24 de febreiro, o día do nascemento da poetisa Rosalía de Castro

Rosalia_opt
Estátua de Rosalia en Padrón. / Juan R.Baliñas

Rosalía de Castro foi una muller moi querida polo pobo galego. É una figura do Resurximento cultural da nosa lingua na que reflexa a paisaxe  da terra, os prados, os ríos.

24 de febreiro, o día do nascemento da poetisa Rosalía de Castro

Rosalía de Castro naceu no Hospital Real de Compostela, hoxe Parador dos Reis Católicos e morreu na Casa d´A Matanza en Padrón. Era filla de Teresa Castro, da boa familia de Padrón, os Castro do Pazo d´Arretén, e dun cura da Colexiata de Iria Flavia, tamén en Padrón. Unha poesía moi entendida, cantada, ou dita pola xente galega. Moita xente do pobo galego  coñecen a Rosalía como “A nosa santiña”. Estudiou en Santiago no Liceo da Xuventude, hoxe Colexio Maior San Agustín.

Rosalía era unha padronesa, unha poetisa que plasmou nos seus poemas a fala de Padrón: os “airiños” airiños aires” o chover “miudiño” pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove.

Publicou “Cantares Galegos”, “Follas Novas” na nosa lingua, e no ano 1884 “En las orillas del Sar” cando xa o cancro –ela chamoulle a súa Negra Sombra– a tiña morta por dentro.

Recordo moi ben que na primaveira do ano 1955 (penso) dona Gala de Murguía, filla de Rosalía de Castro chegou a Padrón para ver a imaxe da súa nai que estaba a facerse no Paseo do Espolón. Eu entón era un rapaciño pequeño que estaba na escola de sor Concepción. Ela, pensou que era moi bo que as nenas e nenos (escola mixta nesos anos) estiveran a vela.

Nos puxo nas esqueiras da Eirexa Parroquial e dende alí vin a unha muller velliña, dona Gala, xunto as forzas vivas d´aquel tempo na nosa fermosa vila: os señores: alcalde Ramón Pazos Giménez, Octavio Sanmartín, Camilo Agrasar ou José Ferrón Martínez, entre outros moitos.

Recordo os sonrisos de dona Gala cando veu a estatua da súa nai, todavía sin poñer no pedestal. Foi un día de sol de primaveira, mentras as rapazas e rapaces mirábamos o acto sin entender moi ben que facía alí tanta xente, que a quen intresaba-lle mais era a dona Gala.

Ata o 23 de abril de 1957, un martes da Pascua, non se inagurou oficialmente o monumento esculpido por un discípulo de Asorey. Foi un día dos mais grandes na nosa vila.

Chegaron xentes de toda a Nosa Terra. O Cardenal de Compostela Fernando Quiroga Palacios, o poeta Aquilino Iglesia, Juan Naya, da Academia Galega e autoridades de Padrón. Quen non chegou foi dona Gala, a única filla  viva de Rosalía, xa moi enfermiña.

Rosalía foi moi amiga de María Bertorini, a bisaboa de Camilo J. Celo, a quen dedica uns versos n´o honore do xeneral inglés sir John Moore, morto en 1809 n´A Coruña na Guerra da Independenza, enterrado no Xardín de San Cárlos, donde podemos ler a poesía de Rosalía.

Rosalía é una muller mítica, una figura querida polo pobo. A vila de Padrón concedeulle o seu nome a rúa do reloxo, hoxe Rúa de Rosalía de Castro.

Comentarios