Ónde está Ourense no mapa?

Centro de Ourense.
Centro de Ourense.

Ourense, aquela cidade gobernada pola dereita na alcaldía, na deputación, na autonomía e na nación... obtén como resultado un triste récord: ser a capital da provincia máis envellecida de España.

Ónde está Ourense no mapa?

A resposta auténtica galega sería con outra pregunta: pero… en qué mapa? No mapa físico, no mapa político? Porque no mapa político da dereita que goberna Ourense por enriba, por abaixo, por un lado e outro, non existe.

Ourense, aquela cidade gobernada pola dereita na alcaldía, na deputación, na autonomía e na nación... obtén como resultado un triste récord: ser a capital da provincia máis envellecida de España.

A metade dos habitantes de Ourense xa cumpriron os 50 anos, e só un 17% teñen menos de 16 anos. Este récord se obtén cunha receita de xestión que bota fora á xente nova e preparada e que, á que queda na provincia a dota de traballos precarios e ausencia de políticas de conciliación para os novos tempos, o que fai que non exista natalidade. 

E moita a xente que cando pisa Ourense ou os seus arredores por primeira vez queda abraidada. Porque é unha provincia con encanto e riqueza termal, un ben que só pode otorgar a natureza e que aporta propiedades infinitas e beneficios para a saúde que xente de tódalas partes de España e de fora buscaron dende fai moito tempo. Unha provincia cunha gastronomía e ocio son un atractivo con sello propio. 

Unha provincia que limita coa cultura portuguesa da cal se enriquece e comparte recursos, sen embargo tal límite é pouco explotado a nivel turístico e económico polas autoridades que gobernan, xa que, se comparamos a mesma situación en Pontevedra, veremos coma son exemplo de mellor xestión que exprime ó máximo ós múltiples beneficios que ten limitar cun país coma Portugal.

A natureza dotou dende as súas orixes a Ourense con un metal dos máis preciados, o ouro, e ademáis bañouna con augas do fondo da terra que son milagrosas para a saúde e para o benestar 

Ourense posee unha economía baseada na maioría no comercio. Non obstante hai quen di que se trata dunha cidade sen explotar e con infinitos recursos que, de ser ben xestionados, darían infinidade de posibilidades. Non esquezamos que a natureza dotou dende as súas orixes a Ourense con un metal dos máis preciados, o ouro, e que ademáis non se conformou, e a bañou con augas do fondo da terra que son milagrosas para a saúde e para o benestar. 

Provincia que comparte unha realidade escalofriante con outras, dotouse á xeneración do boom dos 80 e 90 a mellor formación universitaria, recursos que costou obter, invertir na xuventude mellor formada da historia para que, agora se marchen a outras ciudades e países e aproveiten o seu talento outros.

Aquela que ostentando o triste récord de ser a provincia máis envellecida do territorio nacional sufre recortes indiscriminados en dependencia e discapacidade. 

Pioneira en novo modelo de unidade familiar composto por persoas que viven solas.

Só nos quedar desexar que pronto a situación da provincia de orixe romana bautizada posiblemente na época como Auriense (cidade do ouro) non deixe de brillar e retome o seu esplendor pronto, do contrario estamos a vivir unha das despoboacións máis tristes que se recordan. @mundiario

Comentarios