O CPXG pide accións legais contra o sinalamento ao editor da revista El Jueves

Una imagen de El Jueves.
Una imagen de El Jueves.
Lembra tamén que Vox segue a impedir o acceso aos seus actos a aqueles medios que non considera afectos, malia a existencia de ditames xudiciais en contra desta práctica.
O CPXG pide accións legais contra o sinalamento ao editor da revista El Jueves

Este martes 6 de xullo, a conta oficial de Twitter de Vox sinalaba publicamente o editor da publicación satírica El Jueves asegurando que "difunde odio contra millóns de españois".  O partido político animaba desde a rede social aos seus seguidores e simpatizantes a esixirlle "responsabilidades, á saída do despacho", indicando a súa localización.

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia considera que esta publicación representa un chamamento público a acosar ás persoas responsables dunha publicación, e que mesmo podería considerarse como unha ameaza. Unha actuación tan grave, polo tanto, non debera quedar legalmente impune.

Cómpre recordar tamén –engade o CPXG– que Vox segue a impedir o acceso aos seus actos a aqueles medios de comunicación que non considera afectos, malia a existencia de ditames xudiciais en contra desta práctica. @mundiario

Comentarios