O Concello de Oleiros lamenta profundamente o falecemento do exconcelleiro Alfredo Novoa

Foi concelleiro entre os anos 1987 e 2007. Tamén ocupou a vicepresidencia de Alternativa dos Veciños, o partido do goberno local.
"Con profundo pesar" o Concello de Oleiros comunicou o falecemento de Alfredo Novoa Gil, concelleiro entre os anos 1987 e 2007.
Alfredo Novoa foi unha persoa que dedicou unha gran parte da súa vida á xestión e ao desenvolvemento do Concello de Oleiros.
Foi tamén parte destacada dos distintos gobernos municipais nos que participou, e presidiu o Fondo Galego de Cooperación durante 15 anos e desenvolveu un importante traballo como sindicalista de Comisións Obreiras.
Alfredo Novoa Gil ocupou a vicepresidencia de Alternativa dos Veciños e actualmente era o presidente de honra do partido que goberna en Oleiros.
En recoñecemento á súa "irreprochable traxectoria política", o Concello de Oleiros outorgoulle en 2016 o seu nome a unha rúa da parroquia de Nós, na que residía este destacado político oleirense. @mundiario