Nélida Piñón presenta o último libro do escritor e xornalista Miguel Boó

Miguel Boó. / Mundiario
Miguel Boó. / Mundiario

Narra as memorias dun emigrante galego que se converteu no “rei español da bohemia de Ipanema”. A obra titúlase Manuel Rieiro: Cómo conquisté Brasil.

Nélida Piñón presenta o último libro do escritor e xornalista Miguel Boó

Narra as memorias dun emigrante galego que se converteu no “rei español da bohemia de Ipanema”. A obra titúlase Manuel Rieiro: Cómo conquisté Brasil.

A célebre escritora brasileira Nélida Piñón, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentarán este mércoles, no Hostal do Reis Católicos o último libro do escritor e xornalista Miguel Boó, titulado Manuel Rieiro: Cómo conquisté Brasil, no que se recollen as memorias dun coñecido empresario galego que se converteu no “rei español da bohemia de Ipanema”. O acto, no que tamén intervirán o autor e o biografiado, dará comenzó ás 20 horas.

O libro conta como en 1960, con 17 anos, Manuel Rieiro Romar, Manolo de Buxán (Santa Comba) foi rexistrado como o emigrante nº 1.080.499 a Río de Janeiro a onde chegaba cunha man diante e outra detrás. En tres décadas convertiu o seu restaurante Antonio´s no catalizador da intelectualidade carioca e nun refuxio seguro para a oposición ao réxime militar. Figuras lendarias como Vinicius de Moraes, Tom Jobim ou Chico Buarque, fixeronse clientes asiduos do seu local. E outros non menos ilustres, como Pablo Neruda, Frank Sinatra, Mick Jagger, Nureyev, Nicholson, Polansky, K. Douglas, Claudia Cardinale ou o primeiro home en pisar a lua, Neil Amrmstrong, exhibironse naquel templo que acabou por converter ao galego en cidadan honorario de Río, entre outros moitos recoñecementos. E neste palpitante libro, o cuarto do escritor e xornalista Miguel Boó contase cómo o consiguiu.

Na súa primeira novela, Abreviatura autista de Deus (2007), o veterano e polifacético Miguel Boó ofrecíamos un relato iconoclasta, desesperado e claustrofóbico, no que se abordaban as tormentosas relacións de parella, o papel subversivo do sexo, e a podremia da enfermidade, con rancorosas referencias a un Deus abreviado, incompleto e cruel. Tras publicar posteriormente o ensaio histórico La Correspondencia Gallega e o desastre do 98 sobre as guerras de Cuba e Filipinas, acaba de ver a luz, este pasado verán La mala prensa del eucalipto, unha versión accesible e amena da súa tese de doutoramento. Na actualidade, o xornalista traballa na biografía do mítico cantante galego Suso Vaamonde.

Comentarios