Dúas óperas da Real Filharmonía de Galicia en coprodución
'A sombra de Cristal”, de Fernando Buide, unha ópera bufa con texto en galego e dirección escénica de Quico Cadaval, un encargo da RFG e a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago.
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) vai poñer en escena dúas óperas en coprodución con Amigos da Ópera de Santiago e o Centro Dramático Galego, co apoio do Xacobeo 2021-2022; xunto ás voces da soprano María Hinojosa o barítono César San Martín e o actor Víctor Mosqueira.
Abrirá o concerto 'La Serva Padrona' de G. B. Pergolessi. Estrearase ademais 'A sombra de Cristal', de Fernando Buide del Real, unha ópera bufa con texto en galego e dirección escénica de Quico Cadaval, un encargo da Real Filharmonía de Galicia e a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago.
No cartel aparecen: Paul Daniel, director; María Hinojosa, soprano; César San Martín, barítono; Víctor Mosqueira, actor; Fernando Buide del Real, composición; Quico Cadaval, texto e dirección de escena; Fidel Díaz, iluminación; G. B. Pergolessi, por 'La serva padrona', e F. Buide del Real, por 'A sombra de Cristal', estrea absoluta.
Conversando con... Quico Cadaval e Fernando Buide
Previamente, ás 19.45 h na Sala Mozart, celebrarase Conversando con... Quico Cadaval e Fernando Buide del Real.
Quico Cadaval é un actor, director, adaptador teatral e narrador galego, impulsor do movemento de radioteatros xurdido en Galicia na década dos noventa.
Activo como intérprete e creador, Fernando Buide del Real recibiu o seu doctorado na Universidade de Yale e foi compositor residente na Real Academia de España en Roma.
Funcións e entradas con descontos
As funcións: o xoves 9 de decembro, 20:30 horas no Auditorio de Galicia. Despacho de billetes: Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462. Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026. Hai descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.