Villares salienta que Gómez-Reino fracasou no encargo de gañar En Marea para Podemos

Luís Villares na TVG. / Mundiario
Luís Villares na TVG. / Mundiario

Di tamén que o líder de Podemos Galicia "non cumpriu o encargo de Pablo Iglesias e está desgustado". Ao seu entender, “non podemos subordinar os intereses de Galicia ao que decida Podemos dende Madrid”. 

Villares salienta que Gómez-Reino fracasou no encargo de gañar En Marea para Podemos

O voceiro de En Marea, Luís Villares, tivo palabras de crítica para o líder de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, do que dixo que “tiña o encargo de gañar En Marea para Podemos pero non o conseguiu, non cumpriu o encargo de Pablo Iglesias e está desgustado.  Tamén incidíu en que “non podemos subordinar os intereses de Galicia ao que decida Podemos dende Madrid” e falou do intento de  desestabilizar  tratando de impoñer nomes nas candidaturas.

Villares foi entrevistado esta mañá no Bos Días da Televisión de Galicia. Durante a súa conversa con Marcos Sueiro insistiu na limpeza da primarias en que se proclamou vencedor e das que se coñeceron os resultados dunha auditoría onte mesmo. Con respecto a esta auditoría, Viillares afirmou que carece de valor, “xa que foi realizada por Podemos e por teléfono, sen entrar no sistema de votación”.  Así mesmo, sinalou que non se detectaron irregularidades e que “toca aceptar os resultados”.  Villares foi máis alá e cualificou as queixas e críticas como unha “pataleta de perdedores” e afirmou que “o que  perde sempre ten máis dúbidas sobre o resultado”. Arredor deste, remarcou que a xente falou claramente, porque a súa candidatura se impuxo por 20 puntos de diferenza.

"Quen perde sempre ten máis dúbidas sobre o resultado do proceso. O que está claro é que antes había unha serie de garantías e que se foron incrementando a medida que fomos detectando, ante unhas eleccións que estaban previstas para decembro, coa introdución na base de datos. E iso deu lugar a que tivésemos que tomar medidas de maior seguridade, de tal maneira que agora o proceso de votación é dos máis seguros que se poden practicar neste momento no estado español, ten varias mensaxes de texto que hai que confirmar, varias claves que meter antes de poder votar. Quen cuestione o resultado terá que achegar probas, evidentemente. (...) A auditoría de 'Podemos' o que amosa é que non houbo irregularidades", dixo Villares.

O futuro de En Marea

En canto ao futuro, Villares incidiu en que “sería unha irresponsabilidade  que Gómez-Reino ou Iglesias rompesen o espazo político”  e fixo un chamamento pola alianza da esquerda  ante o auxe da extrema dereita. Tamén afirmou que non lle consta que se vaia facer un novo partido instrumental para presentarse as eleccións:  “Preocuparíame, sería irresponsable”. 

"En Marea existe –expliicou Villares– porque acabamos de ter un proceso interno onde as persoas inscritas se pronunciaron moi maioritariamente a favor dunha forma de entender este proxecto político. O que non parece entendible é que o que perdeu diga: bueno como perdín vou convocar un novo proceso de unidade popular simplemente con aqueles cos que iba eu na candidatura.(...) Xa temos mecanismos internos en que se poden formular as discrepancias e, polo tanto, ese é o lugar para facelo".

Para rematar expuxo con rotundidade que  “de ningunha maneira lideraría unha lista na Coruña, Santiago ou calquera outro sitio e afirmou que o proxecto En Marea segue existindo e está moi vivo en Galicia. “Segundo os resultados do CIS de decembro a xente segue apoiando e temos moito futuro por diante”, interpreta Villares. @mundiario

Villares salienta que Gómez-Reino fracasou no encargo de gañar En Marea para Podemos
Comentarios