A Xunta poderá expropiar as leiras sen limpar

Incendios en Galicia./ RR SS
Incendios en Galicia./ RR SS

Esta norma súmase ao Pladiga 2018, sendo o obxectivo da Administración seguir concienciando para colaborar na loita contra o lume.

A Xunta poderá expropiar as leiras sen limpar

No caso de que os propietarios das leiras non cumpran coa súa obriga de limpeza, será a Administración autonómica quen acometa dita tarefa. Non obstante, no caso de que os traballos superen o valor do terreo, a Xunta poderá acollerse á expropiación do mesmo, unha nova medida que recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) este martes. A finalidade da mesma é aumentar a seguridade nos núcleos de poboación.

Esta norma súmase ao Plan de incendios deste ano (Pladiga 2018), e dacordo con fontes de CRTVG, as multas por incumplila ascenden a uns 3.000 euros nas zonas habitadas. O obxectivo da Administración é seguir concienciando da importancia de que todos colaboremos na loita contra o lume, posto que de nada serve o labor desempeñado polos brigadistas se os donos das parcelas non cumpren coas súas obrigas en relación á limpeza dos montes. @galiciamundiari

Comentarios