Gonzalo Caballero fíxase como un obxectivo a transferencia da AP-9

Gonzalo Caballero na TVG. / Mundiario
Gonzalo Caballero na TVG. / Mundiario

Resalta o nomeamento de dous ministros, por unha banda o de Josep  Borrell en Exteriores, que cualificou como “un político de excepción e garantía da soberanía nacional”, e por outra o da coruñesa Nadia Calviño en Economía.

Gonzalo Caballero fíxase como un obxectivo a transferencia da AP-9

O secretario xeral do PSdeG - PSOE, Gonzalo Caballero, destacou na TVG que o compromiso dos socialistas coa axenda galega está garantido e márcase como obxectivo o traspaso da AP-9. O programa Bos Días da TVG entrevistou a Gonzalo Caballero e na conversa con Marcos Sueiro,  falou en primeiro lugar do novo Executivo socialista, que cualificou como “un goberno de cambio e moi ilusionante, que está espertando moitas expectativas na cidadanía”.

Sobre a posibilidade de ocupar un escano no Parlamento galego, Gonzalo Caballero declarou que tras os cambios políticos fará “o que sexa mellor para o meu grupo e os socialistas galegos”.

Gonzalo Caballero resaltou o nomeamento de dous ministros, por unha banda o de Josep  Borrell en Exteriores, que cualificou como “un político de excepción e garantía da soberanía nacional”, e por outra o da coruñesa Nadia Calviño en Economía, “cun perfil moi técnico e ademais galega”. Con respecto da representación dos socialistas galegos no goberno, que finalmente non incorporou a Pilar Cancela ou Celestino Méndez, o político pontevedrés  mostrouse contento, é afirmou que “o importante son as políticas, no anterior goberno non había ministros galegos”. Non aclarou se haberá galegos nas secretarías de Estado porque manifestou que “aínda non está decidido”.

Durante a entrevista criticou as palabras de Rafael Hernando, voceiro do Partido Popular,  e acusouno de “deslealdade constitucional“ por afirmar que Pedro Sánchez chegara ó goberno de forma ilexítima. Caballero manifestou que os socialistas apoiaran ó Goberno na aplicación do 155 e que agora chegaran ao poder “con toda a lexitimidade democrática”.

En relación cos temas que afectan a Galicia, sinalou que “pode ser necesaria unha reforma constitucional que permita incorporar a diversidade do Estado cunha maior pluralidade,  pero sempre respectando o marco constitucional. Así mesmo, sinalou que “o compromiso dos socialistas coa axenda galega estaba garantido” e detallou que un dos obxectivos sería a transferencia da AP-9. Tamén afirmou que a ponte de Rande continuaba en obras, polo que fora ”unha inauguración fraudulenta”. @mundiario

Comentarios