O programa electoral que liderou Marta Darriba na TVG dominou a audiencia en Galicia

Cunha cota do 17,2% no conxunto do día, a TVG tamén liderou a audiencia da xornada. Foi a única televisión que logrou superar o 10% de cota de pantalla en Galicia.

Marta Darriba. / Mundiario
Marta Darriba. / Mundiario

O programa electoral que liderou Marta Darriba na TVG dominou a audiencia en Galicia. O especial Eleccións 28-M foi o programa de maior audiencia da xornada, ao contar cunha audiencia total de 877.000 telespectadores. Xa que logo, acadou unha cota de pantalla do 26% e durante cada minuto da súa emisión contou de media cunha audiencia de 194.000 persoas.

Durante a súa emisión a TVG foi quen de acadar un pico de cota superior ao 39%: ás 22:08, un 39,2%. 22:08 e 22:33 marcaron os minutos de ouro en Galicia, con sendas audiencias de 352.000 telespectadores. Con Marta Darriba, no plató estaban Miguel Anxo Bastos, María Bastida, José Luis Gómez –editor de MUNDIARIO– e Xoán Antón Perez Lema.

A audiencia total do programa foi de 877.000, o que supón máis do dobre que o seguinte programa máis próximo.

Porla súa banda, Telexornal 1 foi o segundo programa de maior audiencia na xornada. Contou con 178.000 telespectadores ao longo da súa emisión, cunha cota de pantalla do 19,3% e cunha audiencia media 106.000 persoas.

Miguel Anxo Bastos, María Bastida, Marta Darriba, José Luis Gómez e Xoán Antón Perez Lema. / Mundiario
Miguel Anxo Bastos, María Bastida, Marta Darriba, José Luis Gómez e Xoán Antón Perez Lema no programa electoral da TVG. / Mundiario

A TVG, líder da xornada

Cunha cota do 17,2% no conxunto do día, a TVG tamén liderou a audiencia da xornada. Foi a única televisión que logrou superar o 10% de cota de pantalla en Galicia.

En Galicia, a TVG tamén foi a canle con maior cota de pantalla, tanto no conxunto da xornada coma no prime time; 28,7%, a máis de 20 puntos de cota do competidor máis próximo.

Ao longo da xornada 1.004.000 galegos maiores de catro anos formaron parte da audiencia da TVG. Ningunha das restantes canles logrou chegar á barreira dos 800.000 telespectadores ao longo da xornada.

Entre as canles autonómicas a máis próxima foi ETB2 cunha cota do 16% no conxunto do día. Na franxa de prime time tamén foi a ETB2 o competidor máis próximo a TVG cunha cota do 25%.

Galicia Noticias foi o terceiro programa de maior audiencia na xornada. Contou con 171.000 telespectadores ao longo da súa emisión, cunha cota de pantalla do 21% e cunha audiencia media 97.000 persoas. @mundiario

Comentarios