Gallardón go home: unha demostración palpable de incapacidade na xestión

Alberto Ruiz Gallardón, ex ministro español de Justicia.
Alberto Ruiz Gallardón, ex ministro español de Justicia.

O xa ex ministro non quixo pasar polo aro, e marcha para casa, abandonando un circo de tres pistas, no que os paiasos tristes campan ás súas anchas, mentres os domadores de tigres son devorados. 

Gallardón go home: unha demostración palpable de incapacidade na xestión

O xa ex ministro non quixo pasar polo aro, e marcha para casa, abandonando un circo de tres pistas, no que os paiasos tristes campan ás súas anchas, mentres os domadores de tigres son devorados. 

 

Son dos que sempre pensou que a coherencia en política debería ser un valor incontestable, nunha sociedade que se puidese considerar medianamente madura. Coherencia e política son termos que a día de hoxe representan entre eles a imposibilidade de conxuntar o nesesario, co real.

Digo todo isto, porque a decisión de dimitir de Alberto Ruíz Gallardón, tanto da súa responsabilidade de ministro de xustiza, como dos seus cargos orgánicos no Partido Popular, fala moito e ben dunha persoa que encarna unha serie de valores nas antípodas do meu pensamento ideolóxico, mais ao que hai que recoñecerlle que ten a coherencia por bandeira nun campo no que os políticos con minúscula están dispostos a facer o que sexa, con tal de seguir nunha magnificamente ben remunerada poltrona.

Gallardón, en cambio, na súa xestión ao fronte do Concello de Madrid, e no propio Ministerio de Xustiza, foi unha demostración palpable de incapacidade na xestión, e un pirómano na súa relación coa lóxica, con cuestión tan antisociais como a subida das tasas xudiciais, deixando unha xustiza so accesible a aqueles estratos sociais economicamente capacitados. Arriola, na súa habitual condición de "gurú" dos populares, tiña claro que unha reforma da lei do aborto como a proposta polo xa ex ministro, era unha bomba nuclear tanto socialmente como nos propios foros internos do Partido Popular. Demasiado risco nun movemento que os podía afastar do votante medio de centro, cando no 2015 hai eleccións municipais e xerais. Velaí unha demostración máis de como están a gobernar este país... a socioloxía imponse á lóxica, e os reiterados incumprimentos do programa electoral, non son máis que cuestións necesarias en función do interese cuantitativo de cada momento.

Gallardón non quixo pasar por ese aro, e marcha para casa, abandonando un circo de tres pistas, no que os paiasos tristes campan ás súas anchas, mentres os domadores de tigres son devorados en cada sesión. Claro que o director de pista demostra con cada decisión, que ao mellor o aforo de espectadores que tiña até hoxe, pode a empezar a ser de nível preocupante nos próximos espectáculos.

Ou non?

 

Comentarios