O coidado do patrimonio é a clave do sector turístico

Nava Castro durante a entrevista con Marcos Sueiro . / CRTVG
Nava Castro durante a entrevista con Marcos Sueiro . / CRTVG

A directora xeral de Turismo declarou que o festival "O Son do Camiño" quere revitalizar o Monte do gozo como lugar de encontro entre galegos e peregrinos.

O coidado do patrimonio é a clave do sector turístico

Nava Castro, directora xeral de Turismo, declarou este mércores que a atención aos peregrinos e o coidado do patrimonio galego son as claves do sector turístico de Galicia. Durante a entrevista, concedida ao programa "Bos Días" de CRTVG, chamou a atención sobre o feito de que coidar os espazos "é responsabilidade de todos".

Castro falou das primeiras accións do Consello Xacobeo e do traballo conxunto con outras comunidades, como “Asturias, Castela e León, Cantabria, Navarra, o País Vasco e Cataluña", para salientar que "é fundamental a coordinación, e nos gustaría que o Consello Xacobeo tivese representación de todas elas, xa que o peregrino non sabe de comunidades autónomas, necesita ter por exemplo sinais comúns”.

A directora xeral de Turismo tamén dixo que o festival O Son do Camiño, que se celebra en xuño en Santiago de Compostela e constitúe "a primeira oferta arredor do Xacobeo 2021", ten o "obxectivo de revitalizar o Monte do Gozo como parque e lugar de convivencia entre galegos, galegas, e peregrinos”. 

Para rematar, Nava Castro destacou que “o remate da remodelación da catedral vai axudar a posicionarnos, aínda que queremos complementar a oferta con outros lugares xacobeos, e outros recunchos de Santiago, para facer percorridos, e non centrar a oferta nos arredores da catedral”. Sobre a atención ao turista, salientou a importancia “fundamental, da atención de todo o sector do turismo, a implicación da sociedade civil e da iniciativa privada” e lembrou que “de cada 100 empregos, 12 proceden do sector turístico”. @galiciamundiari

O coidado do patrimonio é a clave do sector turístico
Comentarios