A renovación do programa Bos Días da TVG recibe o apoio da audiencia

Ana Celia Vázquez y Fran López Iglesias. / Mundiario
Ana Celia Vázquez e Fran López Iglesias. / Mundiario

Ademáis do Bos Días, o Telexornal mediodía fin de semana e A revista fin de semana incrementan a súa audiencia nun mes marcado pola actualidade política, que os galegos seguen maioritariamente na súa canle pública.

A renovación do programa Bos Días da TVG recibe o apoio da audiencia

Os informativos da TVG seguen a ser líderes de audiencia, cun 17,7% de cota no conxunto do mes e por diante da segunda canle máis vista en Galicia, Antena 3, á que supera en 3,7 puntos de cota. Seguna a TVG, cómpre salientar o incremento na audiencias con respecto ao mes de xaneiro dos espazos informativos Bos Días, con 3 puntos de cota máis, o Telexornal mediodía fin de semana, que subiu 2,1 puntos, e A revista fin de semana, que gaña 1,3 puntos.

O caso do Bos Días, agora con Fran López Iglesias e Ana Celia Vázquez, correspóndese co apoio da audiencia á nova etapa estreada a finais de xaneiro, nunha clara aposta pola actualidade e a información máis próxima, con conexións coa redacción central e as delegacións, cambios na súa estrutura, a incorporación de novos presentadores, máis puntos de directo e a renovación da súa imaxe. Trátase tamén dun programa no que interveñen varios colaboradores e columnistas de MUNDIARIO.

A media de audiencia da TVG durante o mes foi dun 9,4%, e un 9,4% tamén de cota de pantalla no prime time ou faixa de maior consumo televisivo. A canle pública actuou novamente como un dos principais motores de FORTA e superou este grupo nun punto no conxunto do mes e en 9 décimas no prime time. Dentro das canles autonómicas, acada a segunda posición no conxunto do día, só superada por TV3. Por días da semana, superan a media do mes os xoves (10,2%), os venres (10,2%) e os sábados (10%) e no prime time cómpre salientar as cotas acadadas os xoves (11,6%), os venres (9,6%) e os sábados (10,5%), precisa a TVG. @mundiario

Comentarios