teña corpo feminino. Como é ben sabido, a escritora fundacional da literatura galega contemporánea foi submetida a diversos procesos de des-sexualización, trans-sexualización ou a-sexualización. Neste ronsel, Madariaga cualifica de “viriloide” a poeta e conceptúao como natural: “Todo artista ha menester los dos sexos en su espíritu; el genio masculino, para fecundar; el talento femenino, para dar forma y cuerpo a la obra. Los dos retratos de Rosalía que tengo a la vista ponen de manifiesto su aspecto genial, es decir, viriloide”. Pasamos por alto disquisicións biográficas que hoxe, documentalmente, están máis que contraditas, para salientar, con todo, o valor da releitura que Madariaga realiza da obra rosaliana, para alén da escolla singular que comentamos no comezo destas liñas.
A elocuencia de Rosalía de Castro
Madariaga, un referente como solución para Europa
Europa, desde la perspectiva de Madariaga
Salvador de Madariaga: el Colón que soñó con un nuevo viejo mundo
Como solía decir Salvador de Madariaga: “Ante todo, amemos a Europa”
O álgido patriotismo galego de Rosalía
Froito desta leitura atenta e minuciosa, destaca a análise que realiza dun texto temperán da escritora, “Lieders”, publicado en 1858 en El álbum del Miño, xustamente o ano do seu casamento con Murguía, como unha sorte de aviso a navegantes (xulgamos nós) ben relevante. Esta peza (prosa poética) que hoxe todo o mundo cita nalgunha das súas frases máis célebres, que fai parte de lemas e até de merchandising, á altura de 1980 era absolutamente descoñecido. Teimamos en dalo a coñecer de mil formas posíbeis, para probar e certificar até que ponto o álgido patriotismo galego da escritora e o seu esclarecido feminismo eran faces da mesma moeda, inseparábeis na súa traxectoria e na súa obra. Pois ben, o perspicaz Madariaga, xulga este texto iniciático como “una especie de manifiesto de la mujer libre que deja tamañito el famoso discurso que Marcela espeta a los compañeros de Grisóstomo en el Quijote. Ya no se trata de la mujer libre, sino de la mujer rebelde." Tendo estabelecido que “el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud”, a rotunda voz feminina declárase acerrimamente libre, nestes termos: “Libre es mi corazón, libre mi alma y libre mi pensamiento, que se alza hasta el cielo y desciende hasta la tierra, soberbio como Luzbel y dulce como una esperanza”. Velaí o clamoroso brado Non serviam! do anxo rebelde, reconvertido en benéfica solución liberadora da muller. A maior abondamento e para reforzar até o limite o pecado, a transgresión antidogmática cometida, a escritora proclamará: “Cuando los señores de la tierra me amenazan con una mirada, o quieren marcar mi frente con una mancha de oprobio, yo me río como ellos se ríen y hago, en apariencia, mi iniquidad más grande que su iniquidad. En el fondo, no obstante, mi corazón es bueno; pero no acato los mandatos de mis iguales y creo que su hechura es igual a mi hechura, y que su carne es igual a mi carne. Yo soy libre. Nada puede contener la marcha de mis pensamientos y ellos son la ley que rige mi destino" (subliñado meu). Nada menos! Alá vai polo río abaixo o mito bíblico de Adán e Eva, acompañado da heterodoxa proclama no valor da propria conciencia e actividade intelectual, na altura negada ás mulleres, depositarias, segundo a ideoloxía dominante, de intuición, sentimento e imaxinación, mais non raciocinio ou capacidade creativo-intelectual.
Xulga Madariaga que este texto é un documento esencial para a vida de Rosalía e aplícase ao comentario doutras obras poéticas. Para el, a suprema calidade de En las orillas del Sar fai aflorar “con asombroso vigor la castellana que esta gallega llevaba dentro”. Sen comentarios.
Finalizamos este paseo rosaliano de Madariaga coa súa análise tan aguda e positiva da produción novelística da escritora, tantos anos situado nunha terra de ninguén crítica (tanto galega como española). O autor non dubida en cualificar como filosófica esta produción: “ella se hizo su filosofía coherente y fuerte, tan distante de la beatería ya ingenua, ya acartonada, como del progresismo elemental y primario”.
Novidades críticas, en fin, dun leitor de alta cultura, por moito que non puidese escapar –como todo o mundo– ás continxencias do seu sexo, contexto, formación cultural androcéntrica e liberalismo españolista ou españolismo liberal. Mais a súa achega sobre Rosalía de Castro ha de ser tida en conta e estimada como importante e audaz. Non por casualidade así foi considerada na tese de doutoramento de Francisco Rodríguez sobre a escritora, a primeira na universidade galega (1988). @mundiario
Estimo en todo o que vale a atención concedida por MUNDIARIO a un meu recente estudo sobre Rosalía de Castro. Trátase da reedición, como Anexo nº 1 da revista Follas Novas –sabiamente dirixida por Xosé Luís Axeitos Agrelo– que publica a Fundación homónima da escritora, presidida con man activa e innovadora por Anxo Angueira.
A 1ª edición deste libro, titulado O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo data de 2010, edición incluída na obtención do XV Premio de Ensaio Vicente Risco, convocado pola Fundación que honra o escritor do mesmo nome, o Concello de Allariz, o de Castro Caldelas e mais Sotelo Blanco Edicións. Xa daquela tivera ocasión de explicar como este estudo supuña un ponto de chegada e, asemade, un ponto de partida. O primeiro xustificábao nunha longa dedicación rosaliana, desde os anos 80 do pasado século, na liña –inaugurada por un insigne rosalianista como Francisco Rodríguez– de procurar non unha revisión da obra da grande escritora, senón de penetrar –sempre en e a través dos seus textos– no significado verdadeiro da súa personalidade e da súa obra, a súa vera effigies, en suma. Para este labor, era preciso situar e desmontar a interceptación crítica a que fora submetida, un auténtico cortocircuito (non casual, desde logo).
A releitura que me propuxen e realicei unha e outra vez iluminou un percurso cronolóxico que arrinca en 1857 (20 anos) e culmina en 1884 (47), un ano antes da súa morte. Prosas fundamentais como “Lieders” (1858) só foran tidas en conta a serio por un autor como Salvador de Madariaga, quen, no seu volume Mujeres españolas (1972), cualifica este ensaio ou prosa poética como asombroso, en termos de deixar empequenecido o famoso discurso de Marcela no capítulo XIV da 1ª parte do Quijote.
En 1980, ano do centenario da publicación de Follas novas, nós resgatamos este e outros textos significativos da escritora. Cando digo “nós” refírome á Comisión da Muller da Asamblea Nacional-Popular Galega e, xa en 1985, a Mulleres Nacionalistas Galegas (BNG). Tempos de autoría colectiva ou de anonimia en termos individuais, ben distantes do egotismo-individualismo actual! Non por azar titulamos rotundamente: “Rosalía de Castro, a primeira feminista da nación galega”. Documentámolo con probas temático-cronolóxicas irrefutábeis.
Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
24 de febreiro, o día do nascemento da poetisa Rosalía de Castro
Libro y exposición del fotógrafo Xurxo Lobato sobre Rosalía de Castro
Anxo Angueira e Xosé Luís Axeitos estarán na presentación do libro O clamor da rebeldía, de Pilar García Negro
Rosalía de Castro aínda non cabe na Galiza actual
O ponto de partida a que me referín supra ten a ver coa intención e a finalidade de oferecer probas fidedignas dunha dupla inauguración protagonizada pola nosa escritora: a da conciencia feminista, xa mencionada, e a dun xénero literario, o ensaio, residenciado en dous maxistrais paratextos: o prólogo a Cantares gallegos (1863) e o que encabeza Follas novas (1880). É, pois, unha muller, unha escritora, no século XIX, a que, con toda a deliberación, examina o papel da literatura, dá conta da razón da súa, declárase militante da causa galega (patria, lingua), explicita unha alianza de clase co seu povo e, dentro del, coa maioría social feminina e, en fin, proclama até a saciedade o dereito de a Galiza existir como tal, e o deber dos escritores de servila.
43 anos tiña exactamente Rosalía cando asina a dedicatoria desta segunda  obra á “Sociedade de Beneficencia dos Naturales de Galicia na Habana”: facíaos ese día, 23 de febreiro de 1880. Damos un gran pulo e situámonos cen anos despois, en 1980. 43 anos nos separan del. Hoxe, ninguén con mínima solvencia nega o radical feminismo de Rosalía de Castro, non só autorreferencial ou biográfico senón profundamente solidario das non-existentes, das sen-voz, das traballadoras da súa terra que, grazas a ela, cobraron vida, pensamento, sentimentos, humanización, en suma. Ora ben, aínda resta moito camiño por andar para que a súa auténtica estatura sexa coñecida e recoñecida, como unha escritora de profunda reflexión filosófico-intelectual, polo seu avanzado pensamento político e moral, o seu prognóstico visionario sobre as sevicias do capitalismo ou, en fin, o seu indeclinábel patriotismo galego.
Si, Rosalía de Castro aínda non cabe na Galiza actual. Para alén do afecto, da simpatía e da adhesión que suscitan a súa persoa e parte da súa obra (a coñecida), aínda cómpre valorar debidamente achegas dela absolutamente pioneiras, cheas de atractivo e de modernidade.
Temos a fortuna de contarmos cun prodixio histórico que non só non tivo parangón no seu tempo senón que está moito por riba das “glorias” consolidadas do universo hispánico ou do anglosaxón. Como a crítica literaria debe aspirar a ser unha disciplina rigorosa e documentada, estas afirmacións non terían valor nengún se non fosen acompañadas da “carga da proba”. Nen máis nen menos é o que este meu libro pretende e inclúe nas súas páxinas, xunto cun convite cordial a mergullármonos –leitura mediante– en mundo tan rico, suxerente e profundo como o que a súa obra nos oferece. Convite que reitero neste mes de Xullo rosaliano, pois, máis unha vez, lembraremos o día 15 o aniversario do seu falecemento. Que a todas e todos preste este achegamento á obra da fundadora da literatura galega contemporánea e, en boa medida, á nosa historia recuperada desde o XIX. @mundiario
Tratarei de aclarar, nas liñas que seguen, a pouca fortuna do título deste artigo. Está motivado por dúas novas lamentábeis que coñecemos recentemente, ambas directamente vinculadas á Coruña, mais con afectación á Galiza toda. Refírome, naturalmente, ao anunciado fechamento de Alcoa e mais ao idem do MAC, o Museo de Arte Contemporánea da antiga Fenosa-Unión Eléctrica, hoxe Naturgy.
Sobre o primeiro: non vou adxudicar ao nacionalismo galego virtudes de Casandra, mais, á altura de 1998, en que o goberno do PP no Estado, con Aznar ao frente decidiu a súa venda á multinacional norteamericana, xa nos gostaría vernos algo más acompañados na denuncia de tal operación privatizadora, como na crítica radical do papel da Unión Europea, como na política laboral de desmantelamento do entramado de empresas estatais, como na programada ruína da industria naval de Ferrol, como... Comentarios como “o importante son os postos de traballo, déaos quen o der” non eran infrecuentes. As consecuencias á vista están.
Afirma o conselleiro de Industria (?) que “isto xa se vía vir” e culpa, para variar, o goberno do Estado (o de agora, o de onte e antonte, non) de falta de previsión. Mais se “xa se vía vir”, onde estaba el?; ula, a Xunta? Como se pode facer gala de tal incapacidade política, cuxo corolario lóxico é, daquela, que a chamada “autonomía” non serve para nada útil, para nada que teña a ver cun autogoberno merecente de tal nome? Para maior escarnio, a empresa, como xa está máis que sabido e repetido, beneficiouse de substanciosas rebaixas-subvencións que os “paganos” das galegas e galegos sufragamos á forza. Esta é a “retribución” da multinacional, esta, a “compensación” por xenerosidade tanta: fechamento empresarial, operarios á rúa, pranto e desolación: máis un furado inmisericorde na maltratada economía galega.
Sobre o segundo. Vaia por diante que eu lamento, como é xeral opinión, que un museo e centro de promoción cultural con sede na Galiza feche as portas, liquide a actividade e poña en risco a obra artística que atesoura, para alén da supresión de bolsas ou outros proxectos. Tamén aquí a Galiza volve ser “la bien pagá” (ao revés, claro). Porque tamén este centro o pagamos colectivamente (e a que prezo!) as galegas e galegos: encoros, exportación de electricidade, tarifas eléctricas altísimas, destrución de economía agrícola-gandeira, afectación destrutiva do meio ambiente, despoboamento de amplas zonas do país, aldeas e vilas asolagadas... Si, todo isto era a ínclita Fenosa. A que pagaba arte e artistas, mais non daba eliminado cables de alta tensión de evidente perigo en lugares poboados ou na proximidade de patrimonio artístico. Curiosa empresa “galega” que obtén de nós plusvalías a eito e, cando lle convén, é absorbida pola multinacional de turno, levanta o voo cando lle peta, abandona toda compensación “cultural” e vai coa música a outra parte. Se isto non é economía colonial, eu son marciana.
Mais que é o que, aliás, me chama a atención desta política? A lamentación de tutti quanti verbo do desaparecemento dun, seica, “buque insignia” da arte e da cultura galega. Acaso non sabiamos a quen pertencía? Talvez descoñecemos cal é a entraña do capitalismo? Ben podería algún dos seus xerifaltes responder: “El capitalismo y yo somos así, señores”, remedando aquela frase do teatro de Eduardo Marquina: “España y yo somos así, señora” (si, o Marquina que compuxo unha letra para o himno [marcha miliar] español). Podemos apontarnos, se nos prace, a practicarmos o deporte da escisión: o capitalismo, en abstracto e en xeral, non nos gosta; agora ben, se nos paga algo, se cuida un pouco o seu lado “moral” aparencial, entón si que vale. Mais o sistema é intelixente dabondo para saber  -e aplicar contundentemente-  a máxima contraria: ou cómprasme todo o lote ou eu non cho vou trocear: ampararei certos produtos culturais, cando me pete e sempre que os considere un valor de mercado; prescindirei deles cando tais condicións non se cumpran, ou cando decida investir noutrén ou, simplesmente, anular calquer intervención  dita cultural.
Antecedentes históricos daquela filosofía escisionista hainos, e ilustres. Resúmoos na coñecida definición de Ramón Piñeiro: galego por bioloxía, por nacencia; español por historia; europeo por cultura. Velaí. Como os hai (antecedentes) contrarios, antagónicos desta mentalidade: véxase Rosalía de Castro, véxase Castelao, por citarmos as personalidades galegas de maior relevo do século XIX e do XX respectivamente. Eu láiome tamén de que artistas contemporáneas-os galegos fiquen privados dun soporte, dunha axuda, dunha megafonía, como a que podía significar o centro que agora anuncia a súa defunción, mais, polo mesmo, e facendo memoria, boto en falta que a súa voz se sentise forte (e non episódica ou individual) cando se perpetraron auténticos atentados contra o patrimonio galego; cando algúns e algunhas ficamos afónicos defendendo políticas culturais públicas, orzamentos dignos; cando denunciamos a construción da Cidade da Cultura; cando auguramos que tal desembolso significaría a anemia inducida para a cultura galega en xeral; cando demandamos, unha e outra vez, a creación e mantemento de espazos, de “canteira” e de programacións públicas para o teatro, as artes plásticas, o audiovisual; cando pedimos reiteradamente que se tivese en conta o tecido cultural asociativo; cando...
Afinal, unha pergunta, que me suscitou o artigo do fundador e director deste meio: é A Coruña a depauperada, a maltratada, ou é a Galiza no seu conxunto? Que máis terá de pasar para decatármonos da necesidade premente de termos instrumentos efectivos de poder político, institucións con capacidade legal, normativa e políticas de regulación do espolio privado, posibilidade, en fin, de voz, voto e veto? Aínda que A Coruña fose “menos” agredida e Vigo mantivese o seu potencial boiante, sería racional e desexábel que toda a poboación se concentrase na vertical destas dúas cidades e o resto se conformase coa súa condición de deserto poboacional ou de cidades-vilas en declive e centos de aldeas fantasmais? O artigo de José Luis Gómez detalla, con toda a competencia, millenta falencias empresariais, institucionais, políticas. Son elas un reflexo da febleza coruñesa ou son, máis ben, metonimia de toda a nación? Aí o deixo, como está de moda dicer agora... @mundiario
“Su sitio natural es Galicia. Insistan para que el cuadro quede ahí”. Estas palabras pertencen a Norma, unha arxentina, filla de galegos, Ramón e Concepción, que emigraran nos anos vinte do pasado século a aquela república. Ramón, en concreto, fixérao, con dezaoito anos, para non cumprir co servizo militar e ser enviado á guerra colonial en África. Declarado prófugo, non puido voltar á terra até a amnistía decretada polo goberno da República para casos como o del. Visitou a Galiza en varias ocasións, mais faleceu en Buenos Aires. Norma acompañoume, no ano 2003, ao Centro Galicia desta capital polo meu interese en coñecer o cuadro de Castelao “A derradeira leición do mestre”. Ante as dificultades para o contemplar, Norma colleu as rédeas da conversa con quen nos atendeu, declarouse a miña representante legal na Arxentina e insistiu en que, sendo eu deputada do Parlamento Galego, debería facilitárseme a visión da peza de Castelao. Atravesamos varios corredores ás escuras e, afinal, chegamos ao cuarto onde ficaba o óleo. Por fin o podiamos ver. Eu chorei e ela, tamén, contaxiada da miña emoción. Tiña só unha leve idea de quen fora Castelao e eu expliqueille a orixe e a finalidade de tal obra de arte. Onte falei con ela, comenteille que estaba aquí esta obra e encarecinlle como moitas galegas e galegos estabamos a demandar que ficase aquí para sempre. Foi cando ela pronunciou a frase que encabeza este artigo: "Castelao, Alexandre Bóveda". Non é Norma só; nas miñas varias visitas a Buenos Aires, falei con máis compatriotas ou descendentes de galegos que eran da mesma opinión: é falso, por tanto, que toda a colectividade galega da capital do Plata pense que a obra é propriedade dela e alá debe ficar.
En 2013, tiven a honra de proferir unha conferencia no Centro Galicia, en concreto no colexio Santiago Apóstol, convidada polo seu director, Carlos Brandeiro. De novo solicitei ver o cuadro de Castelao. Restaurado xa, encontrábase nunha sala moito mellor disposta, con luz suficiente e acompañado doutros obxectos ou pezas relacionadas co ilustre galego, mais non musealizado nen aberta a súa contemplación ao público.
En 2015, no 29 de Setembro, por delegación das entidades promotoras, defendín no Parlamento Galego a Iniciativa Lexislativa Popular “sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego”, cuxo artigo 4 rezaba: “A Xunta de Galiza, polo seu valor e simbolismo, emprenderá as xestións oportunas para que se adquira ou para que se ceda o cadro “A derradeira lección do mestre” e trasladalo desde Buenos Aires a Galiza para ser exposto, nas debidas condicións, xunto ao conxunto da súa obra, no espazo museístico que se define no artigo anterior”. A iniciativa non prosperou polo voto negativo do grupo maioritario da Cámara, o PP. Irada, respondín na réplica que as deputadas e deputados todos da mesma o eran, entre outras cousas, grazas a que persoas como Castelao se preocuparan de sacar adiante o Estatuto plebiscitado en 1936 e, por tanto, este antecedente histórico se puidera facer valer para a promulgación do actual, en 1981, e para a constitución mesma do Parlamento. Mais a negativa estaba xa predeterminada.
Hoxe, “A Derradeira leición do mestre” pousa na Cidade da Cultura, por espazo de seis meses, en exposición titulada “Castelao maxistral”. Na recepción do cuadro, o presidente da Xunta falou de que se trataba dunha homenaxe aos mestres e aínda engadiu que se facía un canto ao ensino liberal, libre de fanatismos. Tal deformación brutal da intención, personaxe retratado e finalidade do cuadro foi parcialmente rectificada, seica, en declaracións posteriores, ante a enxurrada de voces críticas con semellante manipulación da historia.
Realmente, é un pesadelo o que vivemos por parte da cultura oficial galega. O cuadro é un clamor contra o fascismo e o españolismo atroz que deron morte a Alexandre Bóveda o 17 de Agosto de 1936. Está inspirado na estampa homónima que Castelao inclúe no álbum Galicia mártir, publicado en València en Febreiro de 1937, só seis meses despois do martirio de Bóveda. É inintelixíbel se a esgallamos das estampas que a preceden e que a continúan (convido ao público leitor a que as contemple) e ela foi a que inspirou ao seu autor para compor o óleo de gran formato, directamente vinculado á consagración do Día da Galiza Mártir e á reivindicación, no exilio, da figura de Alexandre e de todo o nacionalismo galego reprimido e masacrado.
Coñecín en MUNDIARIO a información (?!) que a Secretaría da Emigración da Xunta se permite dar sobre esta obra de arte. Non hai máis para onde. Como se pode, despois de declarar a súa orixe ou inspiración (Galicia Mártir), afirmar que “responde al viejo tema de encuadramiento de la lamentación ante el cuerpo de Cristo”? Acaso o redactor desta nota ignora que a primeira estampa do álbum leva por pé: “Este é o Deus dos feixistas” (a apoteose do xenocidio) e a segunda reproduce a oración dunha vella paisana perante o cruceiro, con estas terríbeis palabras: “Queiman, rouban e asesinan no teu nome!”. Ou sexa: a alianza do terror político e do colaboracionismo da xerarquía católica na barbarie da guerra civil española. A novena estampa deste álbum eu propria a teño comentado (“Esta dor non se cura con resiñación” é a súa lexenda) como unha Pietà á galega, por retratar a inmensa dor dunha nai co seu fillo morto  –de morte matada– en brazos. Mais na que dá lugar ao cuadro que estamos a glosar, como se pode obviar-omitir-censurar-ocultar que se trata de Alexandre Bóveda e, con el, do nacionalismo galego a que el serviu con todo o seu afán e talento? Como se pode negar que os dous nenos que o acompañan representan o futuro da Galiza, reforzado pola imaxe das árbores que han volver renacer? Non é un discurso de morte, é unha proclamación da vida necesaria, tal e como Castelao expresa na dedicatoria do álbum:
Aos galegos que andan pol-o mundo
Estas estampas, arrincadas da miña propria door, van dirixidas a vós que sempre amáchedes a liberdade e sodes a única reserva que nos queda para reconstruir o fogar desfeito.
Reconstruír. É o que nos cómpre. E que outra cousa que reconstrución da nosa historia magoada, negada e agredida supón reclamar que esta peza de Castelao fique na súa terra, na que deu lugar a que o autor, a miles de quilómetros de distancia, publicase, en 1944, un ano antes da composición do cuadro, Sempre en Galiza? Que outra cousa que reconstrución é reclamarmos que poidamos contemplar, na extensión e variedade debidas, a obra artística de Castelao, 68 anos despois da súa morte, no exilio forzoso?
Ramón era o irmán preferido de meu pai. Sempre mantiveron o contacto epistolar. Se estivese neste mundo, choraría ao ver o triste destino do seu queridísimo “Centro Gallego”. El, coma tantos, non emigrou por gosto ou capricho. Que é o que queren e fan os poderes públicos españois e galegos a respeito do drama da emigración? Aumentala? Acaso se preocupan da situación de tantos e tantos galegos transterrados? Ou máis ben se apontan á mísera compensación de declaralos “donos” dunha obra de arte que nen coñecen nen, por tanto, poden apreciar, fóra dunha minoría exigua? Non temos as galegas e os galegos de hoxe o dereito e a obriga de reatar a nosa historia, a unha e a outra beira do Atlántico, co debido recoñecemento a todos os que, aquí e alá, crearon conciencia galega e traballaron para que ela se traducise en feitos políticos, en institucións que loitasen para dar traballo e vida a todos os fillos da Galiza e, xa que logo, evitar a súa expulsión do país, a emigración masiva?
Primeiro, ocultación e negación. Agora, demagoxia e manipulación. Non merecemos outra cousa? Se Castelao é maxistral, que o poidamos apreciar como tal, a comezar pola contemplación da súa obra, incluíndo a que representa maxistralmente a memoria histórica declinada en, desde e para a Galiza. @mundiario
Escrebo este artigo no día en que se formalizou a aprobación dos orzamentos xerais do Estado, mercé  –para alén dos apoios xa comprometidos–  aos cinco votos do PNV. Tal actuación foi xustificada por “pragmatismo” e por favorecer a “inminente” caída do artigo 155. O PNV trocea a realidade político-orzamentaria cando así se pronuncia, xa que non se limita a aprobar as partidas consignadas para aumentar os investimentos en Euskadi senón os orzamentos no seu conxunto e, con eles, o partido e o goberno que os sustentan. Prisión preventiva para todos os encarcerados-as cataláns e política preventiva: mellor que continúe o PP, ante a ameaza de que tome o mando Ciudadanos: mellor os xenerais Berenguer e Aznar que o xeneral Primo de Rivera. Acaso non é previsíbel a alianza de PP e C’s no futuro, en beneficio mutuo e apoio recíproco para aplicaren a mesma política represiva?
Trocea a realidade o PP cando simula ignorar que, no mesmo día do apoio recebido do PNV, este partido asina con EH-Bildu un acordo que define Euskadi como nación, como suxeito político, abranxente de sete territorios pertencentes a dous Estados e, en nome disto, proclama a lóxica defensa do dereito de autodeterminación. Por algo semellante, están imputados, procesados, acusados, acosados, humillados, perseguidos e submetidos políticos cataláns nacionalistas: no cárcere, no exilio e impedidos de formaren goberno.
O goberno español, o PSOE, Ciudadanos  –a macro-troika represivo-españolista–  non é que troceen a lexislación que eles mesmos impuxeron pro domo sua senón que a manipulan, retorcen e aniquilan ao servizo da persecución, do castigo e da represalia pura e dura de quen ousa defender os dereitos políticos da súa nación, exercelos, tratar de negociar vías pacíficas de interlocución co Estado e formar goberno a partir de resultados favorábeis nas eleicións catalás que o permiten. O goberno español non é que trocee, é que aniquila bases mínimas de respeito á súa propria legalidade cando impede a constitución dun Executivo catalán con elementos posuidores de todos os dereitos cívicos.
Mutatis mutandis, o feminismo á moda trocea a realidade histórica de opresión do sexo feminino, de sexismo secular acumulado e vixente, cando, en nome da “transversalidade”, renuncia a denunciar o capitalismo como matriz esencial de toda discriminación, queréndoo dotar talvez dun “rosto humano”. Eu non dou visto como se pode comprar unha parte do lote e se esixe, asemade, civilizar o resto: cousificación e prostitución feminina por toda a parte, porque manda o deus lucro, para logo pretender bon trato do sistema que as promove e das que vive.
O mesmo sistema que practica con eficacia a atomización, a fragmentación de conflitos, para entorpecer ou dinamitar a conciencia de nación, a conciencia de clase, a través da glorificación do individuo e do cidadán, como se fósemos seres a-nacionais, asociais, como se non houbese sociedades solidificadas nos Estados e nos imperios correspondentes de identidade indiscutida e indiscutíbel para quen non se recoñece nela. Nada de horizontalidade, nada de convivio entre distintos: hexemonía, propriedade e uniformización. A pax romana. A política?: Roma locuta, causa finita.
E nós, galegas e galegos? Troceados en catro provincias e trescentos e trece concellos, esfarelados en localismos estéreis, invisíbeis para o goberno español e domeados polo pseudogoberno da Xunta ad maiorem gloriam da submisión da Galiza autoanémica. Como non nos decataremos de que a negación constante é signo elocuente da identidade diferenciada? Canto máis cumprirá esperar para que as evidencias flagrantes se abran paso entre nós? O consentido e o con sentido: velaí o dilema. @mundiario